www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 28 de xuño de 2018

AUTO-STOP : de Dover a Amsterdám





Coñecer a Barry foi importante na miña vida. Se non tivera acontecido, todo sería diferente do que ven sendo. Xuntos viaxamos de moitas maneiras e a diferentes sitios. Podería falar do seu mini Morris con incrustacións de madeira, da illa de White, ao sul de Inglaterra, de Bath, onde él estudara nun colexio privado, das idas e vidas España/Inglaterra na furgoneta morris que mercaramos no porto de A Coruña e que él refixo totalmente, do meu Diane 6 percorrendo o perímetro de España e facendo camping, e cómo non?, da viaxe a Amsterdám en ferri e auto-stop.
Chovía, debía ser primavera, eu levaba unha zamarra de pel que me atopara él nunha tenda de Orxfan, como case toda a roupa que él usaba. Foramos dende Dover  nun ferri ata algún lugar de Bélxica e logo en auto-stop. Lembro que nos recollera un paisano e nos levara á sua casa a durmir e desayunar para deixarnos un paraugas e seguir viaxe a Holanda, ou xa estariamos en Holanda, e seguro que él era holandés. Tiña unha filla. Tomaramos ovos pasados por auga para o desayuno . Era bonito todo o protocolo de tomalos. Pouco faltaría para que a rapaza os decorara primeiro. A cama tiña un edredón nórdico con funda a raias. Era un cuarto luminoso. Pola mañá, voltóu a deixarnos na estrada que deberiamos tomar. Houbo outras personas de interés que nos levaron, entre elas unha muller.


Cando chegamos a Amsterdam, onde eu xa vivira un tempo, foi como un encontro ca maxia dunha cidade que sempre me cautivóu! Quixen pasear polos mesmos sitios, probar outros novos. Foramos a un concerto nun café. A cantante chamábase Henrrieta. Acordareime dela porque me sentín un pouco celosa de que se fixara en Barry e que él a convidara, levándolle unha cervexa ao escenario...... Estaba connosco un rapaz inglés que atoparamos por alí e que tocaba a guitarra como modus vivendi, facendo basking nas rúas. Tocóu para min "Nights in white saten" Quén sabe se él se sentíu atraído tamén por min, non pola Henrrieta! Eso subíume un pouco a moral. Non esquecerei o detalle!
Pouco duróu a nosa visita en Amsterdám. Non sei onde pasamos a noite. O qué sí sei, que ao voltar a Inglaterra noutro ferri, mordeume un cadelo pequecho, e tiven que ir poñer unha vacuna. Non me atrevín a reclamarlle ao seu dono. Era á saída do ferri e todo o mundo se apretuxaba para marchar.
O que sí lembro moi ben é o bocata de pan de molde con unha especie de azúcar que se usa nos bautizos e que por enriba da manteiga, facíame pensar no pan con manteiga e zucre que eu tomaba de pequena. Sempre me quedóu saudade daquela delicia e por mais que encarguéi de Holanda o producto, nunca souberon traerme xusto o que eu votaba de menos!
Non sei como rematóu todo. A miña vida, o meu vagar polo mundo, está feito de retazos de patchwork que vou hilbanando, da mellor maneira, para encher a gran colcha de cores que ven sendo a miña existencia.




7 comentarios:

  1. Hola Bea.
    Que tiempos aquellos. Muy lejos quedaron, pero son como dices tu. La vida son piezas de patchwork que se van hilvanando.
    Recuerdo a Barri contigo en Barcelona, para ir al Otorrinolaringologo y yo era muy pequeña. Estaba con mucha tos y tenia fiebre. Des de entonces pasaron años. Vayas memorias que me quedaron ya muy borrosas des de entonces.
    Brindo por tus memorias. Un pasado que se hace historia de tantos y tantos viajes por el mundo. Plenamente interesante.

    Un abrazo muy grande

    ResponderEliminar
  2. Hola Bea.
    Que tiempos aquellos. Muy lejos quedaron, pero son como dices tu. La vida son piezas de patchwork que se van hilvanando.
    Recuerdo a Barri contigo en Barcelona, para ir al Otorrinolaringologo y yo era muy pequeña. Estaba con mucha tos y tenia fiebre. Des de entonces pasaron años. Vayas memorias que me quedaron ya muy borrosas des de entonces.
    Brindo por tus memorias. Un pasado que se hace historia de tantos y tantos viajes por el mundo. Plenamente interesante. Por cierto estas guapísima, aquí dejabas a los jóvenes de tu época sin respirar, de tu gran hermosura y belleza.


    Un abrazo muy grande, guapísima

    ResponderEliminar
  3. Barry e o seu Mini Morris, unha furgo, o teu Diane seis. Coches e formas de viaxar, en auto stop tamén. A maxia de Amsterdam. A saudade dos sabores e o sabor das lembranzas. É unha riqueza ter tanto do que falar, tanto vivido, con esa intensidade que asegura cada novo día futuras saudades de ledicias pasadas. Outro fermoso, interesante e divertido relato!. Agradezo que o compartiras nestas lerias. Abraciños

    ResponderEliminar
  4. He vuelto a visitarte y a decirte que muy pronto tengo el proyecto de volver a desempolvar uno a uno mis pobres blogs.

    He superado el problema mayor pero aún me queda una pequeña intervención en la cara, me llamarán tan pronto encuentre un hueco en el quirofano. Lo que quiere decir que no puedo moverme.

    Nadie podría imaginar que hace casi un año hacía proyectos para unas futuras vacaciones por tu tierra...

    Me ha sorprendido tu relato personal. Guardas en el e1quipaje de tu vida recuerdos y momentos intensos que aunque han sido contado con tu sencillezmy sentido del realismo no están exentos de sentimiento y de añoranza. Tendré que ir poniéndome al día de todo lo que hayas ido publicando durante este tiempo pero no será ahora mismo porque quiero disponer de tiempo para visitaros a todos.

    Tuve que cambiar el teclaso que era muy antiguo pero muy cómodo, éste es muy estrecho y tropiezo con las teclas y claro cometo muchos errores al escribir, así es que si te encuentras con gazapos perdona porque cometo más errores de lo que soy capaz de corregir.

    Con la alegría del reencuentro, un abrazo lleno de sincero afecto.

    ResponderEliminar
  5. Gostei de ler esta viagem cheia de aventura. Memórias que ficam para toda a vida.
    Abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar
  6. Ola Bea,

    Encántanme estas entradas das túas memorias aventureiras. Envexo e admiro a esa rapaciña aventureira con miles de vivencias.

    Un bico,

    Iria

    ResponderEliminar
  7. Ola Bea,

    Encántanme estas entradas das túas memorias aventureiras. Envexo e admiro a esa rapaciña decidida e curiosa con miles de vivencias.

    Un bico,

    Iria

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.