www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 24 de setembro de 2009

TIC-TOC




TIC TOC

Estou aquí, esperando.

Nada novo.

Que algo cambie o rumbo.

Que as noites

Teñan ás e me leven lonxe.

Ós concertos.

A bailar catro horas seguidas.

Ás películas.

Aos amigos que fun deixando.

Ao descoñecido.

A que o Skype me chisque un ollo.

Ás mensaxes.

Que algo cambie por un instante.

A monotonía



4 comentarios:

  1. Ola Bea: poro haber que e que ti queres muller, acaso embarcarte nese Tic – Tac. Ti non ves que xa se foi o fondo? xa virán barcos novos don vas encontrar todo iso que escribes. Isto tarda bastante en que alguén o vexa e entre, eu xa cho- din a coñecer a alguén e sei que o leron pero din que non son capaces de entrar pa deixar unha mensaxe, non podo saber a que se debe. De todos os xeitos estate tranquila porque o meu estivo meses, meses si entrar ninguén. logo empezaron a entrar e hasta entraron de Brasil e alguén de México e de Varios puntos de España. hai tempadas que entran poucos ou as veces nada. Trata de entrar en algún outro blog. Eí vai unha dirección. En Google escribes, La tertulia del café, das lle o buscar e xa o tes, e moi agradable, comentas o que che parece aportas entras nas conversas dos outros contertulios. Pon o teu nome completo. E pa empezar pregúntalle si podes tomar un cortado pa despexar dun mal sono. eu tamén entro algunhas veces, e paso un rato agradable. estou segura que es ben recibida. e sempre terás a vantaxe de que coñezan o teu blog. un abrazo grande

    ResponderEliminar
  2. Grazas Mariniña,
    Eres simpática no teu comentario. Non ves que eu non busco só audiencia? E cómo dís que ese xa se foi ao fondo? Acaso pensas que é o Titanic? Ja, ja,ja...O que eu busco nese poema é a libertade de poder facer cousas, de seguir o meu rumbo, fermosamente, como ese barco que ves na foto, con esa cor tan chamativa, con esa proa que rompe o mar en dous, con ese ímpetu, como o que tí tes!
    Encántame lerte e eres sempre moi ben recibida, miña particular comentarista.
    Unha apertiña.

    ResponderEliminar
  3. Oes Bea, e cando e... o ¿San froilán? Pois o- mellor, igual che aparezo por- aí. por certo que fun unha vez o dúas a comeremos o polbo co patacas, aínda teño o sabor na boca. estaba boísimo. pois deséxoche esa liberdade- e teño entendido que ti es unha persoa moi ben preparada para coller ese barco e seguir o rumbo que ti desexes. Unha aperta agarimosa Mariña.

    ResponderEliminar
  4. Anímate a vir por Lugo. O San Froilán comeza o día 5 de outubro pero xa empezóu. Acaba o día 12.
    Avísame e así podemos vernos.
    Graciñas polo que me dís.
    Quén poidera coller ese barco!
    Ata moi loguiño.
    Apertas.
    Bea

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.