www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 9 de marzo de 2020

LEMBRANZAS









O paseo desta mañá tróuxome lembranzas. Ainda que o lugar non mudou de sitio, sí que cambiou a paisaxe e a distribución das fincas. O aparcelamento fixo daquel minifundio, un campo aberto, de praderío que non sabe de límites nin paredes de pedra ou chantos. Todo está aproveitado durante todo o ano alternando herva ou millo.
Pensaba que para ser un lugar pequeno e perdido en ningures, había duas casas con médico. As duas estaban emparentadas e viñan a ser as mais ricas, tendo caseiros e mandados e a axuda da xente do lugar cando a precisaban, que era case sempre.
A casa de Cuenzas, perto a miña, desapareceu debaixo da estrada. So fican a palleira, que tivo a función de garaxe para os autobuses e a casa do forno.
A casa de Escobar, no lugar de Abrairas, está íntegra, co seu xardín cheo de árbores froitales, as casas que ocupaban os caseiros e mesmo coido que tiña unha capela.
Daquela, poucas casas tiñan un xardín. O da casa de Cuenzas era con diseño xeométrico, e alí medraban as roseiras, e moitas outras flores  como os narcisos, os buxos e tamén marmeleiros.
D. Pepe, médico, tiña duas irmáns polo menos. Elas eran as que se ocupaban de que o xardín estivera de bo ver, pois dende a galería do despacho podíase contemplar no seu esplendor cando chegaba a primavera. 
Lémbrome que cando ía a ver as señoritas, os cuartos que eles ocupaban arrecendían a lexivia e dispuñan de cuarto de baño e tiñan luz eléctrica. Pero o que mais me levaba os ollos eran as enormes bonecas que parecian bebés. E eu, que nunca tivera unha, nin sequera pequerrecha!
Nesta casa estaba o correo porque ali durmían os autobuses que viñan de Lugo e que traían ós nosos familiares no verán cando viñan de vacacións e olían a Madríd. Eu acostumaba a ir cada tardiña a coller o correo. Ainda que so fosen os folletos que lle mandaban de propaganda ao médico e que os caseiros me daban para que xogase con eles.
Tamén comían algo que os demais non comíamos, croquetas! Eran feitas das sobras da carne de porco que se cocía no caldo. Como vivían en Madrid e viñan so nos veráns, traían estes costumes que aquí descoñecíamos. Por eso se lles chamaba dona Gloria....dona..... Os demais non tiñamos ese mérito.
Gustáballes estar asomadas polas fiestras e falar coa xente que pasaba pola estrada. Elas non participaban nos traballos, se acaso, algo na cociña para facer para elas cousas mais apetecibles que o caldo diario e as patacas con touciño que comían os seus caseiros. Tampouco ocupaban os mesmos espacios. A casa tiña a zona dos señores e a dos mandados pero vivían todos baixo o mesmo teito. Na planta baixa eran as cortes do gando que saían polo mesmo corredor que utilizaban as persoas.
Aqueles doutores ían polas casas cando os chamaban. Se o sitio era na montaña, tiñan que vir buscalos cun cabalo para levalos. Había que pagarlles en cartos ou en especies ou traballando para eles. Sempre me lembrarei do que D. Pepe de Cuenzas lle dixo a meu pai: "cada ún é médico de si mesmo" e aquela frase coido que me acompaña toda a vida pois se podo pasar sen ir aos médicos, moito mellor! e xunto con outra frase doutro médico mais do meu tempo que aqueles: " a persoa apropiada es tí" veñen a conformar un pouco a miña filosofía.
Deixo unhas fotos que fun facendo cando lembraba estas historias.




5 comentarios:

  1. Outros tempos, outras histórias que desapareceram na evolução dos tempos, mas vivem resguardadas na nossa memória, enquanto nós vivermos.
    Abraço

    ResponderEliminar
  2. Pois si, Bea, déixasnos un post moito importante que eu por ser moi maior, acordo bastante de eses traballadores escravos dos terratenentes.

    Iso na queles tempos era corrente, so traballaban por un plato de comida, había moitos terratenentes que tiñan pouca consideración. Pero o que chega tamén marcha, grazas a vida ou o destino.
    Gústome moito lerte, todo un pracer reíña.

    Un abrazo e a miña gratitude por todo o bonito que nos deixas para disfrute dos sentidos.

    Se moi feliz, non esquezas de selo.
    biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Querída Bea.
    Buenas noches.
    La verdad que mi padre me decía lo mismo. "El mejor médico, es uno mismo" pero ha veces los necesitamos.
    Me gusta recordar esta descripción que haces,cuando aquellos tiempos de nuestros abuelos el médico venía a casa cuando alguien de la familia se ponía malo. Mi madre me explico que venían en caballo como tu lo cuentas.
    Me hubiera gustado conocer esa forma de saber vivir.

    Un abrazo bien grande

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.