www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 3 de xullo de 2010

ELOXIO DA LENTITUDE




A conto de facer un traballo sobre un libro para a materia de Teoría da Cultura Contemporánea, nos estudos de Antropoloxía que estou a facer, viñen a tomar contacto co libro "Eloxio da Lentitude" de Carl Honoré, un xornalista de vida estresada que non tiña tempo nin para lerlle ao seu fillo o conto de antes de durmir.


Este libro ven a desvelarnos as posibles solucions ao problema da presa que nos leva a ningures e que non embargantes seguimos cada vez aumentando o ritmo de vida como se a aceleración fose unha aspiral que vai a mais.
Pensabamos que coa modernidade, teriamos mais tempo para nós, para o noso lecer, pero tamén convirtimos o tempo de lecer en tempo de presa, xa que queremos facer todo e de todo, así que nos apuntamos ao xinasio, a piscina, o curso de turno, a ir de tendas......e case nunca podemos sentarnos a meditar, a facer nada, a "perder" unhos minutos con nós mesmos. Imposible eso de quedarse coa mente en branco. Non sexa que nos tilden de vagonetas.
Presumimos ante os demais da cantidade de cousas que somos capaces de facer. É como se con eso nos fixeramos mais interesantes, mais xoves, mais vitales e enerxéticos, mais capaces....
Ser number one é todo un reto.
Esquecemos, cómo non, todo o sabor do lento. Ainda me ven á memoria a imaxe do labrego que ara a terra co arado de pau e coas vacas, parándose no medio do rego longo, a envolver un pitillo de cuarterón e fumalo para darse un respiro ao tempo que llo da aos animais e a terra mesma, mudando de cor entre rego e rego. Daquela facíanse moitas cousas da maneira mais rudimentaria, sen apenas aparellos rápidos e eficaces dos que hai agora e, pola contra, o tempo chegaba dabondo. O día era de sol a sol e ainda había tempo para a sexta despois do almorzo.
Pois ben, neste libro, vanse enumerando os distintos percorridos polas actividades da vida cotiá nas que deberíamos reducir o ritmo ou a veces tamén aumentalo. Non consiste en facer todo con lentitude. Compre atopar o equilibrio o "punto giusto" e adaptarnos á situación empregando a marcha axeitada para que o coche vaia contento. Ser conscientes en cada momento da nosa velocidade. Secadra deberiamos levar incorporados os reloxios dos vehículos para saber cando nos estamos excedendo.
Atopar un tempo para cada cousa e unha cousa para cada tempo. Vivir conscientemente, sen pretender abarcalo todo: "quen moito abarca, pouco apreta", así que conta a calidade do tempo que adicamos a algo ou a alguén. Se se trata do conto de antes de durmir pois non deberiamos escatimar en detalles, en responder preguntas, en repetir esceas que gostan de escoitar....En fin, en recrearnos naquelo que facemos para que os demais tamén se recreen.
E estou pensando agora mesmo en como facer para estar en todas partes a vez, pois quixera estar aloumiñando o gato e a cadela, ao tempo que estou a escribir aquí, e ademais vixiar a miña nai que está durmindo no sillón da cociña e a meu pai que está arriba, noutro, aparte de andarme a cabeza matinando na horta, no resumo do libro que me ocupa neste intre e mais na preparación da asignatura de setembro.... Pero poño o freo de man e fico queda, tratando de acabar este post que logo publicarei.
Convido a quén me lea a ollar este libro. De seguro que servirá de reflexión para ser mais conscientes do estrés diario ao que nos expoñemos voluntariamente, podendo evitalo.


3 comentarios:

  1. Ola Bea:
    Ai filliña que ledicia de post, que verdades tan grandes expresas, as presas... en este mundo bastante louco en que vivimos, sempre a correr. Anque eu xa non o fago, levo a vida con moderación sosegada, gusto de dar un paseo e pararme a falar un pouco con quen encontro que eu coñeza... pero como ti dis, aí xente que lle parece que o mundo lle escapa. Quédome con esas túas palabras máxicas, atopar un tempo para cada cousa, e unha cousa para cada tempo. Oxalá lea esta entrada, xentes xoves, que nunca encontran o equilibrio sobre esta filosofía da vida. Por outro lado, este entrada, tráeme a memoria antigos recordos- levando as vacas pola corda que tiraban da arado labrando as veigas, efectivamente meu tío, facía un alto no "camiño" para liar un cigarro. Era outro mundo, tes ti razón, había tempo para todo, a pesar de que era traballoso tamén había ese equilibrio tan necesario. E tamén a xente era máis humana e más unida. Un abrazo grande. se feliz. ¡Excelente entrada!

    ResponderEliminar
  2. Ola comapañeira de blog. Pensei que estarías por esas fermosas praias de Pontevedra, tomándote o teu tempo e disfroitando da auga e do sol. Seguro que sí, que ti eso nono perdes por nada, nin eu tampouco. Grazas polo teu comentario tan en pró da calma e da vida a ritmo lento cando o require a situación, pois, as veces, tamén fai falla rapidez! Eu coido que á medida que avanzamos pola vida, tamén nos sosegamos porque o noso camiñar ten que adaptarse ó noso poderío, e porque vemos as cousas doutro xeito. Non podes pedirlle peras ao olmo!
    Vou entrar no teu blog para ver que se "coce" por alí. No verán, coa horta e coa vida ao aire libre e coa miña nova fauna, o ordenador queda apartado.
    Que pases un verán agradable e disfroites de todo como tí sabes.
    Apertas, Marina

    ResponderEliminar
  3. Ai Bea, amiguiña ata gora poucas vece fun a praia, so unha que foi o domingo pasado, sabes, gústame tanto ou máis a sombra do monte- da natureza... o sol cánsame e estraga pel, así que, o campo, un regato, ou o río, que polo menos a min eme más saudable. Sabes, venres- trinta, vou a Málaga 15- días, coa miña filla- o xenro, e- o netiño de dous anos, Breixiño. Vamos no seu coche e facemos o tráxete en dous días. Seguramente imos papar moita calor... non o sei, ocaso e chegar ben. Deséxanos sorte. Un abrazo e se moi feliz.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.