www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 30 de marzo de 2018

A MIÑA BISAVÓA, PEPA




Manuel, Pepe, Inés, Natatia, Avelina, Soledad, Pepa




Nun lugar da parroquia de Fonteo, chamado Castiñeiras, vivía unha

moza chamada Pepa. Tiña dezasete anos cando aconteceu o que vou

relatar. Andaba cas ovellas no monte e pasaba o tempo zurcindo

roupa, e cantando, xa que tiña moi boa voz e sabía moitas cantigas

Perto de onde pastoreaba vivía Benigno, un mozo maior que Pepa, e que

ía de caza por onde pastoreaba. Gustáballe escoitala cantar e. ainda

que tiña moza, coa que pensaba casar, fóronselle os ollos para a rapaza

que era mais xoven ca él e estaba na frol da vida. Benigno era de casa

grande, a casa de Estornín de Riodecastro e tiña, como digo, moza tras da

serra.

Non sabemos cómo acontecéu pero Pepa ficou en cinta e trouxo ó mundo

duas criaturas, duas nenas. Unha delas morreu, seguramente no parto. A

outra, Soledad, foi a que sobreviveu e veu ser miña avoa.

Despois desto, Pepa, andado os anos, xuntouse con Manuel, que era do

Estornín, pero nada tiña que ver o lugar de procedencia co nome da

casa de Benigno de Riodecastro.

Non sabemos se chegaron a casarse pero sí que vivíu con Pepa, facendo

as veces de pai de Soledad.

Miña avóa Soledad, casóu con Leonardo, que era de Fonfría, do concello

de Pol. Adicábase á facer obras, zocas, carpintear e chegóu a ir a Cuba

para gañar, sen moito éxito, co fin de amañar a casa e criar tanta familia, xa

que tiveran alomenos sete fillos. Deles

tres eran mulleres, ( Inés, Natalia, que foi miña nai), e Avelina) e catro

homes, Pepe, Alfredo, Salvador e outro, Paquiño,  que morrera xoven.

Benigno, como dixen, tiña moza coa que pensaba casar, e ésta, cando

soubo o sucedido, nono deixóu, como se poidera pensar, senón que lle

puxo unha condición: casaría con él, se miraba pola filla espúrea o

mesmo que polos deles propios se chegaran a telos. Merece ter en conta

a actitude desta muller que defendía, sen darse conta, os dereitos

doutra muller, xa naquela época.

De ahí que en paga de se levaren mal polo acontecido, pasaron a tratarse

como da familia o resto das suas vidas.

Benigno e a sua muller tiveran varios fillos, pero o primeiro, José, sempre

acompañaba á Soledad para iren ás festas, para que non lle faltara un

irmán que velara pola sua seguridade.

Todo esto, en vez de suscitar a carraxe, fixo que simpatizaramos ca

familia de Benigno. Por certo, unha neta dél, Beatriz, que nacera en

Mexico foi miña madriña e un neto, Chavo, o meu padriño, así como

outro, tamén Benigno, apadriñóu unha neta de Soledad, miña prima

Marisol.

Na nosa familia houbo quen quixo ocultarlle aos fillos esta historia

e outros non lle deron mais importancia que a que tivo e por eso fun

coñecedora dela por boca de miña nai Natalia, nome que tamén veu

desa familia, que estiveran por Mexico e traían nomes bonitos de por

alí, como o meu, Beatriz.

Sempre se mantivo a relacción. No cemiterio de Fonteo, descansan unhos

ao lado dos outros, estas duas familias. A sepultura de Benigno, está ó

lado da de Soledad, sua filla.

Por eso, ás veces tamén lles levo flores. Ainda que teño un “algo” de que

Benigno preferise a sua moza, que era mellor partido, e eso naquela

época mirábase moito, pero a quen deshonrara fora á miña bisavoa

Pepa.

Polo tanto, entre Pepa e a miña avóa Soledad, só había dezasete anos

de diferencia entre nai e filla. Por eso, cando as vía nunha foto ás

duas, non sabía ben quen era aquela muller que parecía da idade

da miña avóa. Agora xa o comprendo mellor.

Quixen deixar aquí constancia desta historia para quenes veñan

atrás.

Na familia houbo outro caso de xemelgos e xente que canta tan ben

que mesmo poideron adicarse a cantar como profesión pero nono

fixeron.

Non sei se aquela fora unha violación consentida ou forzada, ou unha

aventura mútua, quén o sabe a estas alturas?

pero, fose ou non, eu son descendente daquela relacción frustrada.


