Levaches os meus soños
xentilmente pousados
nunha folla de carvé,
rio abaixo, serpenteando,
salvando desniveis,
demorándose fugazmente
nos obstáculos
para enfilarse novamente
na corrente.
Escoitaches os meus desexos
da percura doutras terras,
iñorante aínda do teu bico
co mar.
Hoxe atopei o destiño percurado,
dende un sétimo andar
con vistas á túa desembocadura.
Un novo soño navegóu,
río arriba ata o teu berce,
Eo, río do meu trascurrir.
Un puñado grande Bicos e aplausos ata que me doan as maus. Volveréi a noite, por ter que sair. Bicos bicos.
ResponderEliminarBelísima- belísima: Amiga Bea, canta sensibilidade tes dentro túa, pois case nada este poema este poema! vexamos como e a cousa, porque está inspirado nun amor! Hoxe atopei o destiño percurado
ResponderEliminardende un sétimo andar,
con vistas a túa desembocadura. Estas frases poden dicir moito! Oxalá que encontres ese detiño que percuras, pero non contra corrente, sempre a diante porque ti o mereces. Un abrazo grande, e felicidades porque tes moito de poeta, a parte doutras dotes moi importantes. Eu xa seino xa ai moito tempo... pero non hai que ver máis que o teu perfil para sabelo. Un abrazo e se feliz.
Ola, Marina, queridiña. Onde andarías tí metida.... Pois tampouco tiven tempo eu de pasearme polo teu xandín de rosas, pero asomareime a ver que novas hai.
ResponderEliminarAndo algo nervosiña polo do exame na UNED pero todo acabará, felizmente, o próximo mércores.
Graciñas polas túas reconfortantes palabras de alento. O poema non é para tanto, según se mire, pois eu escribín o Romance do rio Eo, cando era ainda unha adolescente e, agora, como ben dís, fixen un descubrimento que me levou a ese poema, a considerar de novo o percorrido deste río que nace aquí, a desexar confundirme con él na desembocadura, alí onde río e mar se funden, o doce co salgado sempre é boa mestura, e para unha experta en poemas de intriga, como ti eres, non hai cousa que se che escape..... Tal vez, tal vez.... teñas razón!!!!
Unha apertiña, Mariña, e qué ganas de verte e de falar un pouco contigo!
Ti tamén se feliz.