Polo outono da vida, vou camiñando,
Silandeiro o camiño, sen sobresaltos.
Ofreceme sosego, control nos pasos,
Lévame sen sentilo, nos seus abrazos,
Ofréceme sorpresas de cando en cando
Emocións e aventuras igual que antano
Nas súas cores me fundo e me deixo ir
Agardando tempos que están por vir
Soñando amenceres de luz e tibieza
Que me conviden con xentileza
A seguir a rutina que ofrece o día
Dende pola mañá ata a noitiña.
Silandeiro o camiño, sen sobresaltos.
Ofreceme sosego, control nos pasos,
Lévame sen sentilo, nos seus abrazos,
Ofréceme sorpresas de cando en cando
Emocións e aventuras igual que antano
Nas súas cores me fundo e me deixo ir
Agardando tempos que están por vir
Soñando amenceres de luz e tibieza
Que me conviden con xentileza
A seguir a rutina que ofrece o día
Dende pola mañá ata a noitiña.
Querida Bea:
ResponderEliminarPolo comentario último que me fixeches,deducín que aínda non sabes quén son así que identifícome:son Verónica,a túa ex-compañeira do Cádavo,coa que compartiches a programación das actividades complementarias e extraescolares o ano pasado;aínda estiven no cole comendo con vos hai un mes máis ou menos.Xa sabes quen son?moitas máis pistas non se me ocorren,aínda que se lembras,déchesme o kéfir e elaboramos un mural sobre o enterro da sardiña que era unha pasada.
Ahora que xa estás situada,simplemente darche as grazas pola tú poesía;a verdade é que quedo abraiada coma,dun momento e dunha imaxe pódense escribir palabras tan fermosas.
Oxalá me "contaxies" esa alegría e máis esa capacidade de narración tan estupenda.
Un bico.
Vero, non sei de onde ven este meu despiste crónico! Pero ten o seu engado, todo hai que decilo. Descoñecerte, por un momento, foi unha viaxe pola fantasía. Agora xa teño os pés na terra outra vez. Imaxinábate, primeiramente, un home, pois bordel, soábame a home. Logo, descubrín que eras unha muller. Polo das viaxes a Madrid, pensaba nunha muller da miña idade, filla de emigrantes galegos, que acostumaban a viaxar a Galiza no verán e polas vacacións para .... Todo iso, Vero.... A verdade é, que como digo no meu derradeiro escrito, a vida depárame sorpresas... e moitas delas só polo meu despiste.
ResponderEliminarEspero que te recuperaras ben da gripe e que xa esteas en boa forma para seguir facendo cousas tan fermosas como sei que fas.
Unha aperta
Hola Bea: agora mesmo levo presa, pero entrarei máis tarde. Solo quero abrazarte por ese poema tan fermoso. chauuuu asta goriña´.
ResponderEliminarOla Bea ,ea terceira quenda que intento entrar,e non son capaz.Escribia nas anteriores quendas que o Outono e unha boa Estazón ,a estazón da tranquilidade ,do reposo ,do seguire coa curiosidade de aprender de todo o positivo que teña o noso vivire e de manteñer a curiosidade do intelecto ,e polo tanto,gozar con iste feito tan fermoso de abrira aos demais e a un mesmo.Ista ilusión de istar vivos integramente,corpo i alma hasta o ultimo suspiro.
ResponderEliminarIsta Estación do Outono ,sosegada ila ,conforme ante a realidade da vida danos iste sosego e conformidade da vida e da morte ,que no fondo non deixa de ser unha boa filosofia equilabradora da nosa vida.
Apertas agarimosas
Non fae falta dicir(por si non sae ben) que son Soto
Agora si, xa estou un pouco máis relaxada: E sigo o que xa tiña empezado. En primeiro- lugar quero felicitarte por- esa poesía tan bonita. Alégrame que sintas ese sosego e control nos teus pasos, e tamén aventura coma antano. Ai que ver que sentires de contento... ata me contaxia a min un pouquiño- que boa falta me fai. E un gusto ler todo o- que escribes. Un biquiño para compartir cos teus país. Se feliz.
ResponderEliminarGrazas, Soto, por esa reflexión tan acertada que fas no teu comentario. Coido que compartimos esa mesma filosofía e atopámonos agusto nela, como o froito recollido dunha xa longa traxectoria de vida. Cando ollo ao meu pai de case 98 anos, penso que él ten a sabiduría última a que aspiramos os humáns. É é agora cando mellor nos comunicamos dende esa serenidade que cura todos os radicalismos polos que pasamos antes.
ResponderEliminarGrazas por achegarte a este rinconciño aportando o teu grán.
Unha aperta
Ola Marina, alégrome sempre de saber de tí, das tuas inquedanzas, das túas ilusións, dubidas, desexos... toda un océano hai en tí desexando comerse o mundo! Pois, por qué non? Só temos esta vida para facelo, Marina. Deixa que a auga vaia por onde lle marca o terreo! Disfroita moito!
ResponderEliminarUnha apertiña e que a miña ledicia se che contaxie porque tí eres un canto á vida!
Bea
hola
ResponderEliminarhola
ResponderEliminarOla, Bea
ResponderEliminarAntes os dous saúdos foron porque estaba con Vero facendo probas para poderche facer comentarios, pois intenteino varias veces e non fun capaz. Anímote a que sigas escribindo así de ben e de claro.
Unha aperta.
Bego
Vale, Bego, felicítote polo teu "tesón" para impoñerte ás barreiras tecnolóxicas. Eso ten moitísimo mérito e ademais, os teus intentos, aumentan o número de comentarios, o cal gratifica a vista cando se entra no blog!
ResponderEliminarÁnimo e moitos bicos.