www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 29 de maio de 2024

UN PASEO POR FERROL



 Era sábado, 25 de maio. A asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, tiñamos cita con outras asociacións irmáns. Este ano tocáballe á A Canteira  de Neda.

Saímos de Castroverde ás 7.15 e chegamos a Ferrol sobre as 9.00. Como non almorzaramos, o primeiro que fixemos foi ir tomar o primeiro café da mañán. Alí, empezamos un percorrido a pé pola cidade, seguindo o Camiño Inglés que leva a Santiago de Compostela. con un guía que nos foi explicando  todo. Cómo Ferrol é un porto moi protexido e altamente seguro ante calquer intento de ser atacada aínda que alguén o intentóu no seu día dende a parte de atrás con terra por medio, pero ninguén pola entrada á ría, que está ben protexida con castelos e unha cadea que ten a función de facer parar a calquer intruso e dese xeito poder atacalo dando no branco con toda facilidade.

Logo diste percorrido, visitamos o Museo Naval. Nos patios exteriores están expostas áncoras de enormes dimensións que se clasifican por cores. As que teñen a etiqueta negra, son que máis abundan, as que a teñen azul, son as menos e as de etiqueta branca, son únicas.




Este museo foi un antigo Cuartel de Presidiarios. Data do seculo XVIII. Nel pódese ver todo o relacionado coa construción de buques nas distintas épocas con técnicas moi especializadas que permitían construir buques de moitísima lonxitude e poder botalos ao mar sen que se rompesen.

Os presos, condenados a traballos forzados, tiñan as súas cociñas todas iguais que consistían nun fogón pegado ás paredes, con cheminea, onde cociñaban a súa propia comida. Agora son expositores de esceas relacionadas coa vida nos barcos. 


O guía que nos acompañou dentro do museo, un home xoven, que pasóu 30 anos navegando, fíxonos moi amena a explicación da dura vida que levaban en tempos nos que todo se facía manual e a tecnoloxía non facilitaba o traballo. Moitos ditos que empregamos hoxe en día, proveñen do mundo do mar, como "chover a chuzos", (coitelos que se usaban cando dous buques enemigos se enfrentaban corpo a corpo xuntando os barcos). Ou "cortar polo sano" cando había que operar en alta mar, antes de que unha ferida causara a morte, se era un brazo, unha perna... cortábase baixo os efectos do ron e home curado.

Despois do Museo, fixemos dous quilómetros do Camiño Inglés, seguindo a vía do tren, que por certo, vimos pasar,  acompañados polos nosos anfitrións, parando a ver o Mosteiro de San Martiño do Couto, en Narón.


En Neda, tíñannos preparado o que debera ser o almorzo da mañán que tanta falla nos facía. Eu prometínme non comer outra cousa que froita pero quén se resiste diante dunhas exquisitas empanadas de grelos con chourizo, doces de moitas clases, viño Alvariño...? O xantar estaba previsto para dalí a dúas horas e xuntábase unha comida coa outra!



Como quedaba de camiño, achegámonos a ver a praia de Valdoviño con espectaculares vistas. Unha praia na que se practica o surf.

O xantar de restaurante agardábanos en Valdoviño vila. Tivemos que compartir o enorme comedor con outros grupos de familias  que celebraban comunións e a comida, riquísima e abondante, mantívonos sentados durante horas.

Rematamos bailando todo aquelo que comemos ao son dun grupo de cantos de taberna, chamado Os Xocas, que tocaron e cantaron durante horas sen cansarse e mesmo nos fixeron acompañalos.



Así acaba un día nun lugar de Galiza ao que tiña moitas ganas de volver, despois de 39 anos sen pasar por alí.

Chamóume moito a atención o bairro de La Magdalena, con rúas formando unha tableta de chocolate e que foi o bairro máis rico daqueles tempos nos que arrancaba todo o relacionado co Astaleiro de Ferrol.


domingo, 5 de maio de 2024

PAISAXES E PAISANAXES

 Podería empezar con estas aseveracións que se escoitaban cando algo malo nos aqueixaba.

"Non hai mal que cen anos dure"

"Nunca choveu que non escampara"

"Despois da tormenta, ven a calma"

Todas elas serían aplicables á situación que tivemos por alomenos dúas semanas nas que a chuvia non deu folgo, o frío coma de inverno e a floresta non parou de medrar ata deixar as aldeas case invisibles.

Así as recollín nestas fotosl. Un puñadiño de casas aquí e outro acolá nas que se albisca un fume saíndo das chemineas como sinal de estar habitadas.

A nosa maneira tan peculiar de ocupar o espacio formando pequenos núcleos de poboación é o que nos fai diferentes. Cada aldea é distinta das outras. Ten a súa maneira de funcionar e de relacionarse entre a vecindade que a habita. Os nomes, forman parte da súa idiosincrasia. Algúnhas levan nomes xentilicios, outras pola súa situación xeográfica, pola proximidade de ríos, fontes, montes...

Hai nomes de lugares como Aldegunde, A Esperela, Ríodecastro, A Espiña, Mendreiras, O Sullío...

Sei que morrerei sen ter visitado cada unha das aldeas do meu concello. A non ser que, calquera día, mochila ao lombo, me propoña percorrelas a pé ou en coche. Como fixo Camilo José Cela no seu libro Viaje a la Alcarria. Tal vez o fixera dende o sillón! Todo é ter un bó mapa á man!

                                               
O Pibidal



A Carraceira e o Chao



A Ferraría




Ríodecastro