www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 13 de agosto de 2010

VIVIR PARA ELES


As mascotas alegran a nosa existencia pero tamén nos traen novas responsabilidades, traballo, gasto e privación de liberdade.


Para min, xa empezaron os problemas. Que si Noa non quere comer case nunca. O ritual que nos marcamos para intentar que coma...., o seu primeiro celo, o posible embarazo non desexado por min, por ela coido que sí...., a incertidume do seu estado e qué facer coa nova prole...


Por outro lado, Mel, bó comedor, medrou rapidamente e é un trepador de marca. Nunha das súas saídas apareceu cunha picadura ou mordedura, non sabemos ben foi pero saíulle un bulto grande na gorxa e xa lle estaba a caer a pel e a facerse unha ferida grande. Decidín non agardar máis e levalo a unha clínica para que o visen. Tiven que deixalo alí. Había que abrirlle a ferida e limpar a infección que tiña. Case todo un día alí. Cando fun a recollelo, estaba tan flexible como unha almofada. Parecía unha felpudo. Aínda non despertara ben da nestesia e para máis tiña na cabeza unha especie de embudo co fin de que non se rascase.


Chegamos á casa e xa tomou un pouco de familiaridade co entorno. Pero estaba incómodo e moi raro. Non podía comer, nin beber, apenas moverse, chocaba co embudo contra todo. Con todo i eso, non tardóu en subir ao tellado e darse unha voltiña polas alturas, que son a súa especialidade. Noa case lle tiña medo e preguntaríase qué era aquel bicho a catro patas debaixo de tamaño campana.


Os tempos cambiaron tamén nas aldeas. Antes, nun caso así, deixaríase morrer o animal ou que sanase sen outros remedios que os propios e o que a natureza lle deparara. Pero agora, para eso están as clinicas veterinarias. Mágoa que a Seguridade Social non teña cobertura para os animais domésticos. Se son parte da familia, pois deberían cubrirse os gastos sanitarios. Ocurre que a ocasión fai ao ladrón, e así, como están desprotexidos ante a enfermidade, os veterinarios, que tamén teñen que vivir, péganlle unhas boas talladiñas ao noso bolsillo e non están os mundos para tales gastos! Paguei cento oito euros por curarlle a feridiña a Mel! Vaia todo por él, que é tan boíño e simpático!


En fin, que antes de embarcarse cos bichiños, habería que pensalo mellor. A experencia non ten desperdicio pero é moito traballo cando tamén hai que ocuparse de maiores dependentes que conviven no fogar.


Hai veces que dan ganas de tirar a toalla. Outras, vale a pena socorrer a quen o necesita. O facelo, paga a pena.




3 comentarios:

  1. Ai- Bea: canto me gusta esta entrada, mira es un persoa humana de verdade, ai que ver canto fixeches por Mel... Que fai coma os rapaces... mira que saíu traste, e a travesura que che custou ben cara. sabes, estou ríndome a carcaxada limpa porque o contas cunha gracia que non se pode aguantar. Aquí xa tivemos gato e can, e o que gastamos con eles en veterinario... mellor non o queiras saber. Pero tamén tivemos recompensa, porque nos querían a nos, e nos a eles quixémolos moito, foron anos de traballo e gastos, pero tamén nos deron felicidade foron uns máis da familia. Ben- dime cando e o San Froilán... Un abrazo grande. Se feliz.

    ResponderEliminar
  2. Vou ter que darche medalla de ouro por comentarísta exclusiva dos meus posts!
    Pois sí que estaba simpático Mel acampanado,non si?
    O San Froilán en Lugo vai do 5 ao 12 de outubro.
    Se ves, faimo saber!
    Unha apertiña

    ResponderEliminar
  3. Hola Bea ...
    Sabemos que las mascotas ( no siempre ) nos traen muchos quebraderos de cabeza, pero también nos
    dan muy buenos ratos .Yo tube un perrillo Fostterrier de pelo duro . En los cuatro años que pasamos juntos, me acompaño en infinidad de viajes en el camión. Fue un compañero fiel y divertido, luego
    enfermo y apesar de que estuvo ingresado en una clínica veterinaria, se murió. Cree me que lo sentí muchísimo .
    Ahora tengo una gatita siamesa, que es una mas en la familia .Cariñosa , bonachona y con mucha paciencia . Tanta, que no se como aguanta las barra basadas de mis nietos,sin decir esta boca es mía .
    Varias veces la vi vestida de bebe, en el carricoche de mi nieta Vera.
    Opino que si tenemos una mascota, tenemos que ser conscientes de las responsabilidades que esto conlleva.
    Me gusta mucho tu entrada .
    Un saludo Bea .

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.