Votaba de menos aqueles tempos nos que a elaboración do pan era todo un proceso que ocupaba boa parte do ano. Preparar a terra, sembrar, ver medrar e mecerse co vento como as ondas do mar. Logo a seitura, a malla….o amasado na artesa, preparar o forno coa leña que se recollía para tal fin, e logo ver saír aqueles pans redondos, inundando todo co seu cheiro a pan recien feito. Sabíase quén cocera na aldea, so polo arrecendo. Era case unha festa. Ocupaba o día enteiro. As empanadas, as bolas, os boliños para os mais pequenos….
Facer o pan na casa, amasar coas propias mans e obter unhos resultados tan placenteiros, vale a pena ainda que non sexa como antes.
A miña versión é un pan de molde, de semillas, integral. Un pan que vai cos novos tempos. E co pan tamén as empanadas, con novos ingredientes, percurando sabores que nada teñen que ver cos da empanada tradicional que se facía no interior de Galicia.
O importante é recuperar o pasado, enriquecido co presente e sobre todo, sentir o placer de amasar. Un relaxante natural para combatir o estrese e demorar mentras se espera a que o particular arrecendo impregne cada rincón da nosa casa.
Outra cousa é a degustación: unha rebanada aínda quente, con mermelada caseira e queixo fresco…por non dispor daquela manteiga que se facía, cun pouco zucre por riba.
Hai sabores e olores que se perden no tempo e todo o mundo moderno dos supermercados non poden imitalos nin recuperalos.
Ahí queda eso!
Ola Bea:
ResponderEliminarFilliña a min estáseme facendo auga na boca! Con esa rebanda de pan quente, con mermelada e queixo fresco! Hai como me poñería se o collo por diante xesús meu deus. e- a empanada... xa mellor calo, pois paréceme que estou saboreando todo iso. Que recordos inesquecibles para min tamén. Anque teño unha sobriña que aínda amasa unha artesa de pan de millo con centeo para vender iso si, e tamén para regalar e fai empanada da mesma masa- que sebe que ten a rabia. E moi bo non perder a tradición e oficios do pasado. Anque a vida vaia avanzando a pasos xigantescos. Precioso post Bea. Biquiños... Moitos
Grazas Marina, por ser tan boa degustadora dos praceres que nos brinda a vida! Degustadora de momentos, que fas teus e nolos trasmites tal cal! Graciñas por esa habilidade tan fundamental para saber vivir e non arrepentirse nunca de ter vivido!
ResponderEliminarOutros San Froilán virán e prométoche comer do meu pan!
Bicos e apertas para unha lerezana con soleira!