www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 17 de xullo de 2011

VERÁN COSTA BRAVA




Era o meu segundo verán de traballo como estudante. Conseguíramo un familiar en Barcelona e foron eles quenes me levaron ata o Hotel Carolina Park en Calella da Costa. O traballo consistía en facer cada día mais de vinte habitacións dobres con baño e turnos de lavandeiría polas tardes. Aloxabamonos no mesmo hotel e dábannos as comidas que aburrían de pura rutina. Alí coñecera a Loli de Salamanca, compañeira de viaxes durante ese tempo e no futuro. Tódolos días íamos á praia, que estaba ao outro lado do hotel. Nas tardes libres viaxabamos por toda a Costa Brava en auto stop. Así coñecemos Blanes, Tossa, Figueras, Rosas....


Os turistas eran case todos estranxeiros: alemáns, holandeses e moitos franceses.


No hotel fixeramos amizade cos colegas e pasabamolo moi ben. Lémbrome, na praia, a musiquiña dos que vendía melón, sandía, xelados.... "ice lolly, leca, leca..lemon.." Algúns deles tamén se fixeron amigos á forza de atoparnos sempre no mesmo sitio. Estabamos mais que dourados, queimados polo sol que tomabamos sen protección algunha. Eran veráns de paseos longos por aquelas interminables praias ao longo da costa, con moitos piñeirais, dos típicos na costa catalana. A maior parte dos que traballaban no hotel eran de orixe andalúz. Enseguida se nos pegóu o seu acento e os seus "ditos" que eran un tanto extraños pero moi siñificativos.


Preparando a miña vida laboral, descubrín que só nos deron de alta un día, o mesmo que nos deron de baixa. As condicións de traballo non diferían moito das que hoxe en día teñen os inmigrantes neste país.


Pero que duda cabe que eran outros tempos e que a miña imaxe aproximábase mais á de unha turista na Costa Brava ca de unha traballadora de temporada.


Tempos vividos que tiveron o seu encanto e dos que agora dou testimuña.


Continuará.

4 comentarios:

  1. HOLA BEA..

    QUIZÁS SEA POR QUE VEÍAMOS LA VIDA CON OTROS OJOS, QUIZÁS POR QUE NUESTROS CORAZONES ESTABAN LLENOS DE ESPERANZA Y DESEANDO BEBER DE LOS TRAGOS (A VECES, AMARGOS) DE LA VIDA, PERO ENTONCES LOS DÍAS DE VACACIONES O SIMPLEMENTE LOS DÍAS DE VERANO PARECÍAN TENER OTRO COLOR, OTRA ALEGRÍA...

    TUS PALABRAS ME HAN RETRAÍDO A MIS DÍAS POR GIJON, DÍAS EN QUE TAMBIÉN EL BULLICIO DE LA PLAYA Y LOS "CHIRIGOS" ESTABAN DOTADOS DE VIDA PROPIA, QUE TE LLENABA DE UNA ALEGRÍA CONTAGIOSA Y LA COMPARTIAS CON TODA LA GENTE QUE ESTABA A TU ALREDEDOR..

    SI LE PISABAS LA TOALLA A ALGUIEN, O LO SALPICABAS DE ARENA AL PASAR CORRIENDO, TE RESPONDÍA CON UNA SONRISA - NO PASA NADA - QUITÁNDOLE LA POCA IMPORTANCIA QUE TENIA LA COSA SI EMBARGO HOY... TE APUÑALAN CON LOS OJOS... O INTENTAN DEMANDARTE..

    MUCHO CAMBIO EL MUNDO ... O QUIZÁS SOLO CAMBIAMOS NOSOTROS, SEA COMO SEA EL POETA TENIA RAZÓN . . . CUALQUIER TIEMPO PASADO FUE MEJOR... O ESO NOS PARECE.

    POR AQUEL ENTONCES LA PATRONAL, YA SABIA HACERSE SUS DEBERES,,,
    NO HAY NADA NUEVO BAJO EL SOL...
    CUIDATE.

    ResponderEliminar
  2. Querida amiga

    O livro
    da nossa vida,
    traz em cada página
    o seu encanto,
    a sua alegria,
    a sua saudade...

    Que os sonhos te envolvam
    a vida, sempre...

    ResponderEliminar
  3. Professora,
    É com satisfação que chego neste espaço, para retribuir tua gentil visita.
    Seja sempre bem vinda, e me encantou como descreveu a cena vivida nos teus tempos de estudante.
    Recordar é viver.
    Um fraterno abraço.

    ResponderEliminar
  4. Aquí estou de novo, encántame esta entrada, divina xuventude que bonita estas aí nesa foto.
    Vexo que xa percórreche moito mundo. En Praga namorácheste dun tellado de lata, contas no post máis arriba, espero que non sexa unha metáfora... ¿o tellado de lata? Quero dicir... Ben, cantos recordos... E moitos máis que contarás cando chegues os meus anos. Que así sexa.

    Moitos bicos de esta amiga que tes aquí a veira do Lérez. De qui a logo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.