www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 10 de decembro de 2010

NADAL 2010


Con esta imaxen, quero felicitar a tod@s aqueles que visitades este blog e desexavos un Nadal 2010 cheo de ilusión, esperanza, fé, confianza.... e sobre todo AMOR e PAZ.
Cada Nadal que pasa, vai cargado con diferentes cousas nas mesmas alforxas. Eu, por exemplo, non me imaxinaba estar acompañada de cadela e gato e nin por un momento pensei nunca que poideran aportarme tanto e levarse tan ben entre eles. Todo é posible cando hai entendemento e amor. Unha ollada de Noa, vale por todas as olladas do planeta. Ninguén me ten ollado dese xeito, con esa expresividade sempre a punto, querendo decir xusto o necesario nese intre. O mesmo digo de Mel, quen coa ollada rasgada de gato, agradece os meus xestos e sabe que o quero.
Este Nadal, a miña árbore é branca e rosa. Gustóume cambiar de cor e facer deste novo rincón da casa, un acontecimento especial. Os soños vanse cumplindo mellor do esperado e todos disfroitamos dos cambios que se foron dando nesta paisaxe interior de casa rural.
Apertas agarimosas.
FELIZ NADAL

3 comentarios:

  1. ¡Ola Bea! Bonita entrada referida ao Nadal. ¡Ai! Que
    gusto ten que dar o estar xunto a esa chimenea acompañada por eses seres que son máis fieis e amigos que algún ser humano, e merecen todo o respecto e cariño, k outro ser da nosa especie.
    E unha preciosa foto digna de enmarcar. Ben, Bea, de corazón a corazón feliz ano vello e que o 2011, che traia todo o mellor do mundo para ser feliz. Un abrazo moi forte. MARINA.

    ResponderEliminar
  2. Feliz Aninovo, Marina e grazas por entrar pola cheminea como Papá Noél, e deixarme esta mensaxe de bos auguros para o futuro ano que comeza. Tamén eu che desexo a tí e aos teus, un ano cheo de agradables sorpresas, de amor, de saúde... e todo o necesario para sentirse ben.
    Pois sí que alegran a vida estes seres tan pequeniños que son todo agarimo e fidelidade. Quixen que participaran no noso Nadal!
    Apertas
    Bea

    ResponderEliminar
  3. Gracias Ricardo, lo mismo para tí. Feliz año!!!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.