www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 19 de setembro de 2014

VIAXE CULTURAL




De vez en cando, os que vivimos no rural, votamos en falta o poder darnos un paseíño cultural polas cidades. Alí está todo. Si, está todo pero a un alto prezo, e nono digo polo custo da entrada, senón por ter que aturar a vida de cidade. É, non cabe dúbida, un  cambio un tanto brusco pasar dun meio tranquilo, a outro axitado e cheo de ruído, xente, coches....Pero paga a pena cando se pode disfroitar de algo tan singular como a mostra de refugallos que ofrece SKELETON SEA  nun dos museos de A Coruña. Trátase de esculturas de distintos animais do mar feitos a base de lixo que se atopa nas praias, procedente de cemiterios de lixo espallado e remuiñado nos océanos  e que acada as  ribeiras sen que ninguén o limpe e supoñendo un perigo para animais que se alimentan nas praias como o albatrós. Esta especie está en perigo de desaparecer xa que o alimento que vai parar ás súas crias son restos de basura marítima que é confundida con alimento.


Outra interesante mostra no MAC de A Coruña é a do xaponés Takeshi Shikama, LOS MURMULLOS DEL BOSQUE, e que son fotos que él mesmo revela cunha técnica moi propia e singular, que crea o efecto de seren feitas a carboncillo e que son dunha cor tirando a sepia, como gastadas polo tempo e algo borrosas. Esta mostra é de fragas de distintos sitios do mundo, entre eles, a nosa terra, Galiza.
Hai fragas de Castroverde, de Baleira, de Pol, da Fonsagrada ....
Tiven a oportunidade de coñecelo personalmente na miña casa e sentíame devota a ir ver a súa mostra e rendirlle unha merecida homaxe por ter vido dende o Xapón, a estas aldeas galegas a coñecer a nosa realidade paisaxística e que nós tan pouco aprezamos, mesmo desprezamos, ao querer semiar os nosos montes con árbores como o eucalipto.
Para aprobeitar ben o tempo tamén vin unha obra de teatro de temática actual, e de toda a vida, coido eu, das relacións de parellas casadas, dos conflictos da vida en común e que nalgúns casos levan á violencia doméstica, por desgraza, tan frecuente nos tempos que nos toca vivir.
Deixo algunhas fotos de todo esto e fago balance da miña inmersión urbana con saldo positivo, pois non gastei os cartos todos que levaba xa que unha xaqueca acaboume coas ganas de ir de tapeo.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/05/08/japones-shikama-lleva-mac-murmullos-bosque/0003_2

domingo, 7 de setembro de 2014

PLUM CAKE

Añadir leyenda
Despois de chegar á casa coas claudias que me regalaron os veciños, pensei qué podería facer con elas. Marmelada???? Non, xa teño dabonda do ano pasado. Comelas tal cal? Un puñadiño, pero todas....!!!
Pensei en inglés e veume a idea do PLUM CAKE, tan común en Inglaterra. Pastel de cirolas. Pois alá me fun a internet á percura dunha receita.
Por se interesa:
EASY PLUM CAKE
150 gramos de azucre
115 de manteiga ou margarina a temperatura ambiente
140 de fariña
1 culleradiña de royal
2 ovos
1 pelizco de sal
Unhas cantas cirolas
1 culleradiña de canela
1 ou 2 culleradas de azucre para esparcir por enriba.
Preparación
Prequentar forno 180 ou gas 4
Bater azucre e manteiga ata que fique mol (coa axuda da batidora)
Mesturar fariña con royal e engadir.
Bater os ovos e un pelizco de sal. Engadir ao anterior.
Engrasar molde de 26 cm ou poñerlle papel forno.
Encher coa mestura e engadir por enriba as cirolas sen pibida e cortadas á metade, coa pel para abaixo. Ir colocando por enriba ata cubrir todo.
Espolvorear co azucre mesturado coa canela por enriba das cirolas e meter ao forno de 40-50 min. ata que salia limpa unha agulla ou coitelo.
Servir temperado.

