www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 16 de setembro de 2009

Flores de mil cores


Se alguén che preguntara: ¿cál é a túa flor preferida? estou segura que un bó tanto por cento obtaría por algún tipo de rosa. A min gústanme as rosas, pero non diría que fosen as preferidas entre tantas e tantas variedades. Sería moi difícil decidirse por algúnha en especial. Cando creas un perfíl, as preguntas típicas son: libros, música, películas favoritas.... e a min resúltame tan difícil decantarme por algo en concreto que teño que deixar o espazo en branco ou especificar que non teño favoritos. O mesmo me sucede coas flores. Éstas, da foto, vulgarmente coñecidas aquí por "marabillas", sempre me chamaron a atención pola súa cor tan viva e alegre e por un arrecendo moi particular. Pola súa forma de medrar en equipe e de reproducirse ata invadir o lugar a rás de chán.






As petunias, como flores de temporada, nunca poden faltar no verán se queres alegrar unha ventana, un rincón do xardín ou do balcón. Lástima que sexan tan perecedeiras porque a mín gustaríame ter petunias en flor todo o ano! Penso que son unha terapia contra a depresión ou melanconía. Penduradas dende o alto, deixan o seu peiteado de mozas novas e alegres, esparexido como o cabelo dunha serea mariña ao sol.










2 comentarios:

  1. Ola Bea: pois xa temos algo en común, a min tamén me gustan as petunias. teño un pequeno pórche e está cheíño de macetas con esas plantas de variados cores, ata- aquí tiveron moita flor pero agora xa van escaseando, tamén teño algunha roseira que da moitas rosas todo o ano. Son eu unha namorada da natureza. Un bico e un bravo polo teu post.

    ResponderEliminar
  2. Se non fose por tí.....apagaría o blog! Daríalle vacacións!
    Sí que coincidimos en moitas cousas! A quén non lle gusten as petunias que levante a man!
    Eu procuro estirarlles a vida a estas floriñas pero xa ven o inverno e con él as cores van durmir e descansar do traballo que fixeron toda a primavera e verán xuntos para voltar con forza no ano seguinte.
    Ao irense as flores, entramos no "monocor".
    Unha aperta ben grande e a ver se ves ao San Froilán de Lugo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.