www.leriasdebea.blogspot.com
Translate
domingo, 12 de xuño de 2011
OS FARIÑOTES
Lémbrome de cando miña nai preparaba os fariñotes. Eu era unha rapaza nova, unha adolescente, como se diría agora. Non tiñamos vacas pero sí conseguíamos manteiga da boa, feita en casas de confianza, da que non traguía pelos polo medio nin trancas que moureasen. Cando chegaba, fresquiña, embolta nunha berza, ainda se vían gotas de auga por toda ela.
A min gustábame untar o pan de ceteo con aquela manteiga e logo poñerlle unha boa capa de zucre por riba. Sabía a gloria! Pero cando pasaban unhos días, e como non se tiña neveira daquela, a manteiga enranciaba e había que derretela para que ao callar, de novo, se conservara algún tempo máis e valía para botarlle ás sopas de leite no almorzo ou para facer os fariñotes, que se facían con restos de manteiga que quedaban na pota de derretela, engadindo unha masa de ovo, fariña e algo de auga, todo ben batido, algo espeso, e que se repasaba naquela grasa ata que se desfacía case como pan rallado, non tanto, pero algo así. Xa ben pasadiña, botabamoslle zucre por riba no prato e arrecendía na Cárcoa, onde paraban os xitanos e xente de circo que viñan daquela por aquí, e como na miña casa había cantina, sempre mercaban algo, en cantidades pequeniñas, como, cinco pesetas de zucre ou de café......
E cando o cheiro dos fariñotes os pillaba pola miña casa, preguntaban qué era aquelo que tan ben arrecendía, e como miña nai foi sempre moi dadiveira, deulles a proba mais dunha vez. Así foi tal, que cada vez que viñan por esta bisbarra, non pasaban sen probar os fariñotes que eran destinados a min, véndome eu, mermada na ración pero, dalgún xeito, encantada de que compartisen comigo tal exquisitez.
Aquela manteiga desapareceu e as que se mercan hoxe, non arrecenden de tal xeito, polo que desistín de facer os fariñotes e paseime a algo que se lle asemella: roxóns con mazáns. No sitio da manteiga, van os roxóns, pero levan mazá e cebola (optativo) e o mesmo tipo de masa. Cómense co zucre por riba como os outros e saben moi ben. Parece que esa receita nona facían e tódalas casas senón que era exclusiva da casa do meu pai, na montaña.
Sempre consigo algo de materia prima para facer eu mesma os roxóns e conservoos conxelados en pequenas porcións para facelos ao longo do ano cando sinto añoranza dos fariñotes.
Gustaríame incluir unha foto deles aquí pero xa cociñéi os últimos que me quedaban.
Así que este blog irá sen fotos desta vez, a non ser que atope algunha na web que semelle os fariñotes ou os roxóns. Tratarei de atopar.
Saudiños, saudiña, saudade.....
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
¡Ai Bea Filliña! Que saborciño me deixas no meu paladar, paréceme que estou saboreando os fariñotes... Ummmmmm que saborosos deben de estar con esa manteiga, e os rixos son ideais para unha torta rica desas que roxen o comelas!
ResponderEliminarSi, aqueles eran outros tempos que dentro da pouca abundancia, eramos ben felices sempre estamos contentos/as.
Esperabamos con ansiedade un día de festa. Agora con tanto que sobra, a xente e sobre todo a xuventude, anda con depresións e non están contentos con nada.
Ben, o- mellor esaxero un pouco, pero vexo cousas que non podo pensar doutro xeito. Gracias por compartir esta interesante entrada.
Un abrazo de esta amiga que te estima. Biquiños Bea. Hasta de- qui a logo.
Tempos de autenticidade, penso eu, Marina; cando o que se comía era xenuíno e non estaba adulterado nin tiña conservantes nin nada que lle restara sabor. Secadra é que imos tirando a vellas e todo tempo pasado foi mellor. Tampouco é iso, coido eu. A veces, cando como e non me sabe a nada, non sei se perdín o sentido do gusto ou é que a comida é insípida. Din que os sabores e olores do pasado se conservan na nosa memoria tal cal eran.
ResponderEliminarGrazas por estar atenta aos meus posts. Sinto non poder ilustrar a miña receita.
Unha apertiña, benquerida amiga.
Bonito post, es un grato placer pasar a leerte,
ResponderEliminarque tengas un feliz fin de semana.
un abrazo.
Gracias, Ricardo, por hacer una paradita en mi blog. Yo quise explorar el tuyo pero no he podido ver posts. Ya me dirás como acceder a ellos, por favor.
ResponderEliminarTe felicito por entender galego!
Saudiños
Querida amiga
ResponderEliminarHá palavras que trazem
a cada frase,
os cheiros,
as visões
e as lembranças
de tempos de alegrias
simples e ao mesmo tempo plenas...
Vida plena em teus dias.
Fermoso blog, me he pasado por aquí, por la recomendación de una amiga mutua. Moitos bicos
ResponderEliminarGrazas Aluisio pola túa visita. Quixen mandarche un comentario aos poemas do profesor pero debe ser que me quedei desfasada neste medio que non consigo comunicar cos outros blogs. Terei de poñerme ao día!
ResponderEliminarDo Brasil coñezo o Val Europeio, un pouco, e quédome en Treze Tilias!
Unha aperta.
Lembranza, grazas pola túa lembranza, por termos unha estupenda amiga en común, (que vexo que me fai de mánager nesto dos comentarios!!!!) Tamén eu me pasei polo teu blog, moi laborioso e cheo de cousas de todo tipo. Bonita fotografia.
ResponderEliminarNon deixes de visitarme cando te lembres.
Unha apertiña
ENCANTADOR BEA,,,
ResponderEliminarES COMO VOLVER A LA INFANCIA, A LA CASA DE LOS ABUELOS,A ESA BONITA VIDA RURAL EN LA QUE (EN MI CASO) ME CRIÉ.. DONDE TODO ERA SENCILLO Y NATURAL Y HUMANO. AUN RECUERDO A MI ABUELA
HORAS Y HORAS DÁNDOLE " AL RODELO" ASÍ LE LLAMABAN EN NUESTRO PUEBLO A LA OLLA QUE SERVÍA PARA "MAZAR" LA LECHE. LA VERDAD QUE AL PRINCIPIO A MI ME PARECÍA UNA ZAMBOMBA... YA CON EL TIEMPO LE SACÁBAMOS MAS PUNTA AL ASUNTO ...COSAS DE ADOLESCENTES, NO MAS.
BEBÍAMOS LA LECHE RECIÉN ORDEÑADA DIRECTAMENTE DEL CUBO, QUEDANDONOS EN LOS MORROS UNA ORLA DE SABROSA NATA , QUE NOS PARECÍAN LOS BIGOTES DEL KAISER GUILLERMO.. COSA ESTA, QUE NOS HACÍAN REÍR MUCHO,,
UN BESO BEA,
CUIDATE.