Os panellets son uns doces típicos de Catalunya. Datan do S. XVIII e eran unha comida bendecida que se compartía despois das celebracións relixiosas en festividades como Todos os Santos o 1 de novembro.
Elabóranse a base de améndoa moída, boniato ou pataca, zucre e ovo. Adórnanse con piñóns, améndoa troceada, coco, café, semillas de liño.... e fornéanse un pouco.
Por estas datas, é bastante común atopalos nas docerías de todo o país.
Hai moitas receitas en internet para poder experimentar con estes pequenos doces. Din que os auténticos fanse con pataca e non con boniato. Algúns levan algo de fariña ainda que eu penso que non lles cae ben. Ao principio a masa sae demasiado mol como para poder traballala pero a medida que pasa o tempo endurece e xa se poden facer as boliñas, churros recheos con marmelo ou nescafé. Outros rebózanse nos piñóns, améndoa troceada, coco, noz picada....
Tanto o boniato como a pataca, mellor cocida ao vapor para que non colla demasiada auga. Logo sen a pel.
O zucre, ou ben se merca xa glaçé, ou se moe no muíño do café ata que quede feito pó.
En fin, pequenos trucos!
Ai! Bea, pero que cousa máis rica de doces... ai, ?pero ti que queres que nos poñamos reboliños? Se os collo por diante póñome morada coa pinta que teñen uhmmmmmmm!!!!! Sabes, polo que vexo gústache moito a cociña... a min tamén gusta pero xa estou cansa a estas alturas da miña vida, prefiro que mo poñan diante, anque non é así. Biquiños reiña. Dende Pontevedra que e boa Vila.
ResponderEliminarOla Marina,saboreadora, degustadora dos meus "melindres". Agradécese todo o que me dís. Agora habería que probalos. Non é ouro todo o que reloce! Pois un día poñémonos man na masa e verás como nos inspiramos. De todos modos a min tamén me gusta xa mais que mos den cociñados!
ResponderEliminarPor certo, non comentei a túa foto da praia solitaria, que convida a percorrela....As imaxes son benvidas ainda que as túas palabras valen mais ca mil imaxes!
Un biquiño
Ola Bea!Xa fai tempo que non che escribo nada pero ante tan fermosa e doce fotografía non me puiden resistir así que aquí me tes.A verdade é que as túas mensaxes son moi completas:ensinan gastronomía,artes culinarios e rasgos doutras culturas.Grazas porque,coas túas fermosas aportacións permites que os que te rodeamos aumentemos os nosos coñecementos e,por suposto,poidamos comunicarnos contigo deste xeito tan...especial.
ResponderEliminarUn bico e non cambies
Grazas de novo por asomarte a este humilde recuncho. Eres benvido e os teus comentarios animan a seguir ainda que co inverno se encollan un pouco as ideas e as ganas de facer algo diferente. De vez en cando é bó romper coa rutina e crear, imitar, improvisar, cociñar...e unha lista interminable de cousas que acaben en "ar".
ResponderEliminarPois xa sabes, non se come só coa vista, estás convidado!
Unha aperta