Namorarse dun coche é como namorarse dunha persóa. Todo acontece dun xeito inesperado.
Un día, unha parella de sendeiristas que decidiron perderse pola Marronda, deixaron o seu coche aparcado xunto a miña casa. O primeiro que me chamóu a atención foi a sua cor, seguida da súa forma, elegante aos meus ollos, con un certo ár de aventureiro....
Como me andaba a mosca tras da orella nesto de cambiar de coche, empecéi a pensar que éste sería o meu número catro e tal vez, con un pouco de sorte, o último. Igual que no amor.
Busqueino polos concesionarios e dixéronme que éste xa non, que saíra outro modelo mais novo e tal vez mais elegante, se cabe. A verdade é que o que me amosaron non desdice nada da idea que eu me formara. É, sin dúbida, moito mais atraínte. E así empezo coa miña interminable indecisión de querer mercar un coche que sustitúa ao que teño dende fai unha longa ducia de anos e co que estou aínda nunha moi saúdabel relación. Pero, dado o momento "histórico" mediatizado, da compra de coches... non sei a quén facer caso. Cada ún fala da feira cómo lle foi nela!. Cada persoa me dí que esta, aquela, a outra marca é a mellor... e eu, comodamente, eso sí, sin molestarme en ir de concesionarios, paso algunhas horas vendo coches en internet, pedindo prezos, vendoos de lado, de frente, por dentro e por fora, lendo as interminables listas de características, que todas me parecen o mesmo....e navego nun mar de dúbidas, do que non entende nada no tema. Acabo por non me saber a lección e cos ollos aínda vendados polo feitizo daquel que espertou en min tal paixón lanzo ao ár esta leria, co ánimo de que alguén entendido na materia me diga que tal namoramento ten ou non ten razón de ser.
Caramba Bea,a verdade é que co teu último escrito quedei abraiada.É incríble como podes,cunha imaxe e un sentimento,elaborar esa narración;oxalá tivera eu esa capacidade.
ResponderEliminarE xa que o tema versa sobre os coches e a súa personificación,direiche que estou totalmente a favor da túa comparación sobre o amor cara un coche ou unha persoa.Por qué?pois pola sinxela razón de que eu experimentei ese mesmo sentimento cando era pequena:contaba con 4 anos e lembro que meus pais mercaron un Renault 9 branco diesel-turbo.Aquel coche sí que me gustaba,era acolledor,permitíame tumbarme enteira nos asentos de detrás e,o mellor de todo,LEVÁVAME a unha terra que eu tanto quero:GALICIA.Nél pasei moitas horas de viaxe,viaxes longos e ás veces complicados pero inesquecibles polos momentos tan bos que me fixo pasar e polas paisaxes que,grazas a él,puiden coñecer.Nunca esquecerei a tristura que tiña cando volvíamos cara Castela porque vía o cochiño coa parte de detrás case tocando o chan do cargado que ía:patacas,carne,cebolas...eu poñíame a chorar e dicíalle a meu pai que deixara algo,que así íase cansar e nunca máis nos volvería traer a Galicia...qué inocente é un cando é pequeno...Pero aínda así,xa sei que é unha tontería,pero lembro con moito agarimo eses momentos.
Cando chegou a hora de vender o coche unha bágoa de lágrimas encheron o meu rostro:foi o meu compañeiro de fatigas,nel cantei,dormín,chorei,desfrutei,coñecín novos lugares,compartín experiencias...
Certo é que tes que cambiar o coche,pero ainda que esto ocorra,non esquezas todo o que pasaches con él.
Alégrome moito de atopar unha persoa á cal poder contarlle todas estas cousas xa que pensa coma mín.
Motias grazas Bea.
Grazas polo teu comentario que tamén me deixóu a min abraiada! Primeiro, porque descubrín que eres muller, (con esas iniciais....cómo se pode adiviñar?) Logo, pola experencia vivida a carón de coche na túa infancia, como tant@s galeg@s que tiveron que emigrar (non sei se foi o teu caso)e a emoción de voltar á terra para verse cos séus, para compartir os froitos da terra e levar con eles o sabor do noso, imposible de igualar fora de aquí!
