www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 23 de marzo de 2019

Camiños desencamiñados





Esta vez o percorrido foi por un tramo do Camiño Primitivo ao revés, dende Carballido, pasando por Bascuas, Gondar, Soutomerille e acabando no albergue recén estreado,  A Pociña de Muñiz, en Vilar de Cas. Todos estes lugares pertencen aos concellos de Lugo e Castro Verde. 



Acompañóunos Ricardo Polín, historiador, investigador e gran coñecedor do Camiño Primitivo e do Patrimonio de Castroverde, de ónde é nado. O motivo deste percorrido era ver, a través das explicacións que nos ía dando, a distorsión que sofreu este Camiño, modificado segundo os intereses particulares do momento e alterando o seu trazado, desviando, sen necesidade, aos peregríns por estradas e pistas asfaltadas, sendo que o trazado do antigo camiño era sempre en linea recta a Santiago e polo terreo mais chan e doado de ser camiñado.

Entre parada e parada, fomos escoitando  a historia do lugar, cos nomes antigos que apenas se conservan xa, so na mente das persoas mais vellas e que non foron tidos en conta á hora de diseñar a escasa información que ao longo do camiño pode ir véndose e que se limita a indicadores graníticos , fontes restauradas que en nada conservan a sua forma orixinal, o pavimento alterado e moitos muros e árbores desaparecidas que eran as lindes do antigo trazado e que tiñan a sua razón de ser, para dar sombra aos camiñantes e para marcar a súa estructura de camiños de carro por onde pasaban comerciantes cas suas mercadurías naqueles tempos nos que as estradas non existían.


A modernización caótica foi degolando todo o que tiña importancia e non se lle deu, votándo agora en falta tantas construccións de interese patrimonial que desapareceron para sempre.  Tal é o caso do castelo de Castronela, agora convertido nun montón de pedras, no alto deste pequeno castro, e que foi lenda ou feito real recollido na primeira novela histórica de Galiza, El Caballero Verde.

Así chegamos a Castromerille, onde lemos poemas adicados a este lugar. Unha igrexa moi antiga, un cemiterio pequeniño que chama a atención de pequeno que é, a unha casa de fidalgos en ruínas, e árbores emblemáticas como o Castiñeiro de Soutomerille, un, entre moitos que foron plantados na mesma linde do camiño porque, daquela, tíñase o costume de usar as árbores como marcos. 

Chegamos para xantar o albergue de pelegrins e turístico, aberto fai pouco, e que está no mesmo Camiño Primitivo. Un sitio para descansar, para sentir a fermosura da pedra e da madeira, os animais de granxa, incluída unha oca que tivo unha pequena persecución polos paparazzis e logo foi xunto as galiñas e galo e non paraba de contárllelo, alborotando sobremaneira o galiñeiro e custodiados todos polo gran mastín. Aquelo parecía "A rebelión na granxa".

O xantar foi espléndido. Unha gran mesa no xardín e outra na cociña acolleunos a mais de trinta camiñantes e poidemos degustar empanadas de grelos, tortillas, lacón asado, ensaladas, pan feito no forno da casa e postres variados.

Quedamos con ganas de voltar!