www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 2 de agosto de 2023

A MIÑA CAMA




 A miña cama

é ese lugar de encontro

comigo mesma.

Cada noite, cada verán,

cada inverno,

o meu pasado, o meu presente.

A miña cama visto ao gosto

coas sabas que eu tecín, lavei,

pranchéi e perfumei.

Levan o meu selo, a técnica

da señora Francisca,

sen enrugas, cando viste,

enrugada cando me ergo.

Nela mestúranse ansias,

desvelos, insomnios, pregos,

agradeceres e soños se airean.

A miña cama ten por cabeceiro

a mellor porta da casa

que salvei, coidei e restaurei.

As sabas de lenzo, do verán,

ofrécenme frescura e descanso.

Unha cama para min soa

que non quero compartir,

que está para mín e eu pra ela

ata que ás dúas nos chegue o fin.




12 comentarios:

  1. Que preciosidade, da ganas de meterse despacio e sentir a frescura das sábanas de lenzo estirarse meter un brazo baixo a almohada que parece de áloe vera e ficar dormida entregarse os brazos de Morfeo nun plis.

    ResponderEliminar
  2. Un lugar especial, un refuxio, un paraíso!

    ResponderEliminar
  3. Esa porta como cabeceiro paréceme toda unha xenialidade! O poema e moi fermoso porque certamente si as camas falaran, moito terían que decir de nos, do ben que nos coñecen. Apertas

    ResponderEliminar
  4. A miña cama é moi importante. A de cada ún. A cama cura, acalma, e nela pasamos un terzo da vida! Bicos

    ResponderEliminar
  5. Hola Beatriz, lindo canto versado nos dejas de ese espacio, de merecido reposo, descanso y ensoñado deseo de todo lo bueno y todo lo hermoso, envuelto en ese impoluto blanco y decoro artístico de manos hábiles. Gracias por todo.
    Un fuerte abrazo

    ResponderEliminar
  6. Um refúgio.
    Vamos remodelar a casa de Macau.
    A cama também.

    ResponderEliminar
  7. El mueble más propio, más personal e íntimo, donde se tejen los sueños. Bonito poema.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  8. O ser humano não foi feito para viver sozinho, mas não há porque contrariar a postura de cada um.
    Aliás, vale mais só do que mal acompanhado.
    Abraço amigo.
    Juvenal Nunes

    ResponderEliminar
  9. Olá Beatriz,
    Numa cama vazia, há sempre um lugar por preencher. Principalmente, quando foi palco de sonhos e devaneios, que não esquecemos...
    Gostei muito desta tua CAMA. Excelente poema!
    Votos de um bom fim de semana.
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  10. Amiga Beatriz,
    Se tem algo que nos entende bem, são as nossas camas. Passamos boa parte das nossas vidas nelas, basta fazermos as contas das horas de sono, recuperação da saúde e porque não dizer, de intimidade, pois, cama tirando a letra (C), fica (AMA).
    Assim sendo, ELA, a cama, compartilha conosco vários momentos das nossas vidas.
    Um carinhoso beijo. Bom final de semana e feliz mês de agosto!!!

    ResponderEliminar
  11. A perfección nunhas sabas, nunha porta restaurada (moi orixinal, encántame) nun poema e nun cuarto en xeral, encántame todo!!!🐬🌹

    ResponderEliminar
  12. Me encanta, Bea.
    Y también tu dedicación a la especial persona que te hablo como hacía su cama.
    Bendiciones para que tengas unos bonitos sueños en ella. Tan acogedora.
    Abrazos
    Mónica

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.