domingo, 29 de enero de 2012

HEALTHY AGING







Dende que recibín o libro de Healthy Aging, como autoregalo de Nadal, non houbo día que non lera algúnha páxina. Hoxe cheguéi ao final e sorprendeume a idea de facer un testamento que non trate de bens materiais, senón espirituais, para deixar aos descendentes como un legado de vida, como unha testimuña daquelo que mais apreciamos e practicamos, a modo de recomendacións a seguir. É curioso que ainda sen escribilo, os nosos pais, foron dándonos consellos ao longo da vida. Consellos cada vez mais acertados á medida que avanzaban en idade. Ese foi un testamento oral que quedou dalgunha meneira como código de conduta a seguir e que non é nada despreciable. É un tesouro que se empeza a valorar despois de pasado tempo e dende que a distancia da separación fai que nos aferremos con mais forza a aquelas ideas, pautas de comportamento, consellos.... que un día foron impresos no memoria.



Ese testamento pode irse modificando cando queiramos, no transcurso dos anos, xa que a aprendizaxe é constante e fluída, depurándose coa experencia do noso percorrido.
Un libro de autoaxuda, aos que nos teñen acostumados os americanos, pero que ten moitas cousas que nos poden ser de utilidade para un envellecemento saudable.

domingo, 15 de enero de 2012

TORRE DE BABEL





A mar estaba en calma,

amainada a tempestade,

o sol convidaba á vida,

todo era xogo de nenos,

reinaba a comunicación,

o entendemento fluía,

O ventanal aberto ao mar,

deixaba pasar os ventos,

non ofrecía dificultades,

sol, aire, vento, perfumes...

punto de encontro, centro,

torre, ao fin, de Babel,

encontro de culturas,

refuxio sen límites,

abrigo imaxinario

da nosa desnudez.

Hoxe, frio, neve, desencontros...

Cambio repentino de temperatura,

Somos torre de Babel,

efímeros, co tempo caducado,

cas palabras erróneas

ditas nun momento erróneo,

mergullados na incomprensión...

e solitarios, lobos da noite

sin querer, feríndonos

condenados a non entendernos,

non importa qué linguas,

a incomprensión vai por dentro,

torre aberta a todos os vendavais,

sobrevives por ser como eres,

por non ter límites, por non pecharte.

Torre monumento a un faro,

Soño vixiante e perdurable.