O verán de San Martiño, levoume por antigas corredoiras, camiños de carro e por fragas outonais, co arrecendo a natureza en estado puro. Acompañábanme Noa e Charli, un labrador todopoderoso que me defendería de xabaríns, zorros e mesmo lobos, se os houbera.
A miña intención primeira era sacarlle bo partido ao día soleado, quentiño e apetecible para unha andaina, saíndo da rutina e adentrándose en paraxes esquecidos, pouco visitados e novedosos para os meus compañeiros de paseo. Noa, case sempre debaixo do meu brazo para esquivala das silvas e toxos que os seus delicados pés non aturan, e Charlie, sempre disposto a axudar da mellor maneira, coidando de nos as duas.

Así, fomos por camiños que foron no seu tempo, camiños de carro e que agora fican tapados pola maleza, case intransitábeis, con aquelas paredes de pedra tan feitiñas, conformando o seu perímetro, os balados, aproveitando os desniveis co mato para que durasen no tempo e servisen á función que tiñan encomendada de conducir o gando da casa ata os pastos sen perderse. Sorprendeunos un regato que baixa dalgunha fonte monte arriba e xusto a carón do camiño forma unha poza onde seguramente bebían os animais cando voltaban para a casa. Había fieitos ben frondosos arredor e parecía un remanso de paz e benestar, ca son da auga e o silenzo do lugar. Camiñamos moi despaciño, como para non descolocar nada do que pisabamos, mentras os ollos buscaban os desexados cogumelos, os boletiños que íamos levar para xantar.
![]() |
Podería tratarse dun Scleroderma citrinum? |
![]() |
Amanita muscaria |
Case todos eran Amanitas muscaria, ca sua cor tan chamativa e tamaños e formas asegún a idade. Habías case recén nacidas, pasando por adolescentes, maduras e decadentes. Gustóume fotografalas entre as raiolas que se filtraban a aquela hora de media mañá.
Puiden ver cómo se abriron entradas improvisadas para acceder á madeira sen respectar estes valiosos camiños de carro en desuso. Estas incisións na paisaxe virxe, que afean e destruen a integridade da foresta, sen miramentos, sen planificación, con tal de poder sacar o que lles convén pero sen dar nada a cambio. Así aparecen estas desfeitas ao mesmo pé dos camiños primitivos que deberían conservarse e manterse para poder pasear polas fragas e respirar esa esencia que non se atopa mais que alí e que é curación, saúde, deleite dos sentidos. Qué pouco aprecio polo que tan pouco costa e tanto ben pode facernos. Por eso en Xapón, os médicos aconsellan menos medicamentos e mais doses de natureza.
Viñemos cun boleto dos que azuléa. Mireino ben na guía para asegurarme ainda que xa o teño comido noutras ocasións pero compre estar ben seguros. Acabo de cealo!
Um passeio muito interessante. Passeando também se aprende.
ResponderEliminarAbraço e uma boa semana
Vaia ruta mais bonita fixeches,Bea, tan ben explicada que parece que tamén eu ía contigo.
ResponderEliminarE tes toda a razón que deberían coidar mellor eses camiños antigos xunta a natureza, que non e so por aí, senón que por onde eu nacín tamén pasa o mesmo.
E, verdade que a natureza, e un bálsamo para a noso saúde sen apelar a tanto medicamento que o único que fai, e intoxicar o noso corpo e ata a alma tamén.
Querida, amiga Bea, e un verdadeiro pracer lerte, gracias.
E aquí che deixo a miña aperta larga, a miña gratitude e o meu cariño.
Se moi, moi feliz.
Esos caminos del monte para el tránsito de carros, es Asturias se les conoce como "caleyas" y es un placer utilizarlos para ir de un pueblin a otro. Recuerdo haber caminado por una caleya que me llevaba a la playa de Antromero un lugar por el que solo aparecía algún aldeano a recoger algas que utilizaban para fertilizar algunas tierras.
ResponderEliminarMe ha gustado mucho tu reportaje y siento no haber podido veneir antes a leerlo porque he estado cuatro días sin pasar por los blogs.
Te deseo que el buen tiempo te acompañe siempre y que la ilusión con la que te encaras con la vida sea tu compañera. Un abrazo con el mayor afecto.
Ola Bea, amiga miña: paso de novo para agradecer a túa pisada aló no meu recuncho.
ResponderEliminarE de paso reler algo máis as túas letras que sempre deixa sabor a pouco.
Que tal o xantar con os cogomelos, seguro que boísimo. así recen collidos saberán a gloria.
Ben, pois unha aperta ben apretadiña y un bico.
Bo fin de semana.
Hola, Bea!
ResponderEliminarTe gusta caminhar, passear e conhecer nuevos caminhos. Com guias, k te explicam onde estás y o devem hacer, no há problema, pero sola, no se deve arriscar.
Jantaste cogumelos, que son mucho bons, cuando no son dos mortais.
Diverte-te e continua tus andanças.
Besos y boas caminhadas.
Querida amiga, es un juego de la palabra dada, está al final del blog el resultado: la palabra que me dió Maite Volarela, fue ELEGANCIA. Estrofa a estrofa estuve intentando describirla pero mi insistencia ha hecho muy larga la adivinanza. podría haberla hecho más corta. A ver si, para la próxima vez, estoy más inspirada.
ResponderEliminarGracias por tu visita, me ha encantado verte. Que tengas una feliz semana. Un abrazo.
y además, no habré dejado las cosas tan claras como creía. Besines.
ResponderEliminarAhora toca recorrer el 2019. Nos quedan muchas caminatas por recorrer.
ResponderEliminarBesos, Bea !!