www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 20 de outubro de 2009

COGUMELOS E OUTRAS DELICATESEN







Acabouse o verán e van chegando as chuvias do outono. Con elas, os cogumelos, as castañas, as mazans, noces, aveláns... Chega a recolección silvestre, os percorridos por soutos e camiños de carro ( a punto de desaparecer xa), e a veira deles ainda quedan os pomares de mazáns do país con toda a súa gama de sabores. Os cogumelos son sempre unha sorpresa no meio do camiño ou do souto. Encóntranse por casualidade e se os collemos no seu momento son todo un luxo que a natureza nos ofrece, as súas formas, cores, olores e sabores.... innundan o outono dun perfume característico que nos envolve e nos funde coa nai terra. Preparados coa navalliña para cortalos debidamente e limpalos in situ, para que non se nos vaian para sempre, e transportalos do mellor xeito ata chegar á casa onde o proceso de limpalos e preparalos para logo degustalos é todo un ritual. Cousa de meigas ou bruxos! E despois de inxirir tan preciados manxares, sorprendémonos de estarmos vivos ao día seguinte para seguir buscando mais cogumelos. Cada estación ou etapa do ano ten os seus engados. A veces penso que seguimos sendo recolectores como aqueles que nos precederon no tempo fai millóns de anos. Ese espíritu aventureiro de subsistir co que nos ofrece a natureza forma parte de nós. Nono perdamos! Vale a pena!

4 comentarios:

  1. Hai Bea, que pinta teñen ese cogomelos sobro- a bandexa ou- prato, estáseme abrindo un apetito que non vexas. Menos mal que xa teño a miña tortiña feita que senón proviña de mín.. Eu preparo este manxar, nunha cazarola encebolados cun chorriño de viño branco e xa saben de ledicia, pero tamén os poño con arroz, ou espaguete. E serven de releno para facer c como ti os presentas, de calquera xeito están boísimos. poderíamos vivir sen comer carne solo con tantos productos naturais e variados que nos da a nosa terra. estou segura que teriamos máis saúde. Biquiños moitos. !gústame tanto o que escribes! que non podo pasar sen lerte.

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea,voume presentar:Son pepe de pontevedra e moi amigo de Marina Filgueira,si non entro no teu Blog son home morto.Si ,entrei,e voume quedare porque escribes moi ben e moi naturai...¿que mais se lle pode pedir a unha persoa que lleguste facelo.Leedote ,vexemo por esos rueiros da miña infancia,correndo e xogando co que agora desprezamos.de verdade ,escribes como seguramente falas,escribes moi facil,moi comprensivo e con moito(pareceme a min)agarimo pola natureza,dende logo e de donde vimos.
    Con respecto aos cogumelos...ahi non che podo acompañar a comelos ,,,por culpa si morrro(ja,ja,ja)sempre oin que os podia haber venenosos,,e enton sempre os recheitei.
    valoro e animo a quen os saiba escoller que o faga pois e moi fermoso esa recoleita,vexo a xente que lle gusta que o fae con verdadeira paixón ,,!pois adiante!.
    unpracer enrar no teu Blog ,intentarei entrar dunha forma continua..intentarei..vou entar con nome Soto,como entro na maioria deles.
    Saude e apertas agarimosas

    ResponderEliminar
  3. Grazas Marina, de novo, por entrares na miña cociña. Lembra que unha vez fixéchelo de verdade! Pois os pasteliños que ves na bandexa improvisada son "paniños de cabelo de anxo" rematados con coco. Púxenos cos cogumelos porque esa mesma tarde andiven a voltas coas dúas cousas. Como ben dís, os cogumelos son moi agradecidos e con pouco, estan mais que deliciosos. Así que xa sabes, cando non teñas que facer, vente e recollémolos xuntas!
    Unha apertiña ben forte. Bó outono polo Lérez!

    ResponderEliminar
  4. Eres benvido, Soto, como amigo das leriasdebea. Sendo amigo de Marina, xa está todo dito!
    Agrádame saber que che gusta o que escribo. A veces pode dar a impresión de que son unha nostálxica e de que aquelo de "calquer tempo pasado foi mellor" caime como anel ao dedo. Non quixera caer neso pois algunhas cousas de agora son moi interesantes e necesarias ainda que ben distintas. Aquí estamos experimentando unha nova paisaxe creada artificialmente para asentar un aparcelamento. Será por eso que, ver desaparecer camiños, soutos, carballeiras e ver tanta árbore mutilada apilada nos bordes das novas pistas.... non me fai pinta de graza pero tamén vexo que se fai un saneamento, unha limpeza que tal vez fixera algo de falta. Dende logo, cargáronse a vella paisaxe e sinto esa mutilación. Onde vou coller moras no futuro? Menos mal que as silvas danse ben na nosa terra!
    Saudiños e grazas polo teu comentario, Soto.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.