lunes, 19 de junio de 2017

VIVAMOS COMO CASTREXOS!



No castro de Albeiros Lugo


Hoxe, a excursión de Terras de Auga e Cultura, levounos polos castros mais próximos a Lugo. Comezamos polo de Albeiros que non é moi grande e tampouco se conserva ben xa que unha ladeira foi utilizada para facer un pastizal, pero pódense ver as suas murallas e fosas ainda ben delineadas. Para quenes non saiban o que é un castro, direilles que foron asentamentos dos antigos habitantes de Galiza, chamados por elo, castrexos. Están catalogados unhos cinco mil en toda Galiza pero moi poucos excavados. Están situados en zoas elevadas, con boas vistas, por motivos de defensa e de seguridade. Neles vivían as persoas e os animais, todos xuntos nos mesmos edificios, que eran normalmente de forma circular e con cuberta de palla, ramaxe....e que formaban pequenos nucleos familiares aos que non era doada a incorporación de alleos. Tiñan varias murallas, eran de forma circular ou ovoide  e entre as murallas, había fosos que utilizaban para tarefas agrícolas e para gardar o gando de forma segura. Despois fomos ao de Muxa no que se pode ver a súa forma circular perfectamente delimitada e que hoxe atópase sen árbores e nos buratos que deixaron pódense ver restos de cerámica, sobre todo de partes dos tellados, que xa, ca romanización eran de tella e non de palla. Tamén hoxe, descubrín, que nós, os galegos, non somos celtas senón castrexos. Parece ser que os celtas viñeron por Galiza e deixaron a sua pegada como tantos outros pobos invasores pero os castrexos foron os habitantes propios desta terra. Así que hai que ter coidadiño coa historia que se nos conta. Hoxe hai probas arqueolóxicas que poden desmontar o erro que se mantivo ata de agora.
Vitrina Museo de Viladonga
Castro de Viladonga Lugo

Son amuletos romanos, non xoguetes eróticos!!!!

O último castro da mañá, o de Viladonga, é un dos mellores conservados da Gallaecia. Aquí xa hai tamén un museo no que se poden ver todos os restos atopados e moita información do que era a vida nestes lugares. Este castro ten moita influencia da romanización e pode observarse como na maioría das construccións predomina a forma cuadrada propia dos romanos.


Neve de mentira, caída dos chopos.


Logo de xantar nas lagoas de Teixeiro, sitio con moito arboredo, e un lago cheo de rás que nos deron o concerto de sobremesa, e despois de ver un sucedáneo de neve que os chopos deixaban caer en forma de folerpas que revoloteaban polo ar caendo mainamente e cubrindo o chan de un manto
branco, despois dunha tertulia cultural entorno ao guía, fomos, en autobús, ata outros castros mais afastados como o de Coeses que é moi grande pero está sen escavar. Alí tamén se pode apreciar o antecastro, que era un terreo entre murallas pero chán e non en forma de foso. Utilízabano para os cultivos. Ver este castro e ir andando ata a súa croa baixo trinta e oito graos de temperatura foi case unha ofrenda aos deuses castrexos, como Navia, deusa das fragas e da fertilidade. Esta deusa desveloume un segredo e estoulle moi agradecida. Pero esa é outra historia que deixo para outro día!
Por último, visitamos o castro Castromaior, que está ao pé do Camiño Francés, ao seu paso por Portomarín e que está en fase de excavación, con moitas construcción ao descuberto xa.
A punto de comenzar xa o Arde Lucus, festa na que se celebra en Lugo esa recreación da vida romana e castrexa e na que a cidade se disfraza daquelas costumes para lembrarnos e amosarnos tanto a residentes como a visitantes, cal foi a nosa historia, non está por demais facer un percorrido como o de hoxe, pese a temperatura, que por certo, na época castrexa e romana o clima era moi parecido ao que temos agora en Galiza outra vez, así que non debemos sorprendernos, é unha preparación para entender mellor a celebración que se aveciña e a que acuden cada ano mais visitantes, atraídos polo espectáculo e tamén polo divertimento de pasar a noite disfroitando dos praceres do deus Baco.
Ainda queda outra excursión para quenes queiran adentrarse no mundo romano lucense, visitando museos, casas importantes romanas e saber un pouco mais, que mal non ven, destes vestixios que temos a sorte de conservar e ofrecer GRATIS,  como xa non ocurre noutros lugares.


