....pequeño, peludo.... (Platero y yo)
....pequeno, peludo, redondo, rebuldeiro, inquedo, listo, agarimoso, independente..... así é Bobi, un cachorro con personalidade definida. É fillo único de mamiNoa e ten a exclusiva na sua teta.
Dende que abriu os ollos, empezóu a coñecerme aínda que xa me coñecía pola voz, polas cousas que lle decía de pequeniño. Agora ségueme a onde queira que vaia. Para él non hai dificultades nen escalóns demasiado altos. É un escalador nato, e cando consegue chegar ata a miña cara, dame bicos e lámbeme as mans, a roupa....O que mais lle gustan son os meus zocos violeta. Como teñen buratiños e son de goma, non para de roermos. Hoxe saímos pola horta e deitámonos ao sol, os tres (Bobi, Noa e eu). Xogamos entre a herba, patas arriba e patas abaixo. Parece que lle gustaba tomar o sol na mullida alfombra verde. Bobi, dende que naceu, fai un mes, ten visitas a diario. Todo o mundo quere velo antes de que se nos vaia, pois o nome que leva, non llo puxen eu senón a súa futura dona que o está agardando con toda sorte de exquisiteces para él soliño. Eu demoro o momento e mentras Noa lle de a tetadiña, non quero deixalo ir, pero teño coidado de non engatusarme demasiado nel porque é cautivador.
Estou segura de que tera unha vida afortunada e unha dona que o cuide con mais tempo do que eu lle podo dar. Votaremoste de menos, Bobi!
¡Ai que cousiña máis bonita! Vaste encariñar con el, e non vas ser capaz de deixalo marchar... Esta beleza e unha forma de recompensa de satisfacción, tendo unha horta así... un disfruta con estes animais, que son as veces mellores cas persoas. Felicidades Bea por esa cousas que te rodean... que sei que te fan feliz. Mil gracias por ser como ti- es. Un abrazo moi agarimoso. Se moi feliz.
ResponderEliminarA verdade é que teño unhos "tresitos" que me alegran a vida (trastadas aparte!)
ResponderEliminarVotareino de menos cando se vaia pero quédome coa materia prima e así sempre haberá cachorriños cando cadre e voltarei a disfroitar deses primeiros tempos nos que fan tanta gracia. Logo medran e xa é outro cantar.
Unha apertiña, Marina.