ResponderEliminarOs coches, cómo non, forman parte da nosa existencia e pasamos boa parte da nosa vida dentro deles. Cando viaxamos, van aflorando pensamentos, cavilacións.... que nos levan moitas veces á solución de problemas cotiáns. Tamén é unha oportunidade para conversar con alguén, para escoitar música que nos transporta a concertos aos que non podemos asistir...e mentras viaxamos, degustamos o que nos rodea, coñecemos mundo, vemos cousas novas que nos chaman a atención....Cómo non iámos tratar o coche case como se trata a un namorado!
Grazas, amiga, a tí tamén por comprender e compartir.
Agradezo o teu comentario e anímome a escribir dun "tornillo" (redacción que nunca esqueceréi e que me pediron nos meus primeiros anos de escola). Secadra era unha bóa mestra!!!!
Unha aperta.
Ola Vea:
ResponderEliminar¿Como estás? non ,non me olvidei de entrar no teu Blog ,estes dias costoume entrar nos Blog habituales,xa que andiven cun virus gastrico e despois tiven unha gripe.
Gustoume moito o teu Post ;ten razón Bvordel canda sinala que dun tema como o da compra do cohe que pode parecer trival,sacas "ouro".
Eu ,por motivos profesionais e por a familia, tiven coche pero agora que estou xubilado si podo evitar ir no che o fago e vou no tren gozando un montón nos viaxes e en tranquilidade.cando tiven que cambear de cohe non me rompin os meolos,sempre preguntei a alguén de confianza e a nadie mais e acontinuación comprei o cohe ,e sempre me foi ben ;non te rompas moito a cabeza ,mais ou menos todos veñen sendo iguales,dacordo que uns son millores ca outro e custan mais .Eu ,sempre me fun a un cohe medio e xa está,pero de romperme a cahola !nada!.
Da gusto ler o teu Blog,a ver si poido entrar mas a miudo como che prometin.
Apertas agarimosas
Ola Soto, agradezo os teus cumplidos sobre o meu escribir. A min paréceme que non é para tanto pero se os que os ledes opinades así, terei que seguir sacando "ouro" en plena "crise" pois teño comprobado que nos momentos menos álxidos a creatividade aflora e fai marabillas. A superabundancia non é o mellor para esprimir o miolo.
ResponderEliminarTocante aos coches, fágoche caso. Xa tomei a miña determinación ao respecto. Hai que disfroitar o momento e non romperse a cabeza con nada. Logo, xa virán tempos nos que o tren, o autobús... nos leven sen ter que preocuparnos por nada. É así de sinxelo. Sempre á medida das nosas posibilidades.
Pois graciñas por entrar no meu blog de novo e por deixarme o teu parecer, que eu sempre aprezo ben.
Un agarimoso saúdo.
Ai Bea mira que deixárenche es coche na porta da túa casa... mira para celarse o teu cochiño, menos mal que el non o soubo que andabas na procura de outro para a súa retirada. Mulleriña fixeches moi ben non darlles ese mal momento de tristura o proviño co que che debe querer tamén a ti. Gústame este post. Un biquiño.
ResponderEliminarVaia, Marina, o teu mellor comentario e ahí quedaba atrás, sin velo... porque o escribiches dende que pasara de post... e.... cousas da vida!
ResponderEliminarXa me quedan poucos días co meu compañeiriño de fai unha ducia de anos. Ben que o sinto despedirme del, xusto no día da lotería! Se me toca o gordo, quédome con él, xa ves, téñolle moito agarimo! O novo, dame medo, pero gústame bastante.
Grazas por este comentario tan retranqueiro, eh!
Vese que non perdes baza!
Unha aperta e a ver se te perdes por aquí.