sábado, 27 de mayo de 2017

CAMIÑO PRIMITIVO

Duascentas persoas é un bo número para unha vila como Castro Verde. Chegadas da ría de Ares, de Sarria, do Corgo, de Lugo e, por suposto, de Castro Verde, para pasar un día xuntas, percorrendo o Camiño Primitivo, o mais primitivo dos camiños a Santiago que partía de Oviedo e que por un trazado rectilíneo e doado de andar, pasa por esta vila dende tempos inmemoriais, seguindo os pasos dos castrexos, dos medievais, por este camiño real, como tantos outros que cruzan de norte a sul, de oeste a este e que son de ida e volta, e de carro, e con muros artísticos de canteiría conformando os seus lados para conducirnos seguros ao destino marcado....Trazados que foron desviados artificialmente, movidos por intereses particulares e afastándose do seu trazado orixinal, reclamo dos que se interesan pola cultura, pola historia, pola herencia que nos deixaron e que moitos se empeñan en aniquilar. Levando con nós a un historiador e experto no Camiño Primitivo, o profesor Polín, que é entusiasta e vive o que predica, convencido de ser escoitado e de que a mensaxe prenda en quenes o escoitamos, foinos describindo con todo luxo de detalles o transcurrir desta Vila na que un castelo marca a súa historia xunto con outros lugares como Soutomerille onde se atopa unha igrexa en desuso, sen campás, cun interior ben interesante, unha casa señorial, ou pazo, e un pequeno cimeterio con só tres panteóns con forma de hórreo.
O camiño vai por entre arboredo milenario, con pequenos regatos polos que a auga corre cantareira, conformando ríos que van dar a outros, con abundancia de sombras e frescura das pradeiras. Lugar silencioso e que convida á contemplación e no que empeza a haber os primeiros intentos de comercialización turística coa presencia de chiringuitos que, ainda que resulten atractivos para quenes percorren estes camiños de longas etapas por lugares illados, non deixan de ser intrusivos e algo fora de lugar.
Como en todas estas xuntanzas de asociacións, tivemos un alto no camiño en Castro Verde para repoñer forzas, degustando os queixos que se elaboran en Barredo, tipo Cebreiro, empanadas do lugar e doces caseiros, na mesma rúa onde se estreaba o seu nome Rúa de Santiago, por estar no camiño que leva a Santiago de Compostela. Pasamos polo Castro Verde antigo, xunto ó castelo, onde as casas forman un núcleo interesante e ben conservado coa praza do rolo, nome este que lle ven por teren alí unha especie de miliario romano que impuña o seu poder no lugar. O castelo, ao que se lle foron quitando espazos para apropiarse deles e facer fins de semana, está ainda ben conservado posto que os seus muros miden un metro oitenta, pero o descuido por parte de quenes deberían telo en aprezo, vese por tódolos lados. Esperemos que veñan mellores tempos. A historia que nos contaron denota o poder da xente deste castelo naqueles tempos.
Por esta zona houbo un hospital para leprosos, o de San Lázaro. Ahí iniciamos hoxe un milladoiro para rendirlle lembranza e saber o por qué do seu nome.
Catorce quilómetros de roteiro chegaron ben para a xente da nosa idade que as tres da tarde agardabamos o xantar como auga de maio. Éste tivo lugar no polideportivo e cun servizo de catering que fixo todo o posible por nos compracer e apaciguar a nosa fame. Logo de xantar, visitamos Vilabade onde nos deleitaron cun concerto na igrexa e na que houbo tres actuacións: os nosos  acordionistas, unha moza que tocou a viola e o grupo de gaitas, todos eles e elas de Castro Verde. Nunca unha igrexa tivo mellor razón de ser!


12 comentarios:

  1. Duzentas pessoas em peregrinação a Santiago ou apenas passeando pelos caminhos de Castro Verde?
    Gostei de vos acompanhar.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  2. Adorei conhecer os caminhos por onde andaram.
    Super interessante.
    O concerto devía estar muito belo.
    Só para esclarecer a casamadeira fica no RS, um local de muito frio que cai geada e a serra algumas vezes neva, não como na europa mas tbm cai neve por aqui. Também ha pragas de todos os tipos a infestar o jardim e a horta k.
    Enfim quando é quente é bem quente! e quando é frio é muito frio! k. O solo é terrível!
    Mas entendo que o Brasil é muito grande e tem locais maravilhosos onde tudo dá.
    Mas no caso do nosso sítio em específico k, é na base do esforço mesmo. k
    Abraços.
    Bom começo de semana.
    janicce.

