O libro chegóu ás miñas mans trinta e tres anos despois. Un avó adicou
llo ó seu neto ,(nado no mil novecentos oitenta e tres): "....esta historia ten só un erro: a data ", dice a dedicatoria. O autor de Rebelión na Granxa, George Orwell, xa deixara en min unha inquedante mensaxe cando o lín na miña época de estudante. Agora, con esta historia, de ficción, (eu diría entre comiñas), chega moito mais alá no estudo do PODER, e dos medios, sen escrúpulos, para obtelo, chegando mesmo ó lavado total de cerebro á base de aterrorizar e someter a torturas, que secadra foron aplicadas noutros lugares e épocas como algo habitual e xustificado polos que torturan. Lémbrame a PIDE en Portugal co salazarismo. " O poder consiste en infrinxir dor e humillación. O poder racha as mentes humanas en anacos e ponas de volta outra vez onde lle convén"
Vale a pena lelo, ainda que ten partes moi duras e malas de levar e soportar. Eu estiven a punto de abandonar a lectura ahí pero, un anaco de esperanza, polo menos de xusticia, parecíame que podia levar a un desenlace menos doroso, ainda que un cerebro lavado, non da para moito. Esa idiotización que o poder necesita na sociedade para poder campar ás súas anchas, non é de todo unha ficción. Un libro ben escrito, que puiden ler en versión orixinal. Está plagado de neoloxismos, que obedecen á idea de reducir o vocabulario ó mínimo, (para qué necesita un ser co cerebro lavado, un vocabulario tan amplio como o inglés, chamado Oldspeak) e aflora so o que sirve a causa do poder, eliminando todas as palabras que se consideran pouco siñificativas e mesmo que van en contra do que rixe, chamándose esa nova forma de vocabulario Newspeak. Coido que paga a pena lelo ainda que non é agradable, dada a crueldade dalgunhas esceas pero `All is well if ends well`
www.leriasdebea.blogspot.com
Translate
mércores, 27 de decembro de 2017
sábado, 23 de decembro de 2017
A PEQUENA FOSFOREIRA
A pequena fosforeira, que na noite de nadal, miraba pola pechadura da porta, á luz dos seus mixtos, os interiores das casas, repletas de comida e bebida e de caixas con agasallos, con luces e panxoliñas, con todo tipo de luxos... e ela, medio descalza, mortiña de frío, ía acendendo mixtos para quentar as suas mans, despois dunha xornada baixa en ventas, na que ninguén se paraba a mercarlle nada, coa presa que levaban.... Agora, aquela fosforeira, xa non ten traballo. Xa non sente envexa daquela opulencia que lle estaba vedada. Medrou, fíxose moza, ten ideas propias e mais é crítica co que a rodea e non cre moito nesta celebración. A veces ata lle entran ganas de ir pinchando papá noeles por cada esquina. Hai tantos.... Son como michelíns....anunciando algún tipo de rodas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)