www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 13 de setembro de 2015

I LOVE FISTERRA!



 Sempre se volta a Fisterra. Malia a atopala tan cambiada, aínda é recoñecible. O primeiro que salta á vista antes de entrar na Anchóa é a súa forma de muller deitada no mar, cos seus peitos ao aire que amamantan e amainan temporais. Pódese dicir que medróu descomunalmente e saíuse do corsé que a cinguía nos anos setenta. Agora xa se poden ver hoteis que te reciben nada mais poñer pé na recta que dende a serra te conduce ata o lugar mais estreito do Cabo. Sería Marbella ou Torremolinos se non fora polo nordés que sopla frío e pega na pel a fina area dunar. Un longo paseo pola praia da Anchóa, por onde tantos pelegríns transitan a diario, recreándose na fermosura da súa bahía en forma de media lúa e sempre coa insuperable vista das formas montañosas que a fan inconfundible.





Un xantar nun dos seus moitos restaurantes que hai polo porto, acompañada de amizades fisterráns que sobreviviron mais de trinta anos e coas que empecei compartindo unha fanequiña para agora degustar por vez primeira unhos percebes que me souberon a mar fresco.
Un brindis por Fisterra e pola amizade, polos bos momentos, polas lembranzas doutros tempos, por compartir e disfroitar as pequenas cousas....
Logo non podía faltar un paseo pola praia do Rostro. Ainda me enterei agora que se lle chama así pola semellanza que un cantíl ten cun rostro humán. Eu non so vin un rostro alí, senón un corpo enteiro deitado ao longo e coa cabeza ao mar. O vento nordés non deixaba disfroitar de tan esquisito paraxe así que percorremos en coche ata a outra punta onde facía algo mais abrigado.
Pola tardiña, fomos ata a praia de Lires dende onde se ven unhas fermosas postas de sol. Sentadas nun bar que é unha balconada sobre a praia, agardamos ata que se puxese mentras conversabamos con outras amigas que por alí viñeron tamén a disfroitar do momento.
Atrás quedóu esta visita, con moitos mais detalles que aquí non conto pero que fixeron da miña estancia, unha inolvidable incursión no que un día foi algo mais que un destino turístico senón os dous primeiros anos da miña vida profesional.


Presa estou do teu engado,

atrevido e fero mar, Costa da Morte,

que entregas vida a raudales,

que traballas sen descanso

as areas da túa fermosa praia,

duna viva, remanso de paz

que distrae a mente e afasta

os pensamentos inmundos.

Tí, que purificas canto tocas,

que bañas de escuma a ollada

posta en tí, querido mar

daquelas tardes miñas

percurando atardeceres de intensa cor,

encendidas cal lume dos teus templos,

santuarios de adoración ao sol.

Fisterra, destiño meu primeiro,

de xuventude entusiasta e emprendedora,

hoxe volto a ti, tras longo percorrido,

mar, océano do meu sosego,

añorando, deposito en tí a miña confianza

e soños de futuro sagrado.