Quedara con Jesús e
seus amigos ás dez xunto a fonte do Eo. Alí estaban puntuales e coa
mesa posta: unha relucente empanada que falaba por si mesma, unha
bota de viño e planos ou carteis que configuraban o escenario para
un día de roteiro pola Marronda en plan light (coche/a pé) porque o
día apresentábase caluroso e non era plan facer a ruta a pé e sen
ter quen nos recollera ó final.
Fomos no coche ata
unhos douscentos metros da fonte e xusto ó cruzar o río aparcamos
para achegarnos ata a aceña que fora da casa de Cuenzas, a mais rica
da aldea, casa de médicos, con biblioteca e xardín inglés e zona
de servidume e de señorío e hoxe desaparecida quedando só unha
palleira e a casa do forno ó outro lado da estrada. A aceña
consérvase ben pero está rodeada de maleza que cubre o sendeiro que
noutrora fora un dos meus favoritos para ir soutar ou escoitar o río,
ou, cando nena, acompañar a miña nai a lavar a roupa e eu subirme
ás paredes e penas que por alí había. Un amieiro caído, fai de
ponte sobre o río e unha pequena fervenza. Alí está ainda a presa
e comporta de antano. Mágoa que esa zona non se limpe e poida ser
visitada.
De alí, en coche
ata Sampaio, onde vimos outra aceña, a de Serra, que ten unha
seimeira bastante alta e con auga case sempre que forma unha cortina
ao ancho do río.
Pasamos Esgrade,
onde so quedan dous veciños. Unha con gando.
Deixamos a Espiña e
xa nos adentramos pola Marronda cara a Martín. Alí deixamos o coche
e fomos andando ata a área recreativa da Cortevella, (tres
quilómetros). O río Eo fai alí un meandro perfecto con sendeiro
para percorrelo todo. É unha zona moi visitada sobre todo no verán.
A xente leva merendas e fai barbacóas, incluso se bañan. Ten un
muíño ao lado, un hórreo que levaron para alí, e poden verse
unhas construccións circulares onde se gardaban as castañas.
Voltamos a pé ata
Martín e logo subimos en coche ata a Muíña. Pensabamos subir ata
un mirador con antenas ao que se vai dende A Braña, pero xa se nos
facía tarde para xantar. Insistín en que foramos ao Portugués, que
está ao baixar a Baqueriza indo para Castro Verde. Alí dan xantares
na mesma cociña e é un sitio moi concurrido que ata hai que esperar
para sentarse á mesa como se chegue despois das dúas.
A comida foi boa e
con bo viño de colleita caseira, e pan e todo caseiro.
Despedímonos coa
satisfacción de ter pasado unha boa mañá percorrendo a Marronda en
plan rápido e fácil como primeira incursión para, logo, mais
adiante, facer un roteiro completo a pé.
Coñecín xente nova
e paseino ben facendo de guía, que é o meu!
Teño pendente a ruta da Marronda e terte por guía sería un luxo!
ResponderEliminarbicos
Que belas imagens amiga. E que sítio lindo.
ResponderEliminarObrigada pela partilha de tão belo passeio.
Um abraço
Felicidades Bea, fixestes un fermoso percorrido para encher os pulmóns de osixeno e pasar un día bonito en medio da natureza.
ResponderEliminarGracias por esta bela entrada, da túa man, tamén eu estiven por aí.
Unha aperta, e biquiños.
As fotos son belísimas, e falan por si soas.
ResponderEliminarBen prezada Bea: A excursión foi preciosa e a paisaxe simplemente espectacular; pero o mellor de todo foi coñecervos a ti e máis a Germán,porque con Jesús xa teño "corrido" moitas millas; pódesme crer que non esquenceréi o día. Espero que volvamos a coincidir sen tardar.
ResponderEliminarPura nostalgia me ha despertado esta entrada tuya Pola Marronda.
ResponderEliminarUn abrazo muy grande, Bea!!
Pura nostalgia me ha despertado esta entrada tuya Pola Marronda.
ResponderEliminarUn abrazo muy grande, Bea!!
Olá, lindo local para desfrutar de toda a beleza natural que a natureza oferece.
ResponderEliminarFeliz fim de semana,
AG
Da casa de Cuenzas á fervenza e os hórreos, ata a forza da Marronda. Chegará o día que non queden Marrondas na nosa terra?. Quero pensar que non. Tivemos a sorte de nacer no paraíso e pregúntome: qué imos deixar?.
ResponderEliminarFoi un día ledo para ti, xa coa empanada na fonte do Eo, e co pracer de facer o que tanto de satisface. Parabéns!
Bea, xuraría que deixei un comentario completo aquí debaixo de, Existe sempre un Lugar.
ResponderEliminarpasei a ver se tiñas algo novo, e vexo que non está o meu. Non sei o que pasou... A caso non era correcto?
Xa me dirás. Unha aperta, e ten un bo fin de semana.
Olá, belas fotos a mostrar a bela natureza, desfrutar da mesma é maravilhoso.
ResponderEliminarContinuação de boa semana,
AG
Continuação de boa semana,
ResponderEliminarAG
Felicitaciones por tu bello blog
ResponderEliminar