    ResponderEliminar
  3. Doscientas personas puede ser una multitud que llene de pavor a los pájaros, a los roedores, e incluso a todos los insectos. Seguro que se paralizaba la vida a vuestro paso por más comedido y delicado que fuera. Fue un día de fiesta, de camaradería y de jolgorio espiritual en el descanso en las iglesias del camino y de alivio al ver que ya es cosa del pasado la implacable presencia de las leproserías. Ay, aquellas leproserías y de los leprosos que eran castigados por sus pecados cuando su pecado era la pobreza y las duras condiciones en las que vivían.

    Muy interesante, como siempre, son todos los temas que propones. Te agradezco que hayas querido compartirlo. Un saludo muy cordial y afectuoso. Franziska

    ResponderEliminar
  4. Magnífica excursión. Con 14 kilómetros a pie de visita por los Caminos Primitivos. Como se nota que ha sido un día bien concurrido e interesante. Las fotografías ya representan de algún modo que ha tenido que ser espectacular. Y esa enorme mesa de dulces. Vaya placer y gozo de ver esas rosquillas.

    Un abrazo muy grande,Bea.

    ResponderEliminar
  5. Boa tarde, a Peregrinação a Santiago é bastante divulgada, não tenho o prazer de conhecer, um dia talvez vá conhecer Santiago, duzentas pessoas em grupo na Peregrinação é motivante para continuar a caminhada pelos lindos locais.
    Continuação de boa semana,
    AG

    ResponderEliminar
  6. ¡Ola Bea!

    Que bela excursión filla. Toda unha reportaxe que e un pracer léela, da túa man tamén fun recorrendo todos eses camiños e lugares, escoitar a viola debeu ser ben bonito.
    Ben pois xa pasarei noutro momentiño, agora teño que saír a comprar.

    Un abrazo, reíña.

    ResponderEliminar
  7. Olá, querida Bea!

    Mi gustam mto tus posts, pke aprendo muito com eles, contigo y se k te estás divertindo.

    Adoras passear y conocer y o Caminho Primitivo es algo, pelo teu relato, muito interessante. Infelizmente, os tempos modernos e os interesses económica e eles associados têm tirado parte da beleza desses lugares, pero a essência, julgo k nunca ou muito dificilmente desaparecerá.

    O Professor Polín dicerto k vos esclareceu mto bién y o conhecimento no ocupa lugar. Castro Verde, segundo entendi, tiene imenso interesse y muchas cosas para conocer: castelo, casa senhorial, pequeno cemitério, hospital de S. Lázaro, hoy, miradouro y despois de 14 Km a caminhar vocês já estavam "morrendo" de fome, entonces k venham os queijos, empanadas e doces caseiros.

    As igrejas no fueram, no são solament concebidas para rezar, pke Dios es Amor, alegria e diversão.

    Conheço Santiago de Compostela, pero ya há mtos anos, mas de 10, k no vou para essas paragens.

    Besitos y bom fin de semana.

    Tengo nueva entrada. Te aguardo. Gracias!

    ResponderEliminar
  8. Me ha gustado tu paseo por la tierra, las piedras, la torre. Sin olvidar el aroma de las rosquillas y la hierba. Saludos.

    ResponderEliminar
  9. ¡Ola Bea!

    Xa me ía para cama, pero acordeime que no voltei a pasar e o prometido de deu-da.

    Ben, pois dicirche que quen puidera facer esa camiñada por eses camiños primitivos que xa non o son tanto, o progreso encargase de desfacer a paisaxe enxebre, sen ir moi lonxe a cinco holómetros d aquí onde nacín e me criei, todo está cambiado, menos mal que queda gardado na molleira mentres se vive.
    As fotos falan por todo o texto, alégrome moito que o pasarades ben, esas xuntanza motivan a vivir con mais alegría e encanto.

    Un abrazo e a miña gratitude, tanto por o teu ben facer, como por a túa pisada no meu espazo.

    Boas noites reíña. Perdoa por non pasar antes.

    ResponderEliminar
  10. Ola, Bea!. Outra vez deixeime levar pola túa palabra, case sentín os pés no camiño, o ar na faciana e o olor da natureza no seu esplendor. Escoitei as explixacións do guía, pousei od ollos do Castro Verde vello e recordei no sofá. Grazas pola viaxe, pola experiencia sensorial. Apertas!

    ResponderEliminar
  11. Olá Beatriz, passando para uma visitinha; e respondendo a tua pergunta.
    O RS Rio Grande do sul é aquele pé todo que vemos no mapa do Brasil. Acho que nessas tuas viagens por alguma cidade dele tu passas-tes. Geralmente o avião para ir a Florianópolis alguns fazem escala em Porto Alegre capital do Rio Grande do Sul. Vi que fostes a Florianópolis capital de Santa Catarina que já é outro estado; mas de Florianópolis dá umas 7horas de carro ao RS. Porto Alegre é uma cidade linda vale muito apena visitar é a capital. O povo de lá são chamados os Gaúchos.
    Bjs
    janicce.

    ResponderEliminar