www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 15 de setembro de 2011

NA PAZ INFINITA

Mans que tanto coidei e aloumiñei
nos derradeiros días das nosas horas xuntos.
Cabelo que peitei con agarimo
como facía de nena e ti tanto adorabas.
Tua face, lua chea dun martes e trece
de setembro, acadou a calma e a
transparencia da tua alma bondadosa.
Aos teus ollos dun azul suave,
asomaban as palabras que non podías pronunciar.
A tua pel recobrou a fermosura dun corpo lozano,
aterido pola dor da supervivencia,
aguantando valiente a tempestade da angonía.
A tua boca conserva ainda a mueca da loita
polo soplo de vida que tanto tempo mantiveches.
O teu corazón, peza preciosa que te mantivo vivo
noventa e nove anos e nove meses.
Teu rendemento sereno, devólvete ao sosego
longamente esperado, pai querido,
porque te quixen moito e nunca tanto o souben
como nestes derradeiros días ao teu lado.
Quedei sen a vosa presenza no mesmo ano dous mil once
tres de xaneiro e trece de setembro.
Por fin, xuntos os dous novamente
repousades ún a carón do outro
para seguir adorándovos mentras viva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.