www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 3 de febreiro de 2025

DÍA DE SAN BRAIS

 


                                                          San Brais de Fonteo (Baleira)

                                  

                                    Sandador de gorxas

                                   Armenia deuche o ser

                                   Nunha cova ermitao fuches

                                   Bispo, médico, cristián mártir

                                   Romanos te torturaron

                                   As cadeas te cruzaron

                                   Inspiras festas galegas

                                   Santo patrón de Bembrive e Curuxeiras.


Hoxe celebramos a festa de inverno adicada ao San Brais. A pouca xente que quedamos na parroquia e que nacemos aquí, seguimos a vella tradición aínda que algo diferente porque xa nada é como ten sido. Case sempre había neve nesta época do ano pero non por iso nos arredabamos de celebralo coa comida típica de inverno que consistía nun bo cocido coa mellor tallada do porco e con botelo, chourizos, longaínzas, grelos, garabanzos, patacas...

Tampouco faltaba a música dos que andaban polas aldeas tocando nas casas e facendo ruadas ao pé das lareiras. Na miña casa, a taberna, facíase baile ao son do violín do Florencio, a gaita do Alledo ou do acordeón do Hedra.

Pero volvendo ao santo, que aquí é o segundo xa que a patroa é a Nosa Señora, o 15 de agosto, festa principal que tamén celebramos, o San Brais, aquí sempre chamado San Blás, apenas sabiamos de onde lle viñera a santidade. E é que este cristián, nado en Sebaste,  Armenia, na actual Turquía, fora bispo, médico, ermitán e logo mártir cristián, torturado e executado polos romanos na época do emperador Licinio. 

Fixo vida ermitá nunha cova na fraga do Monte Erciyes, que logo se convirtiría na súa sede episcopal. As cadeas cruzadas que aparecen na súa imaxen, simbolizan a tortura a que foi sometido.

Coñécese pola súa boa man na sandación de gorxas. Así que aquelas personas que teñen problemas con elas, encoméndanse a él. 

É curioso que en Galiza, so hai duas parroquias na que é santo patrón: a de Bembrives en Vigo e a de Curuxeiras en Ourense.

Refrans:

En chegando o San Brais pon pan e viño na alforxa que día non faltará.

San Brais da Barca que afoga e non mata.

Polo San Brais teñen os días dúas horas máis.





4 comentarios:

  1. Tiveches unha boa escola na tua infancia con músicos na casa. Non me extraña que saíras artista multifacética. Unha aperta. Nucha

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por pasarte por aquí. Penso que o poema acróstico sae desordenado. Nunca me pasara!
      Pois sí, unha infancia rica en experencias daqueles tempos.
      Abrazo e bo San Brais!

      Eliminar
  2. Minha querida amiga Beatriz,
    É sempre bom manter vivas as festividades religiosas com seus significados e tradições.
    Beijos e boa semana!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olà amigo Douglas, muito obrigada pela tua visita.
      Está bem não perder as tradições, mesmo religiosas como pagáms.
      Um abraço

      Eliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.