www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 17 de maio de 2011

De flores.




Secadra, esta noite, inspirada pola fermosa vista desta planta que vin por vez primeira en Noruega, abundante nas cunetas das estradas e con variedade de cores.... chamoume a atención case mais que atoparme cos fiordos e cas fervenzas daquel país.


Non sei como se chama, e debería sabelo en latín e polo menos nalgunha outra lingua, pero eso cústame pouco por estes medios onde se atopa canto se busca.


Trouxen dalí a semente e púxena fai unhos anos. A miña sorpresa foi atopala no Lidl de Lugo un día. Así que agora xa teño varios axemplares e éste que se ve na foto, está en pleno apoxeo porque xa tomóu posesión do lugar e multiplicouse. Debería incluir aquí a foto que lle fixen aos de Noruega. Se consigo atopala, poñereina para que poida disfroitala quen queira que pase por este sitio.


Cada día que pasa, cústame mais escribir no blog por falta de tempo. A horta reclámame, Bobi, o cachorriño de Noa, tamén me rouba tempo, por non decir o resto de cousas que me ocupan durante o día e mesmo a noite, xa que remato cos libros de Etnicidade e migracións, a ver se teño mais sorte en setembro.


Hoxe adiquei parte da mañá a pintar unha parede do salón de cor laranxa. O resto é pedra vista. Quedou moi ben e xa empecei a decoración con cadros e platos de Rumanía e Chequia que tiña aparcados por ahí.


Tamén trouxen unhas arboriñas para o porche. Fixen unhas xardiñeiras de barril vello cortado en dous. Pintei os aros de cor bourdeux e o resto madeira. Todo vai collendo ese "aquel" que eu quero darlle. Faime ilusión estar sempre decorando e matinando cousas nos distintos lugares que me toca ocupar ao meu paso pola vida. Levan un selo personal que deixan rastro desta alma perdida que se empeña contra vento e maréa de facer un lugar "de seu" ainda que sexa transitorio, nunca definitivo, se é que existe algo así.


Remato ainda que podería seguir falando de tantas cousas....


Voltarei a este post coas flores noruegas, con Bobi e vistas de salón.






A planta é Lupinus, coñecida como altramuz.

3 comentarios:

  1. ¡Ai Bea! que pasei o outro día por aquí en non vin nada novo escrito. agora entro e vexo esta preciosidade de flores e máis un post moi lindo. A noite volvo a pasar, pois agora marcho a novena do Cristo do consuelo, estou ofrecida e non a podo perder. Ata gora.

    ResponderEliminar
  2. Ola de novo, xa estou aquí e non e sen tempo... pois sempre encontras alguén con quen falar un pouquiño.

    Bea, que gusto ser unha alma perdida coma ti, es unha artista... pintas a parede, pintas o barril que ten que quedar moi bonito, e tamén decoras a túa casa con esas cousiñas que gardabas, coa túa personalidade, iso esta máis que ben, debe dar gusto vela, e tamén ver a horta... e toda esa paisaxe. Bea, ti es un tesouro de valor incalculable. Tes uns méritos que algún día veras recompensados, ¡ben... xa neste instante tes en certo modo moita!
    Vexo que estás moi ocupada con todo iso e estudiando ademais, pero con todo o que contas.... da para, precisamente escribir así estas entradas que me encantan e estou segura que a outras persoas tamén.
    Ben bea, xa non me enrolo máis. Déixoche un abrazo moi grande, de agradecemento e estima.

    ResponderEliminar
  3. Pois xa ves, a veces está todo caladiño, e de repente venme inspiración, e escribo varios posts.
    Grazas, Marina, por animarme, polos teus comentarios tan motivadores, por estar atenta....Eres unha persoa encantadora que pensas nos demais e prodigas amor por onde queira que pases.
    Que todo vaia de rosas para tí tamén.
    Apertas

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.