Despois dun xantar en boa compañía, no sitio menos esperado, e moi perto da Torre de Hércules, o mellor que puiden facer foi ir visitala e camiñar a partir dela, ou pola esquerda ou pola dereita. Eso xa era imprevisible. Escollín ir polo Este. Facía tempo que non pasaba por aquela zona, e resultábame case irrecoñecible.
Onde antigamente había leiras, agora hai prados con camiños de terra para camiñar ou ir na bici. As vistas son impresionantes e cando hai temporal, ainda mais. Aquí naufragaron barcos como o Mar Egeo e o Urquiola fai unhos cantos anos.
Os monolitos, esculturas mirando ao mar, semellan un grupo de persoas que teñen saudade do mar e fican para sempre ollando para él. (Interpretación miña)
Un pouco mais adiante, aparece este monumento con poemas, un de García Lorca.
Este panel, explica un pouco o que eu deixo sen comentar, pois non me lembro de todo e indo ó paso que ía.....
Cemiterio dos Musulmáns, construído durante a guerra, no 1937.
Praia ou cala das Adurmideiras (Amapolas) Lugar inédito para mín. Gustoume descubrir outras praias de Coruña que non sexa a de Riazor.
Uha praia, que ademais, é bandeira azul! Ten o seu engado. Chamoume a atención!!!!
Praia de San Amaro, pequena península cunha urbanización con vistas ó mar por todas partes. Tampouco sabía desta praia. O cemiterio de San Amaro, ubicado aquí, é o mais antigo.
Praias que son do meu agrado xa que non teñen apenas ondas fortes e están abrigadas do nordés.
Farolas deseñadas con gusto artístico, ao longo do paseo que leva ó náutico e Castelo de San Antón. Motivos marítimos dunha artista, muller, da que non me quedei co nome!!!
Pasei de longo polo xardín de San Carlos, sen entrar nel e virei á direita para pasar xa polas rúas e prazas da cidade vella, atopando esta igrexa, adicada a Santiago, que está nunha praza que eu non tiña visitado antes.
Sabía que me podía estar metendo na boca do lobo e apurei o paso. Rúas pouco transitadas e sempre algo sospeitosas para espíritus solitarios.
E xa, na amplitude da Marina, que agora é peatonal e so poden entrar buses e taxis, sentínme algo mais segura.
Sentíndome algo cansada do paseo, estiven a punto de coller un autobús para dirixirme á casa da miña amiga e anfitriona, en Catro Camiños, pero optei por facer o pequeno tramo a pé, así podía ir descubrindo mais cousas, entre elas, a Fábrica de Tabaco, hoxe convertida en vivendas de protección oficial, ainda aparcadas polas moitas trifulcas que causou no seu día a pugna por elas. Non sabía que estaba alí, perto da Fábrica de Cervexa.
Deixo aquí a reportaxe do meu paseo por se alguén se anima a seguir os meus pasos!!!!!