www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 16 de setembro de 2009

Flores de mil cores (continuación)

As capuchinas, semellan flores orientais. O seu recendo penetrante convida a embotellalo para embriagarse con él cando non están. Son flores de humidais e mesmo medran abundantemente ao borde dunha cuneta, se lles caéu ben o terreo. Poden formar enredados que invaden todo ao seu paso dunha gama de laranxas intensos, amarelos e mesmo bermellos. Teñen o poder das cores orientais. Lástima que eu non consiga esas vistas! Todo máis que logre que unha ou dúas se queden para lembrarme da súa fermosa existencia.

2 comentarios:

  1. Que cores preciosas teñen capuchinas! Tamén as ai por aquí en algunhas cuneta das carretaras ou na veira dun camiño, as veces aparecen cores azuis e brancas e tamén coma a que ti presentas... son ben bonitas pero non se dan nas macetas. Biquiños. se feliz.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marina,
    Gracias por votar unha ollada a estas flores do meu xardín.
    As capuchinas penso que só teñen esta cor, medio amarela, medio alaranxada, pero azuis nonas teño visto. Os pensamentos sí que teñen esas outras cores pero as capuchinas penso que non. De todos modos, sempre hai rarezas.
    Este verán atopei "tróqueles brancos" (dedaleras, en castelán),cando os que abundan son os fucsia. Pero eu ía pensando e atopar algún branco, e a natureza non me defraudóu!
    Saudiños, unha aperta.
    Bea

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.