sábado, 17 de mayo de 2014

PAISAXES DE PRIMAVERA






Coa Noa no nacemento do Eo

A visita dunha amiga animóunos ás dúas percorrer un sendeiro que eu xa non frecuento porque está un pouco illado. Mágoa que cos anos nos fagamos un pouco mais vulnerables aos perigos imaxinarios. Non fai moito que eu o percorría a diario, unhas veces andando e outras na bicicleta. A ela sorprendéulle a paisaxe que se estendía ao longo do río con árbores autóctonos en abundancia e os contrastes de luz e sombra que se orixinaban ao ir caendo a tarde soleada. Abaixo, o río, poñía son a tanta fermosura deixándose levar mansamente con pequenas fervenzas que chamaban a atención pola blancura súbita en calquer desnivel. Ela fixo estas fotos co seu celular e logo envióumas ao meu, e do meu ao Facebook, onde vai case todo hoxe en día, e de alí ao blog. Exuberancia primaveral neste mes de maio que nos deixa días moi soleados e quentiños, que falta vai facendo e xa era hora e síntese que o bo tempo dura pouco e logo pasa e voltamos a estar no longo inverno outra vez. Por eso, é preciso vivir a tope esta efervescencia que nos brinda a natureza e fai que os días duren mais, que as horas rindan, que o día case non teña fin e que debemos acumular o máximo de canto se nos ofrece gratuitamente. Cargar as pilas, diríamos! O noso estado de ánimo nútrese da luz!

Por esa ruta vaise percorrendo A Marronda, zona moi visitada polos sendeiristas e que ten fragas ben abundantes de árbores do país moi variadas e unhas vistas espectaculares sobre aldeas medio abandonadas. Co río Eo por testigo, percorrendo as baixuras e discurrindo entre prados  e carballeiras e fervenzas e muiños....
A ela chamóulle a atención e non a min, que xa estou afeita a ver esto cada día. Por eso coido que é interesante amosalo e valoralo para que quen queira poda disfroitar do encanto destas paraxes a veira do Eo no seu curso alto, a poucos metros do seu nacemento.






6 comentarios:

  1. ¡Ola, Bea!!!

    Acabo de lerte e quedo maravillada de ese lugar que con razón e sabedoría tan belamente describes; e ademais envolves todo o contido do texto, en unha bonita prosa poética que lles da ese lugar tan precioso, un valor significativo que sen ningunha duda o ten.
    Que fermosa e -a natureza, esa arbore-da a par di río, dará o camiñante un soplo de aire fresco para seguir o camiño soñando desperto.
    ¡Xa me gustaría a min gozar do encanto desas paraxes xa! E se cadra aínda podo facerlles unha visita, o que pasa e que estamos lonxe, pero non perdo a esperanza de que, este verán... Logo falaremos é.

    Ben, pois por hoxe déixote e levo un rico sabor de boca por o encanto de saborear as túas letras. Sempre e un pracer inmenso. ¡Non acabo de entender como non entra máis xente! A un espazo tan acolledor e fermoso.

    ¡Xa me esquecía!....... estás preciosa nesa foto con-a túa mascota e as fotos da paisaxe lindas, falan do que ven.
    Gracias por compartir tanto e tan bonito.
    Un abrazo grande e se moi moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Marina, por deixar un comentario tan halagador. O blog veno outras persoas tamén ainda que non deixen comentarios. Pero, de que se alimenta un blog????? DOS COMENTARIOS!!!!!. Moitas apertas e que te pases por aquí en canto poidas.

    ResponderEliminar
  3. ¡Hola, Bea!!!

    Estou por aquí pero no vexo outro pos novo como me comentas por correo.

    Ou e que nos sei buscar?... Ti me dirás amiga.
    Un abrazo gran-dote, Bea. Ata loguiño.

    ResponderEliminar
  4. Hola Bea !!!

    Eso esta bien que entre unos y otros os animarse para camizar y conseguir hacerse una fotografía.

    Besos

    ResponderEliminar
  5. Grazas polo teu comentario que, por fin, entrou! Arranxados os problemas técnicos, Mónica. Apertas

    ResponderEliminar
  6. Gracias a ti, Bea por enseñarnos a las personas, magnificas historias, viajes y cultura

    Un abrazo prima

    ResponderEliminar