Como cada mañán, se o tempo o permite, salio a facer marcha nórdica, que veño practicando a diario dende fai alomenos quince anos e que consiste en axudarse cuns bastóns apropiados que van suxeitos ás mans e ao igual que no esquí de fondo, trabállanse os mesmos músculos, polo que é como esquiar sen neve.
Nesta época do ano, o que máis vexo ao meu paso son as xestas (Cytisus scoparius) empezando a florear e que teñen un aroma característico e sabor amargo. Ao seu lado, tamén algun toxo (Ulex europaeus), tenta facerlle a competencia pero nótase ben que escasean e que tenden a desaparecer. Xa non se ven toxeiras, que eran parcelas a toxos e que se recollían, xunto coas xestas para estrume do gando que logo fermentado nas cortes de antes, dentro das casas, serviría de abono para as leiras e sacábase en carros tirados por vacas, que cantaban ao seu paso, os carros, quero dicir, do carregados que ían. O cheiro do esterco mesmo era agradable, non como o purín de agora.

Estas que aquí se ven nesta foto son as xestas. O seu uso como vasoiras era ben coñecido antes de viren as escobas, xa non digamos as aspiradoras. Tanto varrían as brasas do forno do pan despois de roxalo tamén á base de leña de xesta e de uces (Erica escoparia), tamén chamada carroucha, carrasca, carpaza...que xunto coa xesta tamén se usaba en vasoiras, mesmo para varrer o gran de trigo ou centeo nas airas, cando se mallaba. E, como non podía ser menos, as meigas tiñan estas vasoiras como vehículo nos seus voos nocturnos.
O toxo, ten espiños e non permite moito xogo con él, pero sí se utilizaba tamén para roxar os fornos de cocer o pan alén de comida para cabalos despois de cortalo nun cabalete cunha coitela semellante á de decapitar. Non sei como podían comer os cabalos ese toxo cheo de espiños que a nós so con tocarnos xa nos deixaban doentes. Unha espiñadura de toxo había que tratala escaldando o dedo afectato nove veces en auga fervendo durante nove días?
Outra que non abonda moito xa, é a papoula, (Papaver rhoeas). Cada vez vense menos e máis pequenas. Antes había sitios ateigados delas. Sempre me gustaron moito estas flores. Alegran o campo. Ese contraste entre o vermello e o verde. Son moi perecedeiras. O vento fai delas bailarinas con delicado traxe de catro pétalos. Se encontras unha con cinco podes ter boa sorte!
Moito nos amosa a Natureza cando a vemos a diario, nos metemos nela, deixamos que nos entre polos sentidos, anque os meus, xa me van axudando menos, dende a pandemia, o olfato e o gusto desapareceron por arte do demo e non voltaron despois de máis de dez meses. Eso sí, trato de ir arrecendendo a menta silvestre, a xesta, a uz e todo aquilo que ten un aroma forte para que o meu cerebro se lembre. A ver se así!
E aquí deixo esta pequena experencia que aínda que todos os días se me presenta, sempre é algo diferente.
É privelexio de poucas/os saber aprezar a beleza coa que, todas as primaveras, nos agasalla a nai natureza. Ti, Beatriz, atópaste na mínia listaxe. Bicos mazariqueños van de camiño.
ResponderEliminarGrazas, amiga, por sermos acordes en tantas cousas. Do coñecemento ven o entendemento e a boa sintonía.
EliminarApertas baleiresas.
Este comentario foi eliminado polo autor.
EliminarHola Beatriz, un gozo el recorrer por esos ámbitos donde la naturaleza ahora nos presenta esa explosión de coloridos diversos y todos ellos, de un encanto que aviva los sentidos...
ResponderEliminarUn abrazo
Gracias, Dionisio por tu visita.
ResponderEliminarPor tus palabras bien hiladas para cada ocasión. También acabo de constatar en tu blog ese contagio que a tod@s nos coge por sorpresa y que es el esplendor de la fuerza de la madre naturaleza.
Un abrazo
Devia fazer mais caminhadas do que faço.
ResponderEliminarSou preguiçoso.
Os nos resultados
Eliminarhai que semialos!
Mi amiga Beatriz,
ResponderEliminarNo camino contigo con los pies en la tierra, sino con los ojos en las letras.
La naturaleza nos invita a hacer nuevos descubrimientos, pues de ella obtenemos flores, alimentos, animales, fenómenos meteorológicos, etc. Y alrededor de la naturaleza, los humanos disfrutamos de este hermoso viaje que es la vida.
Un abrazo y que tengas una buena semana.
Caminhar polas letras também é caminhar, amigo Dou.
EliminarAbraço
Saudables camiñatas que preservan a saúde física e mental. E non debe ser doado sempre sair ahí polo frío. Pero moito ánimo, sempre se pode sair no momento mais quente.
ResponderEliminarNa miña zona as carrouchas son unhas plantas pequeniñas, de poca altura e con flores violeta.Anque a cor mais abondosa non montes galegos é a amarela. Segue a disfrutar mentras poidas. A natureza é vida. Unha aperta.
Grazas pola túa aportación.
EliminarAqui, as carrouchas teñen flor lila, violeta ou branca pero nunca amarela, se nos estamos referindo ás uces.
Un saúdo
BEA
EliminarMe encantas
Suerte
Gracias, amiga Beatriz, por compartir tan hermoso paseo, pero sobre todo por lo mucho que nos cuentas, sobre la Madre Naturaleza, y lo agradecida y generosa que es, cuando se la cuida y respeta. Preciosa la narrativa que has utilizado, con algunas pinceladas que rezuman poesía.
ResponderEliminarTe pido disculpas por haber tardado en pasar por aquí, pero es que he aprovechado estos dos últimos meses, para hacer algunos reportajes por los pueblos antes de que lleguen las calores, que cada año lo llevo peor.
Un fuerte abrazo
Muy bien, Manuel, me alegro de tu visita. De vez en cuando los antropólogos necesitamos hacer trabajo de campo y al musmo tiempo disfrutar de esas salidas didácticas de aprendizaje en el terreno. Me pasaré a ver que cosas nuevas, interesantes nos traes.
ResponderEliminarUn abrazo
mismo tiempo, perdón!
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarERES REAL Y UNICA>GRACIAS
ResponderEliminarPOR ENSEñARME
Hola Bea.
ResponderEliminarEs muy saludable este deporte para estar en contacto con la naturaleza. Si llevas 15 años ya puedes seguir haciendo la marcha nórdica por muchos años más. Enhorabuena. Maravilloso encontrar por el camino una serie de plantas con flor. Son preciosas.
Un abrazo
Hola Mónica, me alegra tu visita y se agradece.
ResponderEliminarHacer ejercicio es siempre muy gratificante, sobre todo en la naturaleza y el silencio.
Un abrazo
De nada, Bea.
EliminarEststr
Todo un placer de visitarte en LEIRAS.
Un Abrazo y buen fin de semana.