www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 27 de xullo de 2021

FILLOS DE PAPEL


VALES O QUE PESAS E PESAS O QUE VALES

Así te saudo e así te recibo, meu fillo de papel, Lerias de Bea.

Despois de case doce anos xuntos, nunca te vira fisicamente, nunca te tiven nas mans, pasei as túas páxinas, acariñei o teu lombo ou sentin o teu peso.

Chegaches onte, cando eu  non atendin a chamada e tiveches que voltar na bolsa da funcionaria de correos. Á espera de que "o/a carteiro/a sempre chama duas veces", puxen todos os meios para que esa segunda vez non houbera fallos.

Non sabía por onde había de empezar a ollarte, se polo principio ou polo final, como teño por costume. Daba igual. Aquí, a orde non altera o produto. 

A tua cara A, foi un empeño meu, unha teima contra outras teimas. Estou moi contenta de que me leves tal como son e polo camiño que percorro, e ca miña compañeira Noa, protexéndose do sol na miña sombra. A cara B, ten o meu selo pero con aportacións das personas que me leron e saben de min.

Cincocentas páxinas engordan o teu corpo pero disimulan as gorduras porque están servidas en pequenos petiscos variados, como variado é o día a día do noso itinerario.

Farei o posible para que non sexas fillo único. Tampouco se acabaría o mundo porque o foses. Eu tamén fun filla única e o meu fillo, e non hai traumas por iso. 

O que sinto ben, é non poder acompañarte dos poemas que a tí tanto che gustaban. A poesía é cousa aparte. Non tiña porque selo. Mais ben foi porque non che cabía mais na panza.

E  agora qué?, pregúntome. Seguirán as leriasdebea enchendo páxinas dun blog que foi convertido a "fillo de papel", como Maricarmen Rey, chama aos seus libros? Muito sentiría deixar o blog, empezar un novo que se chame doutro xeito, que non se asemelle en nada a tí... Cousa difícil! Haberá algún día unha segunda parte de Lerias de Bea? 

A quen queira facerse contigo, deixo aquí un enlace:

Lerias de Bea amazon

https://www.amazon.es/Lerias-Bea-Marronda-Beatriz-D%C3%ADaz/dp/B099TN9XH8/ref=sr_1_6?dchild=1&qid=1627645859&refinements=p_n_date_first_available_absolute%3A831289031&s=gallego-books&sr=1-6o-books&sr=1-6




venres, 9 de xullo de 2021

AQUELES MARABILLOSOS ANOS




Eu tiña un laud emprestado. Nono sabía tocar. Aspiraba a facelo. Sempre me rondaron os instrumentos de corda pero acabei tocando algo os de tecla. Quizá polo da Olivetti na que daba moitas pulsacións por minuto.

O cuarto de xuventude no que escribía poemas, cartas...

Sobre a manta tecida con la de ovella, agasallo que meu pai recibira cando casou. Ainda a conservo.

Os tabiques de madeira, soportaban posters dos e das favoritos/as, o típico da idade.

Xa daba mostras de ser a rapaza diferente, aquela que Suso Trashorras soubo albiscar pero eu non era consciente de selo.

Agradezo que o Google me traia á memoria algúns recordos daquel tempo ido, ou non, porque cambia o contexto e a esencia segue igual.

Vivir na casa onde nacín e me criei é unha maneira de continuarme.



Facundo Cabral, o do poster do meu cuarto, foi un dos meus ídolos daquel tempo. 

Vino en concerto no Gran Teatro de Lugo. Tocaba a guitarra, recitaba, cantaba...e as suas letras éranme siñificativas.

Xunto con Víctor Jara, Atagualpa Yupanki...foi un dos cantoautores suramericanos que escoitabamos naquela época de estudantes.  Unha época revolucionaria.


VIDEO

"No soy de aquí, no soy de allá" 



xoves, 8 de xullo de 2021

AQUELES MARABILLOSOS ANOS






Eu tiña un laude emprestado. Nono sabía tocar. Aspiraba a facelo. Sempre me rondaron os instumentos de corda pero acabei tocando algo os de teclado. Cecais polo da Olivetti na que daba moitas pulsacións por minuto.
O cuarto de xuventude no que escribía poemas, cartas...
Sobre a manta tecida con la de ovella, agasallo que meu pai recibira cando casou. Aínda a conservo.
Os tabiques de madeira, soportaban pósters dos e das favoritos/as, o típico da idade.
Xa daba mostras de ser a rapaza diferente, aquela que Suso Trashorras soubo albiscar pero eu non era consciente de selo.
Agradezo que o Google me traia á memoria alguns recordos daquel tempo ido, ou non, porque cambia o contexto e a esencia segue igual.
Vivir na casa onde nacín e me criei é unha maneira de continuarme.


Facundo Cabral, o do poster do meu cuarto, foi un dos meus ídolos daquel tempo. Vino en concerto, no Gran Teatro en Lugo. Tocaba a guitarra, recitaba...e as suas letras éranme siñificativas.
Xunto con Víctor Jara, Atagualpa Yupanki... foi un dos cantoautores suramericanos que escoitabamos naquela época de estudantes, unha época revolucionaria.

  Video "No soy de aquí, no soy de allá".








venres, 2 de xullo de 2021

MY DEAREST HOME!

Home, sweet home!

You never let me 

feel alone!

You are my heart,

My lonely star

that brights my nights

and makes my days

the joy of life.

Home, sweet home!