Probeina para saber se estaba boa e gustóume moito. Nono pensei duas veces, partina en cuartos e leveille a cada veciño que o día de antes me dera algo da súa horta, un cuarto da tartiña. Coido que foi un bo detalle e que estas cousas deberiamos polas en práctica mais a miudo.
Unha maneira de dinamizar a aldea sería, no caso da miña, organizar partida de cartas unha ou duas veces por semana, levar un pastel caseiro ou algo qué degustar, poñer música de baile e mover o esquelete un pouco. Estou segura de que eso serviría para manternos mais unidos e felices.
Outra experencia que me gustóu moito foi o de axudarlle a unha xoven de 91 anos a facer cabelo de anxo na súa casa. Compartir os coñecementos  é unha maneira de sentirnos úteis. A solidariedade da que falaba Malinowsky, tan habitual nas culturas primitivas, debería voltar a formar parte da nosa cotidianeidade.

venres, 5 de setembro de 2014

UN PASEO

Levanteime cansada, como cada mañá. A chegada tardia do verán  fai que as noites sexan bochornosas e o durmir un tanto desacougado entre a calor, as cabilacións e sobre todo, as tarefas que se me votan enriba sen eu poder con elas. Así que decidín empezar co ginseng ao almorzo para ver se me viña a enerxía que preciso.
Despois dun almorzo enerxético e saudábel emprendín a miña aventura coa desbrozadora nova que acabo de mercar nunha tenda de bricolaxe. Xa me daba algo de perguiza abrir o paquete pero por algún lado hai que empezar. Vin que viña moi desarmada. Primeiro lería ás instruccións, libro gordo, pois viñan ata en dinamarqués. Alí atoparía todo o que precisaba para armala correctamente. Pouco a pouco funlle dando xeito ás partes mais doadas como o manillar, a aleta protectora da base.... pero cando intentei axustar a peza onde vai o fio, alí si que demorei e demorei. Non había maneira de configurar esa parte. Por mais que lle daba voltas e mais voltas a tornillos, arandelas e chaves, ningunha traza de que encaixaran. Pasei tempo, era xa media mañán e eu alí, sen darlle no quiz.  Voltei a gardar todo nas bolsiñas e mentras o facía, empezaron a caerme  bágoas imparables que rodaban meixela abaixo e deixei que se desencadese unha boa tormenta emocional para descargar toda a tensión que me producía a impotencia de non saber facer algo nin con manual de instruccións. Sentíame incapaz! Perder unha mañá enteira sen logro algún, con todo o que tiña por facer noutras partes da casa-horta....! Por non falar das lecturas, da calceta, do xantar, das leccións esquecidas xa do xaponés....do paseo matutino coa cadeliña.... En fin, choraba como facía tempo que non o facía. Decidín que o mellor de todo sería dar o paseo con Noa. Ainda coa cara de ter chorado dabondo, atopei a primeira persona ao pe da casa á que saudéi moi de pasada, pois non quería que se notase que estivera chorando. Un pouco mais adiante, paráronme os veciños para comunicarme que onte tivera visita e que non estaba. Mágoa. E eu estivera intentando conectar con esa persona os días anteriores á visita. A telepatía!. Despois andivemos e andivemos e o sol  empezóu a quentar. Abríu o día!. Unha mazá ben feitiña e madura saíu ao paso e agradecín comela. Mais adiante estaban as moras para Noa, que ía morta de sede e eu esquecera a auga, coas presas de sair.. Non faltaron outras mazáns recén caídas con aspecto de podelas comer. Así, fomos chegando ata o outro lado da aldea onde paramos a sentarnos cunhos veciños para falar un pouco. Ofrecéronme leitugas e saín dalí carregada cunha bolsa chea. Seguimos a nosa marcha, entrando xa no corazón do lugar, tamén parei a falar con outro veciño sobre o tema das uvas. Acabóu por ensinarme a súa horta, que eu non vira dende séculos. Todo un verxel escondido e cálido con toda clase de froitas, entre elas, as claudias que caían e cubrían o chán e das que me deu unha boa proba para levar.
E xa, un pouco mais abaixo, entrei saudar a outra veciña e admirarlle as flores. Convidóume a entrar e ofrecíame amorodos da súa horta que estaban na sazón.
Cando cheguéi de volta á casa, non me lembraba para nada da desbrozadora, nen da mañá perdida, nen había rastro de bágoas na miña cara.... Era feliz!