www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 10 de agosto de 2017

NANA DA CEBOLA


Planteite pequeniña, á saída do inverno.
Agardei que as tuas follas asomasen
por entre as ringleiras de canas
que protexían a túa fraxilidade.
Vinte medrar e coller pulo,
mentras o sol facía o seu traballo.
Lozana, chegaches a planta adulta
presumindo de tersura e donaire.
Espallando no ar a tua fragancia,
gardando a  intimidade impuluta,
da ramaxe cilíndrica que te protexe
por dentro e por fora, impenetrable.
Alicaída ao chegar o verán, fixéchete
cebola de bo ver, multiplicándote
por dentro en capas e mais capas.
Chegóu o declive, a murchez
de tanta vitalidade e caíches,
postrácheste de xeonllos na terra
para amosar o teu logro interno,
o resultado final do teu destiño.
Agora, formas parte dunha restra,
que aprendín a tecer, vendo a meu pai.
Sigo a tradición, o saber trasmitido
dos devanceiros. Sei como facer de ti
algo artístico e presentable do que
orgullosa e satisfeita chegamos
ó final dun proceso de maduración,
ti, e mais eu, cebola que das sabor
ós meus pratos e adornas onde estés.
Contigo pan e cebola!