www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 6 de novembro de 2010

CASA EN OBRAS




Atrás quedaron as etapas do camiño. Hoxe, o papa Benedicto XVI en Compostela. Vestía de branco inmaculado. Elegante traxe para un día tan especial. A min gustóume máis co seu gorro verde, traxe verde no que foi o acto relixioso do Obradoiro. Non añoréi estar alí. Os papas non son precisamente a miña debilidade pero a curiosidade levoume a poñer a tele para ver algo do evento. Suficiente!
Pois atrás quedou o Camiño, rematado en Fisterra, e con él terminóu tamén unha etapa de relativa liberdade de movimento. Agora xa son muller atrapada polas circunstancias e non podo mover ficha. Renuncia total a toda saída de máis de 40 quilómetros. Os días curtos xa non dan para un paseo a pé polas pistas da aldea coa Noa como compañía.
A casa en obras, vai collendo aires de señora, de lugar intocable, como todo aquelo que se arregla para mellorarlle o aspecto pero que se convirte en cousa inútil, en mírame e non me toques. Foi perdendo o aspecto que lle era familiar e que tiña o seu sentido. Xa non quedan os pomares coas mazáns do país. Xa non pendura a hamaca baixo a súa sombra. O coche non irá mais por alí para o seu garaxe. A cabaña do Xoán xa non será mais cabaña, nin bunker, nin depósito da auga....nin almacén de mil cousas inservibles... Agora, no seu lugar, despunta un porche que non alberga nada nél. Qué só espera a ser habitado, a poñer unha mesa e unhas sillas, outra hamaca mais étnica traída do Brasil, con flecos de colcha, a espera de ser ubicada alí. A boca do forno, destruído hai anos, convirtiráse nunha barbacóa e á luz do farol, pasaránse horas de devirtimento asando salchichas e churrasco e degustaráse a cerveza caseira, con supostos convidados que aínda están por vir. Haberá un xardín que nunca houbo, con césped que nunca tivo e barandas de madeira e moitos rosaís....e perfume de rosas...e poderei ler os libros que queira, tendida nunha tumbona, ao sol ou a sombra.... sen que ninguén me moleste, sen prisas, sen estar en vilo todo o tempo, como agora. Non haberá horarios nin para comer nin para durmir.... O tempo será o dono do lugar, como ten sido noutro tempo, cando eu era quen descansaba e os outros traballaban por min e para min. Agora eu traballo por eles e para eles. Ao longo da vida imos cambiando os papeis.
Sinto que cumplo unha obriga con esta reforma: ou deixala morrer, ou restaurala!

4 comentarios:

  1. ¡Ai Bea!
    Que alá vou!... Que pena que sexa outono e case entramos no inverno. Pero ben, detrás do temporal chega a calma, so ai que esperar a primavera haber se ven bonita.
    Unha entrada excelente Bea. O PAPA, tampouco e para min urxente, creo sinceramente que aí outras prioridades, solo que sexa feliz e seguro, que o e.
    Efectivamente a casa vai collendo aires non de señora, senón de señorío.
    Non ai mais que ver esas fotos e todo o que contas en esta entrada. Que verdade grande contas, eles os teus pais, traballaron para ti brincar, rir e quizais algunha vez chorar tamén, e logo estudiar unha carreira para que agora tiveras unha vida mellor.
    Pois ben, a pesar de que agora e a inversa, sei que estas orgullosa de ser como ti es, de facer o correcto, e na miña casa tamén estamos orgullosos da túa bondade e humanidade.
    Estou segura de que algún día non moi lonxe, encontrarás desa liberdade e felicidade tan merecida. Un abrazo moi grande, desexándoche o mellor do mundo. Chauuuuu, vémonos.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Marina, por asomarte á miña casa, (nunca mellor dito), e de qué maneira! Tí sempre tes as palabras necesarias, como auga de maio, por mais que non nos guste a chuvia, pero é necesaria.
    Espero que algún día, sen tardanza, poidas compartir esta experencia de vida rurar ainda que sexa por un día. E para daquela, haberá flores, que tanto nos gustan, arredor desta obra en obra aínda na foto. As frores e o verde, danlle vida. Pois o porche vou ter que acristalalo porque entra chuvia e vento a mais non poder.
    Grazas por todo o que dis no teu comentario. Son palabras de ánimo que realmente me reconfortan e animan
    Unha apertiña
    Ata pronto

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea: Paso a saudarte e desexarche o mellor do mundo. Espero que por aí tamén salga o sol para alegrar un pouco os días da vida. A qui está a dar na miña fiestra e xa parece a vida ten outra cor. Xa levaba uns cantos días chovendo, e iso ensombrece a lama. Pero temos que acostumarnos que aínda non entrou o inverno. Espero que todo vaia ben por aí. Un abrazo grande. Se feliz.

    ResponderEliminar
  4. Ola Bea, no me atrevo a contestarte en gallego. Me alegro de recibir noticias tuyas. Me gusta mucho la restauración que estas haciendo, viendo las fotos solo puedo decir que me gusta más el hoy que el ayer, espero que ese porche albergue alegría para disfrutar de las viandas que seguro tendrán el sabor entrañable de las viejas piedras del horno. Me apunto a la inauguración.
    Bicos

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.