www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 9 de setembro de 2009

Bárbara & Xoán



O día quince de agosto

deste ano dous mil sete

nunha aldeíña de Lugo

vai haber un gran banquete.

Neste lugar de Fonteo,

ben chamado Pividal,

celébrase unha comida

na que hai tarta nupcial.

Presentarei ós contraíntes,

de pouco is de vinte anos

que teñen no seu haber

sendos tíduos universitarios.

Bárbara se chama ela,

brasileira e italiana

e por se esto fora pouco,

dinamarquesa e alemana.

Xoán en tres ou catro idiomas,

leva nome itinerante

e ten tres nacionalidades

por facerse o interesante.

Coñecéronse en Braga

pero non pensedes mal

que él usa calzoncillos

e ésto foi en Portugal.

A todos aquí presentes

queremos felicitar

por facer que esta festiña

sexa tan internacional.

E non vos roubo mais tempo

que tedes que disfroitar

coa cervexa irlandesa

que vos preparóu o Xoán.

Coidadiño coa queimada

e cos diversos licores

que loguiño de catalos

empezan os sinsabores.

E se queredes mais festa

dentro dun ano en Brasil

celébranse as tornas bodas

para os que queirades ir.

3 comentarios:

  1. Ola Bea, o teu blog vai vento en popa e a toda vela. Vaia parella Bárbara e Xoán, son ben intelixentes os dous, faime gracia poren seren nin de aquí nin dala, son de todo o mundo, moita felicidade por eles e por ti, por expoñer a ceremuña ou acontecemento, que debeu estar moi ben. Que se non me engano foi xa no 2007. Pois xa me despido ata outro día. Adiante que ten toda –a pinta de marchar sobro rodas. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Mariniña.... se non fose por tí....as aneis pinpineantes quedarían a repenicar ata a árbore de Nadal. Pero vexo que me animas e que sabes un montón das miñas cousas.... Non sei que paxariños desa pereira che estarán cantando o pio pio...
    Unha aperta e ata que nos deleites con novas fresquiñas, recien exprimidas desa imaxinación túa que é como a fonte do Eo, abundante, xenerosa e rica en tódalas sales minerais....
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Bea, estou segura de que ti tes moita máis imaxinación que eu filliña, pore estar mellor preparada e tamén seres máis xove, pero moito máis. Ben...xa falaremos outro día. Biquiños e que sexaz moi feliz. A diante moza.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.