Castromaior



9 comentarios:

  1. Um bom passeio pela história do local. Há uns anos também visitei alguns no norte de Portugal.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. El tema sobre el que hoy nos informas está, desde mi punto de vista, lleno de interés. La cultura celta que desde finales de la Edad de Bronce y de los primeros sisglos de ela Edad de Hierro, aún nos está demostrando, a través de sus construcciones en piedra, cómo vivieron los hombres que ya habían avanzado. Es curioso en Asturias. donde no se conservan tantos castros como en Galicia, la última cifra solo llega a 265, han evidencias de construcción de saunas -demostrado que no son romanas- y es hasta ahora, las únicas realizadas por la cultura celta. También hay diferencias con Galicia porque en Asturias hay castros marítimas e incluso de llanura, además de otros encajados en las partes más visibles de la montaña.

    Es ingente la tarea arqueológica a realizar. Tenemos una riqueza extraordinaria abandonada durante siglos. Hay quien dice que les debemos a los romaanos que nos sintiéramos avergonzados de estas construcciones. Será verdad. Hay que reconocer que entre la arquitectura, la ingeniería, tan desarrollada que aún está en pie para poder comparar, hay un abismo... pero los castros fueron lo que fueron y debe dárseles el valor que tuvieron ¿No te parece?

    Lo que no sé si te entiendo bien pero me parece que dices que vuestros castros no son celtas sino que eran construcciones de pobladores anteriores a la conquista de los celtas. Si fuera así, esta teoría negaría el origen celta de tu pueblo. La verdad es que me gustaría saber más sobre el tema.
    Si, por el contrario, no he entendido bien lo que dices, por favor, acláramelo.

    El tema sería para seguir pero hay que cortar...Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  3. Boa tarde, é muito bom visitar locais arqueológico culturais, todos os locais que visitei nunca mais me esqueci deles, são locais que nos fazem pensar, certamente que o mesmo acontece consigo.
    AG

    ResponderEliminar
  4. Ola Bea, boas noites reiña, entrei para dexar un comentario e funme a farmacia de guardia.

    Vaya post que nos deixas, o que nos deixas e abraiados con estas fotos preciosas e as túas letras dando explicacios do apaionante percorrido por os castros donde se reflexiona sobre outras colturas antigas.
    Deixo aqui e maña volvo, porque se me cerran as persianas.

    Un bico, e ata mañan.

    ResponderEliminar
  5. De novo paso a acabar o empezado. Estás fermosa nas fotos, Bea,estás porque xa es unha bonita moza por agora.

    Quero felicitarte por ese percorrido precioso de castros e belos bosques verdes, paisaxes históricos remenbrando ou imaxinando a vida dos primeiros proxenitores, ¡Quen sabe se nos somos descendentes de algún deles... Son moi interesantes esas excursións culturais, eu xa fixen algunha a provincia da Coruña, tamén por os castros e paisaxes. Xa ai tempo disto.

    Ben pois xa me despido, con unha aperta grande, a miña gratitude e estima sempre.
    Bicos e se feliz.

    Ata setembro se os deuses queren.

    ResponderEliminar
  6. Hola Bea.
    Me parece muy interesante.
    Muy cultural que enríqueze muchísimo. Esos museos donde podemos disfrutar de la historia de un pasado. A mi me apasiona un montón todo lo relacionado con los romanos me parece muy digno de visitar.
    Sobre el tema de los Celtas yo pensé que ya lo sabías. Pertenece a la cultura gallega y es una pasada. Tengo cuadernos muy curiosos que me compré en Lugo-Capital y para perderse leyendo la cantidad de curiosidades de la época de los Celtas.
    Me a gustado mucho este tema.
    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar
  7. Hola Bea.
    Hoy me he vuelto a leer esta buenísima entrada. Por que la historia me gusta mucho. Descubrir arqueología gallega es una eminencia. Se aprende muchas cosas cuando las salidas se realiza por decisión propia.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  8. Olá, votos de continuação de boa semana,
    AG

    ResponderEliminar
  9. Aínda vive nas fragas a deusa Navia?. Quedan cousas daqueles castros nas lembranzas dos nenos labregos. Hai un fío que nos une a aquela cultura, é a terra, a relación con ela. Ese fío está rompendo.
    Así que, vivamos como castrexos!, de novo....
    Excelente post Bea!. Non me sorprende, porque estou xa afeito a ese estilo, escribes cos ollos da primeira mirada.

    ResponderEliminar