www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 5 de decembro de 2010

NON NEVA A GUSTO DE TODOS



Unha nevadiña, simplemente. Non é o caso de cando me atopei con medio metro de neve diante da porta. Aquela sí que era unha nevada. Esta vez nin se me pasóu pola mente sair cos esquís nin coa "bañeira". Cos esquís, nin pensalo. Deixeinos na tenda de deportes esquecidos para sempre. Foi unha destas compras por internet, segundamano.com O tipo engañoume coa talla e mandoume unhos pequenos que non me cabían as botas neles. Caros non foran pero para o proveito que lles saquéi foron dabondo. Terei que mercar unhos novos se non quero renunciar aos praceres da neve. É todo o que podo facer agora, pois de ir a unha estación de esquí, como facía antes, eso é imposible e para cando poida ir, secadra xa non me teño neles. Foi unha nevadiña pouco provocadora. O engado que lle atopei foi o de ver o efecto na miña casa recientemente transformada,no porche aínda en obras e na ubicación nova da camelia. Ben mirado, tamén foi un agasallo quedarse na casa e alongar a ponte dous días máis, ainda que a min houbérame gustado seguir ensaiando a panxoliña de nadal cos nenos, pois xa queda pouco e tal vez a ´little star´ nonos chisque o ollo dende a súa noite profunda... pero penso que sí, que vai quedar ben con toda a escenificación que hai planeada. A casa, non é o que máis me atrae, despois de todo. Prefiro ir traballar. Nunca me gustaron a pontes estas para irme por ahí. Acostuman a pasar cousas así, como o que aconteceu nos aeroportos e non envidio nada situacións desa índole. Amolan ao máis paciente. De ir, gústame ir en días normales, cando é posible. Mellores prezos, menos aglomeracións e menos posibilidades de atoparse con algo tan desagradable, ainda que nunca se sabe cando pasa algo. A verdade é que unhos días de vacacións poden trocarse en algo traballoso, cansado, decepcionante e imposible. Pero a aventura é a aventura!
Nótase que arrastro as palabras. Non é o momento oportuno para escribir. Sinto non poder dar mais de min. Era para acompañar a foto e dar sinais de vida.

6 comentarios:

  1. Ola Bea Vidal, alégrome que che gusten as miñas pinturas. Gracias polas palabras de alento e sinto que non se poidan contemplar na súa magnitude natural; as fotografías cambean as cores, as texturas e nada es igual. Pero invitareite á próxima mostra que faga. Celebrarei verte xunto a miña ben querida Marina. Unha aperta. Pacodíaz.
    PD. Escribir é unha boa terápia. Quedar na casa nas pontes vacacionais, tamén.

    ResponderEliminar
  2. A vida depara sorpresas na cotidianeidade e na cercanía. Grazas por respostar, por deixar que descubra a fermosura das tuas creacións, por convidarme a contemplalas na súa magnitude cando teña lugar esa exposición e se é en Lugo,mellor que mellor.
    A seguir pintando, escribindo.... e tantas cousas que se poden facer nesta vida.
    Grazas polo teu comentario.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. ¡Ai Bea! Que alegría me das, e canto me acabo de rir... jaja. ¡Estou escribindo e ríndome! acordándome dos teus esquís... que non che collían as botas neles. E a bañeira... buenooo mellor non penso... E póñome un pouco máis seria, anque unhas gotas de humor... ¡Son un bo antídoto para anular as ravietas que as veces collemos e non sen motivo! ¿Bea, así que tiveches que quedar na casa por mor da neve? Ben pois aquí como estamos cerca da Ría de Pontevedra, non ouvo nevadas pero si moitísimo frío. Eu collín un bo catarro. Tes moita razón, no de non viaxar en este tempo do Nadal, cando poidas facer unha viaxe, mellor en marzo ou abril... O dos controladores iso non ten nome. Son uns osados non teñen vergoña. Un abrazo grade. Se moi feliz.

    ¿Sabes? ¿Que me alegra un montón, ver que O meu amigo e teu paisano Paco Díaz, está dando un paseo por este cachiño de terra que el coñece moi ben? Biquiños Paco, e volve! sempre que poidas, que Lugo e moito Lugo.

    ResponderEliminar
  5. Perdoa Bea, publiquei o comentario e levaba algo mal posto, e por iso o eliminei. Bicos e sorte.

    ResponderEliminar
  6. Ola, querida Marina, a calidez das tuas palabras sempre me fai sentir arroupada neste frio inverno que ademais de neve, deixa auga a reverter polos prados e leiras, formando regatos con fervenzas e todo. Gústame escoitar o seu son cando vou coa Noa de paseo. A ela tamén lle sorprende esa ruxida rara.
    Así que che fixo rir o meu post. Alégrome. Rir é bó pero practicámolo pouco, me parece.
    Tamén me encantóu ter mais visitantes por este "curruncho", como ti ben dis.
    Espero que ese catarro xa che deixara a voz clara para lucila no Nadal.
    Se non contactamos antes, que pases unhas felices festas coa tua familia e amig@s.
    Bo Nadal, Marina.
    Apertas

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.