Reverso da foto de familia.



mércores, 14 de marzo de 2018

"FINDE" NO PORTO


Mentras se coce a empanada no forno, e se agarda polo seguinte cicloxenese de nome raro, fago un percorrido pola viaxe ao Porto, o pasado fin de semana, cun grupo moi heteroxéneo en canto a idades e nacionalidades e co que me sentín en consonancia en todo momento.
Facía xa anos que non voltaba por alí. En realidade, eu nunca coñecera ben Porto, e ainda me queda moito por coñecer. Cando fora por vez primeira, alá polo 74, poucos días despois da revolución dos caraveis, en auto-stop e camping da Prelada, na compaña dunha amiga de Salamanca ca que viaxaba a outros moitos lugares, era unha cidade caótica, sen semáforos, todo mesturado, todo patas arriba, pero cun ambiente tan diferente ao que tiñamos aquí en pleno franquismo, que daba a impresión de estar en París ou Ámsterdam, por mencionar algo co que podía asemellarsse. Coñeceramos xente dalí, que nos fixeron sentir da casa, (de feito, convidarannos ás suas casas, onde probamos por vez primeira o caldo verde). Música de Pink Floid, Tubular Bells, poesía, cafés auténticos, casas ocupadas.....liberdade, (que non libertinaxe).....
Fará dez anos que estivera por derradeira vez, de visita, case de paso, cun amigo noruego. Tiveramos a sorte de aloxarnos nun hotel frente ao Teatro Municipal onde puidemos escoitar a Dulce Pontes
cantando fado.
Agora,  sentía que desexaba voltar a Porto. Vin en Internet unha viaxe en grupo, dende Lugo, con aloxamento en albergue e visita guiada, pequeno almorzo e xantar de grupo.... Asi que nono pensei duas veces. Este ano xa non me apuntara a viaxes do IMSERSO  e por iso me decidín por esta viaxe organizada por xente nova, por emprendedor@s que están empezando no mundo das axencias online e teñen outras ideas mais acorde ca miña idea de viaxar. Parabéms!
O temporal Félix, portouse ben e deixounos chegar sen problemas. Pasamos pola Ribeira Sacra, por Ourense e fixemos unha parada na Gudiña e outra en Ponte de Lima, que tamén atopei moi cambiada e mellorada. Unha vila na que sempre me gustóu facer un alto cando levaba o meu fillo a Braga durante a sua estadía de Erasmus.
Ao chegar a Porto, fomos deixar as cousas ós albergues, perto da Praza da República, a dez minutos do centro da cidade. Era unha antiga casa de varias plantas na que, sen facer moitos cambios no espazo, foronse poñendo camas literas nos cuartos, acondicionando algúns como zona de baño. Na planta baixa unha sá de estar pequena, con libros. Unha cociña cas paredes decoradas con debuxos e letreiros a xiz cas normas da casa , todo en inglés, un xardín un pouco semiabandonado pero con encanto, sobre todo no verán resulta fresco e moi privado.
Xantamos nun restaurante moi "chic", onde nos prepararon maiormente "franzesinhas", un plato importado por uns emigrantes que estiveran en Francia, e que consiste nun "sandwich" feito con pan de forma, tipo bimbo, e que vai montado en capas de bistec, salchicha, xamón, queixo derretido e un ovo fritido por enriba. Sírveno con patacas fritas aparte e vai cun molho a base de viño do Porto. Teño que dicir que eu deixei parte del porque me resultóu excesivo. O que sí me gustóu foi a cerveza preta Super Bock, que é a do Porto.
Logo de xantar, fomos percorrer a cidade acompañad@s por un guía que nos foi explicando todo e rematamos, xa entrada a noitiña, na catedral. Gustáronme os azulejos, claro está, sobre todo os da estación de tren. Tamén a Praza dos Aliados co seu café Majestic ao que non fomos porque hai colas, os Clérigos, a Ribeira onde xa nos quedamos para disfrutar un pouco do ambiente nocturno e catar os viños do Porto, (as miñas compañeiras, que eu fiquei "tocada" pola franzesinha que me deixóu farta ata ó dia seguinte).
E falando do día seguinte, empezamos a mañá co pequeno almorzo na cociña do albergue, supervisados por voluntariado de fala inglesa. Para min estivo ben, non tiven queixa nese sentido. Logo dirixínme rua abaixo ata os Clérigos para poder visitar a famosa librería que foi escenario do filme Harry Potter. Fomos as primeiras, pero logo empezaron as colas tanto para mercar as entradas como para entrar na librería. Moi interesante lugar cunhas escaleiras peculiares onde todo o mundo fai a foto. Merquei catro libros. Un deles de Pessoa, por ser un escritor que me gusta e co que me identifico tanto que xa digo que él escribíu o que eu quixera ter escrito.
A partir dalí, camiñamos ata o outro lado, pola ponte D. Luís, e chegamos á zona das bodegas en Vila Nova de Gaia, onde percuramos un restaurante para degustar o bacalhau. 
Pouco a pouco, con chuvia pero boa temperatura, pasamos polos Clérigos de novo para mercar unhas conservas do Porto nesa tenda tan sofisticada co carrusel no escaparate.
Outro cafezinho por aquela zona, xa que o Majestic estaba pechado o domingo, e volta para o albergue. A saída era ás 17 horas. Bo retorno. Boas memorias. Novas amizades! Unha noite no Porto non é nada!!!!