www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 8 de setembro de 2009

A CASA DE BRAÑAS

Hai unha casa en Fonteo
toda vella e afumada,
cunha escaleira por fora
e coa porta ben pechada.
Ten ao pé unha figueira
que dá figos cada ano
e tamén ten unha horta
que ainda chora polo amo.
Esquecida alá nun curro
a cociña da lareira
durme entre das cinzas mortas
Xa non ruxe a garmalleira.
Estarán alí ainda
o vello escano e a artesa.
a lacena do touciño,
o pataqueiro e a mesa.

5 comentarios:

  1. !Ay! Bea, que poesía máis bonita e ademáis e verdade, que as casiñas dos pequenos pobos quedan esquecidas e valdeiras de xente. Gracias a ti por darlles vida con ese poema. Un bico Marina

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina,
    É unha mágoa pero esta casa xa non existe mais. Foi destruída para modificar a estrada que a pillóu descoidada... Aínda vexo as súas escaleiras desgastadas e o fume da lareira saíndo pola porta de postigo. Alí sabíame o caldo a groria, e o queixo callado antes de ser queixo, e as empanadas no forno de leña....
    Alégrome de que che guste. Foi escrita fai moitísimos anos, cando me adicaba a escribir. Secadra vounas deixando caer por aquí como quen non quere a cousa...
    Bicos e grazas de novo por seguir os meus primeiros pasos como bloger.

    ResponderEliminar
  3. Bea non deixes de escribir poemas deixa caer todo o teñas feito e tamén e máis a donde a tua imaxinación te leve. Un bico grande.

    ResponderEliminar
  4. Ola Bea.
    Xa tes unha nova seguidora-lectora do teu blog:son Verónica,a túa ex-compañeira no cádavo.Ainda que son castelá,viches qué ben escribo en galego?estou abraiada...
    Pois...ao que ía.Sorprendéronme moito as túas poesías,a verdade é que non coñecía esta faceta túa pero ENCÁNTAME.
    Espero que sigas escribindo así de ben.
    Un bico

    ResponderEliminar
  5. Ola Vero,
    Pois sí que escribes ben en galego! Graciñas por entrar a curiosear no meu blog.
    Hoxe trouxen ao cole, a miña versión das túas cocadas. Nin parecidas! Vounas poñer no blog, de todos modos, xa que parece que non estaban de todo mal.
    Unha apertiña

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.