www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 30 de outubro de 2009

H A L L O W E E N


Esta celebración ten lugar o 31 de outubro. No mundo celta, siñificaba o fin de ano. Unha vez recollidos os froitos da terra para pasar o inverno, había que pensar nos que xa non vivían. Como eran unhas xentes moi relixiosas, creían no “mais alá”, no “retorno” dos seus mortos e querían agasallalos cos alimentos que eles recolleran e quentalos no seu fogar para que non pasasen frío nos camposantos. En moitas sociedades humanas, esta crencia é común. Convidar aos mortos a compartir cos vivos banquetes e celebracións. Era unha obriga para con eles. Do contrario sería esquecelos e eso podía traer mala sorte. Hoxe en día visitámolos nos cimeterios e levámoslles froles.
Esta tradicción foi levada polos irlandeses á América cando emigraron. Así que o noso Samahím, pasóu a convertirse no Halloween americano que, a súa vez, foinos devolto con ese novo nome e novas costumes.
Era habitual entre os celtas, encender antorchas dentro dos navos grandes, previamente valeirados. Logo chegaron as cabazas, e como éstas eran mais grandes, adoptoran facer o mesmo con elas.
O Halloween americano consiste en disfrazarse de personaxes que causan medo (meigas, pantasmas, vampiros, esqueletes......) e, sobre todo, os rapaces e rapazas, ir polas portas pedindo como facemos aquí no Entroido. “Trick or treat”, (truco ou trato) é a frase típica. Se os da casa contestan “trick”, pois gástanlles unha broma, se din “treat”, son agasallados con golosinas, cartos.....
Agora sácase proveito de todo! As tendas comercializan todo tipo de productos relacionados co Halloween. Mesmo a xente adulta participa e acude a festas de disfraces, sobre todo nas cidades e vilas grandes.
Na escola, esta celebración contemplase na clase de inglés e o libros xa traen incluída unha unidade didáctica con este tema do Halloween.
Pero sería bó non esquecernos dos nosos oríxens e voltar ao Samahim, que, por certo, xa empeza a ter peso e vai desplazando ao Halloween americano en todos aqueles sitios onde se toma concencia de sermos galegos e valorar as nosas propias tradiccións que son nosas con todo o seu siñificado, pois de aquí parece que saíron, de maneira sinxela, e agora temos que mercalas a bó prezo!

6 comentarios:

  1. Ola Bea, reíña do noso galego, claro que non podemos esquece-lo -o noso orixe. E darlles valor as nosas propias tradicións. Pero oes... que é o Samahin, que eu non o entendo, e nunca oín esta frase. Se non che é molesto explícame algo. Biquiños Bea e se feliz.

    ResponderEliminar
  2. Ai Bea, esquecíame dicirche que tes a mesa moi ben posta cheíña de cabazas con as caras de calabreas, ai xesús que medo me daban cando eu era meniña. Outro biquiño pa os teus pais. E pa ti tamén

    ResponderEliminar
  3. Ola Mariña, grazas por ese piropo! É todo un honor para min!
    Pois o Samaín, parece que era unha das catro celebracións celtas ao longo do ano. Ésta coincidia co final de ano, cando se daba comezo ao inverno, que tanto te entristece, pois a eles tamén, polo que se ve. Querían celebrar o final da temporada de recolleita dos froitos e agasallar con eles aos seus seres difuntos, convidalos a compartir os seus bens e quentarse nos seus lares para evitar que pasaran un frio inverno en soedá. Xa ves, a vida ten os seus ciclos naturais e temos que aceptalos como veñen, tomando o mellor que nos ofrecen.
    As cabazas foron elaboradas por alumn@s da miña escola. Na escuridade, e coa candea prendida, xa dan algo de medo, eh!
    Espero que che aclarara algo. Logo, o Samaín, digamos que se levóu a América, vía emigrantes irlandeses, e co tempo, deu lugar ao Halloween anglosaxón.
    Unha aperta Marina.

    ResponderEliminar
  4. Ola Bea.Son Bego.Anímote a que continúes escribindo así de claro e ben.Tesme abraiada pola túa capacidade de traballo.Non cambies.

    ResponderEliminar
  5. Ola Bego! Que agradable sorpresa sorprenderte neste blog! Grazas por animarme. Pois tendo xente así arredor cómo non ía traballar! É todo un pracer! A vida consiste en rodearse de praceres, aínda que os panallets...eta volta non saíran a pedir de boca pero salirán por aquí tamén porque a presenza, cando menos, non está mal.
    Biquiños e grazas por visitarme!

    ResponderEliminar
  6. Não, não. Eu admito comentários sim,
    principalmente se vier de você. Por
    favor não pare de falar comigo. Eu
    até de dou um beijo se você continuar
    falando.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.