www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 10 de febreiro de 2019

POR TERRAS DE LEMOS





Hoxe non sería igual! O día de onte brindounos a oportunidade de disfrutar da beleza, da historia interesante, da cultura e da paisaxe desta terra, onde a Ribeira Sacra ten a sua capitalidade: Monforte de Lemos, co río Cave atravesando a cidade e os seus monumentos patrimoniais que  nos falan dun pasado onde o relixioso se une ao cortesán e ao poderío dun condado cun dos pazos mais emblemáticos de Galiza, o Pazo de Tor.




Ahí comezamos o noso itinerario, percorrendo as frías estancias deste impresionante edificio do século XIX, con terras que alcanzan a dimensión de oitocentos campos de futbole e que abranguen boa parte do territorio, de maneira que se podería cruzar a península ibérica polas suas propiedades.
Edificio de duas plantas ocupadas segundo o estatus, a parte superior para os señores e as da parte inferior para criados e traballadores dos moitos oficios que o pazo ofrecía, e comunicadas por pasadizos e escaleiras case secretas por onde a servidume transitaba sen causar molestias ou romper intimidades.



Entorno aos catro salóns, algúns de mais de noventa metros cadrados, onde se exhiben toda clase de armas, mobiliario, e obxectos de incalculable valor, traidos do estranxeiro e diversos lugares da península, así como retratos de familia do mundo eclesiástico e militar, distribuense os cuartos destinados segundo os seus ocupantes, tales como o cuarto do bispo, reservado para visitas eclesiásticas de alto rango, o cuarto onde se quedaron Manuel María e Uxío Novo Neira, poetas e escritores que acudían a tertulias literarias que alí tiñan lugar, ou o cuarto principal con wc de
porcelana inglesa decorada e sofá confidencial ao que lle sigue o cuarto das crianzas, con xoguetes da época e un curioso Miky Mouse do século XIX nunha das vitrinas que gardan obxectos curiosos de valor.



Ahí as nodrizas, con sillón especial para amamantar, pasaban o tempo coidando, xogando e entretendo aos mais pequenos mentras os proxenitores se adicaban a vida social e de ralación  que ocupaba boa parte do seu día a día, e con entretementos como o xedrez, o billar, a música, para a que facían traer pianos que hoxe so poderiamos encontrar en catro lugares do mundo, como un que fai de piano e órgano a sua vez.
Tamén, nunha das salas se atopa o primeiro mapa de Galiza realizado por Domingo Fontán, do S.XIX quen cun cabalo, un caderno e a axuda dunhos cantos instrumentos cartográficos tardou dezasete anos en percorrer toda Galiza medíndoa metro a metro.
Seguiríamos falando deste pazo en páxinas e páxinas de ter que ser unha descripción pormenorizada, pero a grandes rasgos, sacamos a conclusión de que a nobleza tiña o poder de rodearse daquelo que aos demais lles estaba vedado e podían facer alarde do mesmo nas suas exhibicións públicas e privadas para o que dispoñían de carruaxes tirados por cabalos para desplazarse os lugares
concurridos e oferecer recreamento e cultura dentro dos seus aposentos. Proba delo, un xardín de estilo versallesco, feito con chantos e nos que medraban setos e outras plantas e no que a sua simetría labiríntica podía facerllo pasar mal a quen buscase a saída.
Deixamos este pazo do que sería imposible acabar de comentar a sua totalidade para dirixirnos  ao Colexio da Virxe da Antiga, coñecido como os Escolapios de Monforte. Ainda hoxe ten a mesma función de centro de ensino concertado e que foi exclusivo para rapaces. Alí admiramos un dos seus claustros e as escaleiras tan peculiares que parece que se sosteñen no ar a pesares do inmenso peso dos escalóns que a compoñen.



Este lugar foi afectado por un terremoto e polo vandalismo napoleónico, polo que sufríu desperfectos como fisuras na sua estructura e que para poder reparalos tiveron que vender un cadro moi valioso, A adoración dos reis magos de Van der Goes, e do que se ten unha copia na actualidade. Diñeiro que nunca se utilizóu para a dita reparación do edificio senón que foi parar a mans sen escrúpulos, proba do que a corrupcción non é cousa so dos nosos días.
De admirar o retabolo da igrexa realizado en madeira de nogal por Francisco de Moure, S XVII  Nese relevo hai esceas que misturan o relixioso co pagano, éste último algo oculto e expresado coa sutileza quevediana, mediante a sátira, a mofa, rediculizando certas costumes ou rituais como a circuncisión xudéa, por exemplo.



 Tamén a desnudez feminina, mulleres cun peito descuberto.... que eran como moi avanzados para a época e causan estrañeza de teren pasado a censura, ou non houbo un estudo detallado das esceas, ou se fixo a vista gorda, porque xa sabemos que a  algúns frades non lles desagradaban aquelas vistas.
Como non visitar o Museo do Viño estando a pé da Ribeira Sacra. Alen dunha degustación, tivemos oportunidade de adentrarnos no coñecemento do viño, da sua elaboración, do seu costoso trasego dende a vendima nos viñedos rochosos e o seu transporte dende os mesmos. Tamén da interpretación das etiquetas e das distintas variedades de uva. Moi entretido e ben esposto pola guía. As visitas que fixemos foron sempre guiadas, e a derradeira, ao Museo Lodeiro, da man do escultor que usa raíces e pedras, e madeira para realizar as innumerables caras e formas de animais alén de persoeiros como os Condes de Lemos ou de D. Quijote e Sancho, a tamaño real, e que nos foi explicando paso a paso dando detalles da procedencia dos seus materiais así como da sua elaboración,
Así acabou o día, cun xantar nun restaurante da vila e para min, co broche final dun chiculate preto ao final da tarde.

Condes de Lemos