www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 25 de decembro de 2009

FELIZ ANO / HAPPY NEW YEAR



Chega,unha vez mais, o final de un ano (segundo as nosas medicións, claro), e con él, o repaso do historial vivido ao longo dél. Facemos o balance das cousas boas que nos aconteceron e tamén das menos boas. Serve de refleixón, de peche de contas, e nalgúns casos, de "borrón e conta nova". Atrás deixamos horas de traballo, momentos de lecer, algunhas penas, alegrías breves, proxectos....e preparámonos para comenzar algo novo, cos mellores propósitos que logo se van esquecendo á medida que o tempo pasa. Pero estrear ano, como estrear coche (ou calqueira outra cousa) sitúanos no camiño correcto para mellorar e corrixir erros do pasado. Danos unha oportunidade para non repetirnos, polo menos naquelas cousas que non fixemos ben de todo.
Estrear ano, danos tamén a oportunidade de "mimar" a este neno pequeno, que comenza os seus pasos. Sentímonos mais responsables e por eso facemos propósitos. Ogallá que ese ímpetu nos dure e poidamos levar a cabo todo aquelo que desexamos e coidamos que é o mais axeitado para mellorar e sentirnos mais contentos no noso vivir.
FELIZ ANO A TODO O MUNDO!
HAPPY NEW YEAR TO EVERYBODY!
AUGURI A TUTI IL MONDO!
BON ANE A TOUT LE MONDE!

7 comentarios:

  1. Ola Bea: Feliz 2010, que todos os teus soños se vsxan cumpridos. Un brazo grande- grande. Marina.

    ResponderEliminar
  2. Igualmente, Marina, que o ano que empeza marque unha nova etapa na nosa vida chea de ilusións, esperanza e renovación.
    Unha aperta moi grande para tí e a túa familia.
    FELIZ ANO NOVO!

    ResponderEliminar
  3. Ola Bea.
    Con todos os meus bos desexos, espero que tí tamén goces dun novo ano cheo de alegría, felcididade e novos proxectos por acadar.
    Un bico moi forte e grazas por nos agasallar con esas imaxes tan fermosas.

    ResponderEliminar
  4. Ola Vero, (e esta vez sen dúbidas!) Grazas polos teus desexos e tamén para tí, que se cumplan todos os teus soños e proxectos e que poidamos ter a oportunidade de compartir algúns momentos, con doces ou sen eles, (mellor con).
    Ao final decidinme polo novo "namorado" e de momento non me arrepinto. Xa te levarei dar unha volta nél!
    Moita felicidade neste 2010.
    Unha aperta e grazas por entrar.
    Esta é a panxoliña inglesa que mais me gusta.
    Ata pronto.

    ResponderEliminar
  5. Ola, Bea
    Moitas grazas por agasallarnos coa panxoliña inglesa que, por certo, é moi fermosa e coas imaxes de nadal coas que adornaches o video.
    Efectivamente temos que mimar a este recén nado bebe-ano. Que ó longo destes doce meses medremos con él en amor, saúde, amizade, compañerismo, ilusión...
    Anímote, unha vez máis , a que continúes escribindo e deleitándonos coas túas magníficas palabras.
    2.010 bicos para ti
    Bego

    ResponderEliminar
  6. Ola Bego,
    É gratificante o teu comentario e, dende logo, anima a seguir cara adiante ca mellor cara, ja ja ja. Empezar o ano con ledicia de facer cousas cada vez mellores no que ti apuntas: amor, saúde, amizade, compañeirismo, ilusión....Así poderemos ter un final feliz como o dos contos de fadas no faiado!
    Unha apertiña e FELIZ ANO!

    ResponderEliminar
  7. Em 2009 já se esperava do ano seguinte
    que fosse o melhor de todos, mas hoje,
    2021, quando torcemos para o surgimento
    da vacina vamos pedir muito mais.
    Vamos pedir por abraço, por beijo, por
    dormir coladinho e outras coisas que
    antes eram tão banais.
    Um beijo e um abraço pra você, porque
    dormir, por ora eu não posso.(risos)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.