www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 24 de xullo de 2011

O ANO DO XARDINEIRO



Este libriño "O ano do xardineiro" chegóu ás miñas maus como un milagre, fai poucas semanas. Chamáronme a atención as ilustracións que ten polo medio que me lembran os debuxos de Castelao. O xardiñeiro está sempre en posicións un tanto raras, deixando ver tan só o traseiro.

Vai contando, por meses, e cun fino sentido do humor, as peripecias do forofo do xardín, deixando caer chuvias de palabras científicas de canta variedade botánica hai, mentras que vai dando consellos de qué facer cada mes para lograr os mellores resultados na horta ou no xardín. Karel Capek, (con sobreiriño no C) é un escritor checo de renome (1890-1938). De por sí, os checos cáenme simpáticos, traballadores, perseverantes, gráciles, xentís, lixeiros.... e infinidade de epítetos que non dou a escoller neste momento. Por algo será que teño nese país boas amizades de outros tempos e boas lembranzas das miñas visitas a Dvur Kralové Nad Laben e tamén a Praga onde me namorei dun tellado de latón. Pero esas son outras istorias.

O libro é de recomendar a quen sinta algo polo cultivo dalgunha especie floral ou hortícola e que ao mesmo tempo lle guste votar unhas gargalladas mentras lé e observa os suxestivos debuxos.

Haino traducido ao galego pero o seu título en checo é Zabradníkub rok (con un redondo sobre o u).

Eu xa vou polo outono porque non podía aminorar a marcha na lectura e ir no mes que me toca. Así xa sei con que teño que lidiar a próxima temporada, despois de ver arruinada a miña colleita de tomates, como sempre, non atino unha con eles por mais que os podo, que os poño abrigadiños, os rego e todo iso.... para logo ter que contemplar, desolada, como os primeiros tomates veñen podrecidos cando ainda non acadaran a maioría de idade.

Ai, como me identifico con este libriño!



5 comentarios:

  1. BEA, AL PRINCIPIO (COMO LO VENDES TAN BIEN) PENSÉ QUE ERA TUYO..
    TRATARE DE HACERME CON UN EJEMPLAR,SOLO POR TENERLO, LEERLO Y APRENDER. YO A LOS TOMATES LOS CUIDO SIN CUIDARLOS,,, LOS ATO, LES CORTO LAS RAMAS BAJAS Y YA ESTA...SI LOS MIMAS MUCHO SE MALEAN,
    BEA, SABIAS QUE LAS RAMAS O "LADRONES" QUE LE LLAMA MI "GÜELA" SI LOS ENTIERRAS AL MOMENTO PRENDEN FORMANDO UNA RAMA NUEVA?..
    POS SI, ES CIERTO..
    BUENO, CUIDAME ESA HORTA, QUE NON SE DIGA,,,
    UN ABRAZO.

    ResponderEliminar
  2. COMO SIEMPRE, YA SUBO TU ENTRADA PARA MI PAGINA DE FACEBOOK...
    QUE CORRA MUNDO..
    CHAUU.

    ResponderEliminar
  3. Querida amiga


    É um presente
    encontrar
    um livro,
    que nos leve
    a mergulhar
    em suas palavras...

    Viver é sentir os sonhos
    com o coração.

    ResponderEliminar
  4. ¡Hola Bea!!!
    Ai amiga tanto tempo sen pasar a facerche unha visita a esta hortiña tan especial. Dime, como fas para ter tempo para a escola e máis plantar tomates e outras plantas que o campo non produce. Pero si,comprendo que cando un e xoven pode con todo e más tamén.

    Unha bonita entrada e esta, inclusive para aprender algunhas cousas.
    Xa collín nota do libro haber se me fago con el.

    Perdoa a miña ausencia, estiven descansando estes dous meses sen tocar ordenador por recomendación médica. Agora xa vou visitando pouco a pouco, os blogs amigos... ¡e teu e, moi amigo! Estou preparando algo no meu para publicar dentro de uns días. Non andan trasgos nin as adas moi animados pero con un pouco de esforzo algo sairá.

    Ben pois xa te deixo, porque se me cerran as persianas. Un abrazo moi grande e boas noites. Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  5. Ola Bea, so dime que estás ben. Sei que andarás a voltas xa coa escola, pero gústame saber de ti.

    Moitos biquiños e bo fin de sema.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.