www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 20 de marzo de 2011

Vai sendo hora....



Hora vai sendo de cambiar de folla
no calendario,
de cambiar de hora no reloxio,
de cambiar de estación, de sentir primavera,
de poñer cor na roupa negra...
Hora vai sendo de que o desorde
reine por un día na miña vida, de
que o lecer se abra paso entre a presa, e
e poida ler aquel libro á sombra ou ao sol,
sen que nada me reclame dentro da casa,
sen que o cronómetro marque os instantes
e as dedicacións...
Vai sendo hora de retomar o punto,
as películas na tele, os lentos despertares...
Que a desciplina non erosione os meus quilos
e poida nadar sen mirar o reloxio nin contar
os largos, nin facer cálculos cas vintecatro
horas do día/noite.
E non será que, despois de todo, xa temo
atoparme coa plena disponibilidade do meu
tempo, co valdeiro de non ter obrigas....
Será que precisamente eso que me ata
é quen me libera de non saber que facer
co tempo....

5 comentarios:

  1. Ola? Miña amiga Bea! Encántame este entrada.
    Véxote máis leda, pensando na primavera que como di aquel conto, o sangue altera.
    vamos a ver, falas do teu tempo libre, acaso deixas a escola? Ou simplemente e co cambio da hora, que claro da para facer máis cousas... Como ler ou ir nadar...
    entre outras actividades.
    Ben déixote que xa se me cerran as persianas. Moitos bicos querida amiga.

    Bea, pincha no nome de Ave Peregrina e entras no seu espacio, vaiche gustar, ela en un manar de versos, de poemas.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Marina,
    Xa vin o teu blog coa reportaxe dese aleteo polo Mediterraneo. Vexo que non te perdes unha! Pois así é como hai que disfroitar de tantas cousas fermosas que temos a sorte de que se nos ofrezan.
    Pois haberá que ver o blog de Ave Peregrina!
    Unha apertiña.

    ResponderEliminar
  3. veño por recomendación de Fligueira
    POlo que se vai sendo hora
    Un bico ¡voltarei!

    ResponderEliminar
  4. Ola, grazas por vir ainda que sexa por recomendación! Agradécese. Vexo que Marina me fai boa propaganda!
    O tempo, sempre é culpa do tempo o de non escribir mais a miudo, o de non visitar aos demáis...
    Entrarei a dar unha voltiña no teu blog, hoxe mesmo.
    Saudiños

    ResponderEliminar
  5. vese na fror do pexegueiro que arrequece co a chegada da nova estación y que che dará pexegos.
    O que che lein gustame e voltarei a miudiño.
    Un bico.
    agora ei ir sachar as patacas que mañá chove

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.