www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 29 de abril de 2018

PERMACULTURA



Asístín a un obradoiro de microorganismos eficientes nas Ínsuas (Rábade) e atopeime con algo que non coñecía e no que disfrutei como cando, de pequena, xogaba ca terra amasándoa, dándolle formas.
Aquí foi algo diferente e de interese para quenes nos aventuramos no mundo da agricultura ecolóxica, onde a cooperación é a clave e non a competición. Se somos seres vivos sans é porque os microorganismos do noso corpo cooperan. Se competiran, lei do mais forte, habería desequilibrios, que os hai, precisamente cando enfermamos.
Despois dunha pequena exposición teórica para entrar en tema, fomos a unha fraga próxima ó lugar, por onde pasa o río Miño, para buscar mantillo, o que se coñece por humus, no que se esconden toda clase de microorganismos, invisíveis, e que ían servir para elaborar algo mais grande, a partir dese fermento inicial para logo poder empregarse no acolchamento de bancais, nos compostaxes, na desinfección das camas dos nosos animais e tamén no uso doméstico como desinfectante natural que non mata bichos senón que os reproduce para que fagan eles a labor de limpeza e sen os malos olores que poden emanar en desaugues, fosas sépticas e demais.
Despois de recoller en bolsas, ese mantillo composto de micelios e outro material orgánico, e de deixar tapado, como estaba, o lugar de recollida, fomos outra vez para o obradoiro.
Nun plástico estendido no chán, depositamos a nosa recolección e fomos desmenuzando cas mans ata convertilo en algo mais selectivo, evitando trozos de madeira duros que non poideramos partir. Cando esto estaba a punto, mesturouse medio saco de salvado, alí tod@s remexendo cas mans ata que  estivese repartido uniformemente para  ir engadindo, pouco a pouco, auga con melaza ata ir acadando unha pasta que ao apretala na man, non escurrise auga. O olor era como a queixo remasado. Logo dun tempo amasando e dándolle voltas foise enchendo un bidón de peche hermético con aquela pasta e calcando todo o posible para que non quedara aire. Incluso nos turnamos para meternos cos pes no bidón para facer o prensado que cerrado coa tapa hermética habería que gardalo un mes ata que acabase a fermentación. Xa estaría listo para ser aplicado.
Logo de facer este preparado sólido, pasamos a outro que sería líquido e que serviría para sulfatar sobre árbores, plantas, paredes, acolchados, compostaxes, ou para a limpeza no fogar.Éste, prepárase cunha pequena parte do mantillo sólido xa elaborado previamente, nun litro de auga, engadindo unhas culleradiñas de pedra moída, da que hai nas marmorerías ou canteiras, un pouco de soro de leite ou leite e pouquiña melaza para que logo o doce non atraia ós insectos. Esa mezcla hai que mantela destapada tres días, remexendo duas ou tres veces por día, e consumila tan pronto acabe o proceso de fermentación, xa que non se conserva. Como produce gasificación, hai que manter a garrafa sen o tapón. Ese preparado, ten un cheiro dulzón e moi agradable. Eu estou planteándome utilizala como perfume. A verdade é que arrecende saúdable e non como o apestoso purín que se utiliza por ahí.
Xa, o feito de ter que ir a unha fraga a recoller mantillo, é un agasallo para os sentidos. De feito a xente do Xapón utiliza os  paseos polos bosques como terapia para relaxarse e combatir a ansiedade.
  • O sustrato destes lugares é o único terreo que se conserva en condicións naturais e por eso, nél, viven diversos diminutos organismos que son beneficiosos para manter o suelo fértil e sen contaminación. Debemos facer por ter bosques, por coidalos, por non deforestar nin destruir con incendios, nos que todos estes bichiños morren e un bosque non se fai nun ano. Son o resultado da non intrusión humana e de moitos anos de non seren debastados, nin pisados, nin maltratados como ocurre co noso mato que se destrue cos lumes, cos malos usos, ca acción humana, nunha palabra! Entón amémolos, abracemos as suas árbores. Eles saben recompensarnos!

5 comentarios:

  1. Um composto orgânico, dá mais sabor aos produtos e não intoxica a natureza.
    Amiga hoje é dia de festa no Sexta. Se puder passe por lá e junte-se a nós.
    Abraço e resto de bom domingo.

    ResponderEliminar
  2. Oi Bea, realmente a agricultura moderna nos envenena com agrotóxicos em demasia. Há culturas como a do pimentões e tomates que são por demais bombardeados de venenos que os chamam carinhosamente de defensivos agrícolas. Defendem apenas o bolso da gananciosa agroindústria. Parabéns por esta postagem! Se pudéssemos consumir produtos cultivados desse tipo, nossas vidas teriam bem melhores qualidades. Parabéns! Grande abraço. Laerte.

    ResponderEliminar
  3. Buscando humus nunha fraga. Entendendo que a natureza ofrece tanto e é tan descoñecida e pouco aproveitada. Excelente post, Bea, que segues a achegarnos con estaa lerias aos mundos que hai préto de nós e nos que pouco reparamos, encontrando na rotina diaria unha beleza que constrúe e enriquece a vida. Apertas!

    ResponderEliminar
  4. olá, querida bea...

    desconhecia, completamente, o k era a permacultura. tu texto me elucidou.
    tu tienes interesse por estas cosas y haces tu mucho bién.

    a agricultura biológica está dando cartas en todo o mundo e qto menos produtos tóxicos, mejor.

    besitos e gracias por tuas esmeradas explicações.

    ResponderEliminar
  5. ¡Vaia post interesante, Bea! Estou totalmente de acordo con todo o que expresas, estamos envelenándonos con produto químicos tendo unha gran riqueza o noso alcance. Sería boísimo servirnos da natureza, pero tamén coidala, para que non se deteriore ou extinga.
    Aí tanto louco pola vida, que en vez de plantar unha árbore, plantan fogo e acaban con o mellor que temos na vida.

    E un pracer lerte amiga. Que ben que disfrutas de se privilexio da natura e alégrome, xa quixera eu.
    Gracias por compartir tanta beleza, reiña.

    Un abrazo ben apertado.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.