www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 13 de setembro de 2009

ROTEIRO POLO COUREL







De Valdomir a Seoane do Courel, 14 kilómetros seguindo o río Lor pero en dirección contraria ao seu cauce, pasando por carreiros de a ún, baixo as frondosas que nos protexían do sol, unhas 80 persoas faciamos un cordel colorido naquela verde masa que nos servía de fondo. Situada nunha "gap" do cordel, conseguín andar sola, en compañía. Eramos a natureza e eu, naquela multitude, estirada, abrazando a ladeira da montaña, sentindo o río e as pequenas fervenzas que éste formaba a veces. As moras ofrecíanse doces e impolutas, en estado puro, agasallo natural a meia mañá facendo as veces das "once". As arandeiras non tiñan un só arando e os ourizos xa empezaban a tentar con un outono xeneroso asomándo pola súa cor amarela de finais de verán.




Arrecendía a menta e a flor de úz no seu estado mais doce e embriagador. Todo parecía estar maduro con este calor de setembro seco. Nen un lagarto que suscitase un súbito berro, nin outro animal que perturvase a nosa marcha, fomos chegando ún a ún ao lugar de destino onde nos agardaba unha xerra ben fría de cervexa e un descanso merecido. O xantar non se fixo esperar e a empanada de verdura toda unha revelación culinaria.




Aínda coas montañas ao fondo, fixemos do xantar unha festa, alí en Seoane, onde a comida forma parte da natureza e as estacións marcan o menú de cada época do ano.




Non volo perdades!

3 comentarios:

  1. Ola, hai Bea esa paisaxe alimenta a mirada, ben.... e a empanada xa ummmmmm que boa ten que estar, dáme envexa vela aí e non poder meterlles o dente. Que bonito e- o outono coa follaxe de colores variados, sendo diferente non lles envexa nada a primavera. En hora boa, describes todos eses recunchos vividos que xa máis esquecen, de forma natural precisa e preciosa que se parece a o que eu tamén vivín. Felicidades por ese post que invita ao visitante a pararse a ler e- a ollar esas paraxes. Biquiños Bea, es un sol cálido- en este outono. Chauuuuuu

    ResponderEliminar
  2. Tí sí que eres un sol cálido que da calor coas súas palabras de ánimo e parabéns a todo o que eu fago moi humildemente, sen mais, como o transcurrir do camiño.
    Gustaríame que poideras compartir estas andanzas por terras de Lugo. Se estiveramos mais perto! Seguro que teríamos para contar! Pero tí tamén fas camiños e andares e xa estou esperando algo teu para che comentar.
    Graciñas Marina ( se poidera, chamaríache Mariña, gústame!
    A empanada era de acelgas con chourizo e panceta. Estaba boísima. Supoño que se pode facer de grelos tamén. A experimentar!
    Unha aperta ben forte.

    ResponderEliminar
  3. Claro que podes chamarme Mariña que a verdade e así en galego. Ai Bea a min si que gustaría vivir cerca de ti, nesa paisaxe sen ruídos nin presas escoitar pola mañá cediño- o cantar dos paxariños... !do cuco! e pola noite o cantar dos griliños. boto iso de menos, esa calma que da sosego a alma. aquí parece que andamos correndo sempre con presa. Ah!! A empanada a min gústame de todo. cómoa na cabeza dun tiñoso como se dicía antes, e agora tamén. Biquiños.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.