www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 19 de outubro de 2024

Lembrando a PACO PESTANA

 


Nun día de incesante chuvia, xuntámonos os Amigos do Patrimonio de Castroverde, para lembrar ao noso veciño, poeta, escultor e artista polifacético, que nos deixóu no mellor da súa vida, fai agora tres anos.

Cambiando un pouco os planes do día, por mor da chuvia, decidimos visitar a Casa da Cultura de Castroverde, adicada ao noso querido amigo PACO PESTANA, e alí, conversamos un pouco de todo e moito de nada, tendo sempre presente o obxectivo que nos xuntaba neste día e lendo alguns pasaxes da vida de Paco na lexión en África.

Dende alí, dirixímonos en coche ata  Peredo, (Castroverde), a súa aldea natal, na que vive o seu irmán Xavier. Estaba agardándonos sentado na palleira, xunto ao can, e alí lemos algo que viña nun tríptico que  alguén conservóu con admiración dende facía anos e que se refería a unha mostra das súas obras en Santiago de Compostela na Casa da Parra, co título A SOMBRA DO POETA. 


Algúns traballos  gardados na palleira da casa natal.



A casa de Paco ten esculturas feitas por él, na fachada e tamén no xardín.


Dende alí, e debido a chuvia, non puidemos facer o camiño a pé, fomos nos coches ata a igrexa da Freiría, que é a súa parroquia. Unha igrexa a tres naves das que non hai moitas na zona. Puidemos vela por dentro e chamóunos moito a atención a pía bautismal e o remate do seu campanario.







Pía bautismal na igrexa da Frairía.



Seguimos a ruta en coche ata chegar ao pazo de Folgueira que está un pouco en desleixo por tratarse  dun edificio moi grande, con capela e múltiples dependencias.



Seguindo camiño de Castroverde, atopamos Covelas e paramos a ver tamén a súa igrexa que nos parecéu moi coidada pese a ser máis humilde que a anterior.



Igrexa de Covelas.

Había quen quería seguir o camiño a pé, eu sumeime, e baixo os paraugas, fomos atravesando fermosos paisaxes vestidos de outono, recollendo castañas e cogumelos, roendo algúnha mazán distraída que foi quedando nos pomares.




Chegamos a Castroverde onde nos agardaba un saboroso e abondoso xantar de grupo nun coñecido restaurante da vila e alí demos por concluído un día adicado a Paco que nos levóu polos lugares máis queridos por él.


A sombra espida do poeta.