www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 2 de xullo de 2011

ESTREANDO VERÁN



A mañá deste primeiro sábado de xullo ofrecése irresistible para o seu disfroite. Nin frío nin calor, xusto a temperatura ideal para sentarse fora nestas primeiras horas da mañá. Pensei que, ao avó gustaríalle que o sacaramos un pouco para tomar o aire e ver como medra a horta. Sentámolo na cadeira de rodas na que o transportamos ata alí, e vemos que lle gusta e sorpréndese de canto ve a seu redor: as patacas medraron e xa logo valen para comer, os herbellos van lentos pero seguros na formación da vaina que terá grans dentro de pouco. As xudías medran, unhas algo calvas e outras con mais ramaxe, pola rede que lles preparamos. Todo segue o seu curso pese as plagas e ao tempo tan cambiante que fixo. Empeza a dar gusto estender a ollada pola alfombra vexetal que se ofrece diante nosa.

Noa na hamaca. Custoulle un pouco adaptarse a tanto baibén pero ao final colleulle gusto e ata se quedou durmida con tanto ataranteala. Despois, o avó, tamén quixo colaborar e meceuna como se fose unha biznetiña. Sentiuse ben facendo eso.

Tanto lle gustou estar fora que xa non quería irse para dentro e ata agarrou un "berrinche" como o das criaturas pequenas cando non durmen. Nin quixo o xantar, nin se quería ter de pé nin dar unhas voltas a redor da cociña para estirar as pernas. Así son os vellos, duas ou tres veces nenos.

A aventura saíu ben ainda que non estamos seguros de repetila porque romper a rutina diaria, trae a súas consecuencias.

Eva axudoume a poñer a hamaca que trouxen do Brasil. Proveina e afundínme nela como aillada do mundo. Bo sitio para ler, pensei. Nada me distrae, nin as moscas me molestan. Pero a min gústame tanto a portuguesa de rede porque alí o aire cólase por todo e permítime disfroitar da paisaxe.

Levantouse vento e o avó quixo, por fin, ir dentro da casa. Noa deixou de mala gana o seu novo aposento que ademais serve para tela a salvo de fuxidas clandestinas que tan dada é a brindarme de cando en vez.

Dende que Mel nos deixou, ela fai de cadela e de gato ao mesmo tempo. O outro día apareceu cun rato na boca dentro da cociña e cando imos polos prados detecta as toupes que é de admirar. Eso sí, non colle unha!

Agora é ela quen me prodiga os "mimos" cando vou lavar os dentes. Antes era Mel. Logo os dous. Agora é ela sola. A vida é un continuo fluir!



6 comentarios:

  1. Hola Bea,,,
    Me gusta mucho tu entrada, tu modo de reflejar el tranquilo
    paso del día en la aldea me encanta, por que yo lo viví y lo vivo a diario. Sacar el abuelo al fresco y que pueda ver crecer el huerto ... " A SUA HORTIÑA" como decía mi abuela. Eso para ellos significa mucho, fue su vida, su todo.
    De verdad que es un placer leerte
    Un saludo cordial Bea.
    Cuidate.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Miguel Ángel, por deterte neste sinxelo blog. Tamén eu visitei o teu e lin o relato da tormenta. Eres un "descriptor" nato e de moita calidade. Qué decir da túa imaxinación! Non das pé a comentarios senón houbérame gustado deixarche un.
    Os que temos pouca imaxinación temos que conformarnos co día a día...
    Saudiños e grazas pola túa visita.

    ResponderEliminar
  3. ¡Ola Bea!!!

    Ai meniña que texto interesante, como di Miguel, tes unha fermosa forma de reflexas a tranquilidade do teu pobo e a vida cotiá. Bea, quedo abraiada co teu pai, ai que ver o bonito que está, claro que non me estraña, ¡con unha filla coma ti! Vese moi ben coidado. E el tamén coida de Noa, e Noa del seguramente... e ademais arrolándoa na hamaca. Que cadro máis fermoso. Sabes, fixeches unha fotografía preciosa, Debe ser una terraza moi bonita a pe da horta, da que, o teu pai se poñerá ledo un montón mirando a terra, que el un día traballou. As patacas novas... ummmmmm que ricas!!! E as ervellas. xudías e outras herbas aromáticas que o campo produce. E un luxo vivir no campo, anque non cho pareza. E tamén con esa hamaca... seguro que e moi relaxante meterse dentro e bambearse un pouco... ai que envexaaaa! Tamén vexo que Noa che fai moita compañía, e verdade que os animais son máis agradecidos que calquera ser humano. Ben Bea, déixote que xa pasa das doce da noite, e xa seme cerran as persianas. En un encanto ler as túas letras. Grazas por compartilas con todos nos.

    Un abrazo grande e moitos biquiños de esta amiga que te estima. MARINA. Que sexas moi feliz.

    ResponderEliminar
  4. Gracias por tus palabras Bea.
    Ami siempre me gusto contar cosas mediante la escritura.
    Desde luego, no tengo una formacion literaria para ello,,, lo se.
    Pero a mi manera voy colmando mis anhelos e inquietudes.
    Me alegro que te gustara.
    Referente a los comentarios, si que esta abierta esta opción. Lo que
    pasa es que hay que ticar en (comentarios) para que aparezca la ventana. No se por que no se visualizan como los vuestros, quizás sea por el formato de la pagina.
    Que tengas muy buena noche.
    Cuidate.

    ResponderEliminar
  5. BEA,
    TIENES MUCHA IMAGINACION, CARISMA Y UN BELLISIMO
    "XEITO" DE CONTAR LAS COSAS.
    ME ENCANTA LEERTE,,,CREEME.
    CUIDATE.

    ResponderEliminar
  6. Marina, alégrasme o día e xa entrada a noitiña, cando tamén se me empezan a pechar as contras.... resucítasme e aquí estou para agradecer que me fagas rir un pouco. Grazas por todo canto dís. Quizá teñas razón e eu non saiba apreciar debidamente este previlexio de vivir nun entorno natural. Sí que o aprecio e moito pero tamén grazas a todos os que colaborades na comunicación que tanto se agradece cando se vive un pouco afastado.
    Deixeiche un comentario ao teu "fogoso" poema que me encantou como todo o que tí escribes.
    Unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.